Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
23:33

Corrección de Astrid

Publicada por xenevra |

Recórdoo perfectamente. Despois dunha longa xornada de traballo, cansa e adormecida, regresei a esta casa fría. Deixei as carpetas no moble da entrada e guindei cos zapatos, que foron bater contra da parede. Sentín nos meus pés exhaustos un mar profundo que me arrastraba polo corredor cara a máis inmensa escuridade.

Alí,ao final,agardabame o xélido cadáver da miña vida que agora sería morte, sí, alí,envolveito na amargura do seu corpo, do seu sen vivir.

Agocheime ao seu lado e mentres a noite remataba,entre bágoas de sangue que  tintaban o meu rostro,contemplaba devalida como os seus ollos gazos non volvían ver a luz nunca endexamáis, e se pechaban para sempre.

anterior ;))

Recórdoo perfectamente. Despois dunha longa xornada de traballo, cansa e adormecida, regresei a esta casa fría. Deixei as carpetas no moble da entrada e guindei cos zapatos, que foron bater contra da parede. Sentín nos meus pés exhaustos un mar profundo que me arrastraba polo corredor cara a máis inmensa escuridade.

Alí,ao final,agardabame o xélido cadáver da miña vida que agora sería morte, sí, alí,envolveito na amargura do seu corpo, do seu sen vivir.

Agocheime ao seu lado e mentres a noite remataba , entre bagoas de fatiga,contemplaba como os seus ollos gazos non volvían ver a luz nunca endexamáis e se pechaban para sempre.

 

anterior ;)

Despois dunha longa xornada de traballo,cansada e adormecida,regresei a miña humilde,fría e pequena morada na cal, ó chegar, atopei aquelo que me marcaría de por vida.

Foi así:

Entrei,deixei as pesadas carpetas coa dura faena do día seguinte no moble da entrada. De seguido polo corredor, un mar profundo cubría os meus pés exhaustos, e decidían adentrarse naquela oscuridade

Alí estaba,o glacial cadáver do meu corazón, da miña vida que agora sería morte, envolveito na amargura do seu corpo, do seu sen vivir.

Agocheime ao seu lado e mentres a noite acababa , contemplaba como os seus ollos gazos non volvían ver a luz nunca máis e se pechaban para sempre.

Astrid

21:22

Frío na porta

Publicada por xenevra |

19399698Cambaleábase contra as paredes coma una pita sen cabeza, cos pes totalmente empapados. Recordaba ata o máis mínimo detalle do que ocorrera nesa fatídica tarde.

    Encontrábase na bañeira tratando de aliviar as enormes e dolorosas feridas que rodeaban o seu corpo, causadas polo mesmo sobre o que agora pesaba unha orde de alexamento. Aspirando o vapor que rodeaba o cuarto como unha espesa néboa e cunha cunca de te quente nas mans.

    Repentinamente, a cunca quebrou nas súas mans sorprendéndoa. Vestiuse rápida como o vento dirixíndose a cociña, onde a esperaba un anaco de polo tan negro como o carbón. Non estaba a ser un bo día.

    Soou o timbre. Ela abriu a porta. Ás súas pupilas, negras como a escuridade máis infinita, abríronse sorprendidas…Ao momento, encontrábase un home batendo nela, o seu marido. Desesperada, logrou agarrar un martelo que estaba cerca e dun so batacazo deixalo morto.

Os seus húmidos pes advertírona de que o solo encontrábase anegado de auga provinte da bañeira. Dirixiuse cara a porta e mirou por última vez aquel que tanto temera, lembrando o que sufrira, decidida a deixar todo aquilo atrás.

Brais Failde

 

Empurrou a porta. Non había nada e todo estaba como cando fuxira. Entrou no cuarto, alí gardaba o resumo da súa vida. Deitouse a mirar as fotografías , mesmo lle parecía que el seguía alí. Sentíase triste, moi triste, botábao de menos. Ergueuse e seguiu a camiñar pola casa. Lembrou cada momento en cada recuncho. Sentiu un escalofrío e deu a volta. Alí estaba el, sentado. Acercouse, miráronse e fundíronse nun eterno abrazo.

María González Varela (modificado 2ª)

 

 

O aire abriu a porta. Ó fondo atopábase ela, soa, de pé, inmóbil, coa mirada cravada no chan como se de unha estrela perdida no ceo fose. Por moito que lle gritaba non se movía, parecía unha estatua de xeo atrapada no seu propio abismo.

De repente, empezou a camiñar cara min como unha bala disposta a alcanzarme, mais a distancia separábanos cada vez máis. Detívose e arrancou das apracibles pero turbulentas augas un coitelo ensanguentado.

Comezou a destrozarse as roupas como se de un feroz animal se tratase, quedando totalmente despida e fráxil ante os meus ollos.
Agora, tarareaba unha nana, triste pero fermosa a vez como as olas cando golpeaban os rochosos acantilados e como se fose aire desapareceu na nada sen rastro algún.

Laura (deulle unha outra volta ;))

 

 

Xa non sabía que facer, miraba e miraba e todo estaba escuro. Non podía saír de aquel borroso soño onde quedara presa…
Eses finos zapatos inundábanselle ó dar un pequeno paso cara adiante;retrocedía, e unha espesa capa de area queimáballe os dulces pés como se de unha típica cera se tratase.
Ela misma se encerrara nese calella sen saida. Tiña a sensación de non poder escapar xamais dese inferno onde as cadeas do amor alí a encerraran.
Afogara nun pequeno charco, nun triste e vago charco…

MARCOS FIGUEIRAS (modificado)

 

 

Por fin, ía saír. A súa face amosaba unha crúa sensación de determinación. As vellas agullas do reloxo xa deran demasiadas voltas. Non podía perder tempo. A robusta porta estaba entreaberta. O salvoconducto á ansiada liberdade ó alcance da man. Ese escuro corredor era o camiño. Deu un paso, logo outro e outro... Xa estaba preto. Ela non estaba disposta a renderse. Un derradeiro esforzo... Saíu ó exterior, abriu vacilante os ollos.

-Xa te teño comigo, miña filla, xa te teño. Non permitirei que volvas marchar.

Non entendía nada. Os cristais do espello da memoria escacharan e atopábanse esparexidos polo chan. Quen era esa muller que a apertaba tan forte? Na súa mente todo era confusión. Non era capaz de diferenciar os seus recordos dos seus soños. Levaba moito postrada nesa cama. Perdera a noción do tempo totalmente. Non sabía nin cantos anos tiña xa. Sairíanlle canas? Nesas andaba, cando un recordo invadiu a súa mente coma un lóstrego.

Fora el. O home por quen a tanto renunciara. O home que tan mal a tratara. Recordaba ese día, esa malleira... el deixáraa así. Pero como ocorrera? Ela sempre soubera que era unha persoa violenta, pero quen era capaz de facerlle iso á persoa que ama? Acaso un monstro?

A rosa do xardín, antes murcha, renacera con máis forza e decisión ca nunca, e agora non estaba disposta a permitir que aquilo lle ocorrese de novo. Pois ela loitara coa morte... e vencera.

“Xa non son a túa boneca”.

DANIEL SOMOZA (supermodificado)

 

 

O certo é que non sabería decir o que me ocorreu aquel estraño día de
primaveira no que os ríos desembocaron nas casas por culpa das choivas. Este feito obrigoume a desenvolver o meu pesado oficio coma se me cargasen unha mochila de cen kilos na espalda.
Aquel vello bloque de pisos estaba totalmente inundado. O correoso verme
do temor corría dentro de mín pola lenda que os veciños me contaran: segundo eles, no terceiro andar, ou corredor das lamentacións coma eles o chamaban, deambulaba unha rapaza de 16 anos chorando e berrando durante todo o día coma se a peor das traxedias lle sucederan.
Arrancando unha oxidada tubería, decateime de que esquecera o martelo na
furgona. Erguínme, dinme a volta e da nada surxiu aquela misteriosa figura. Non souben como reaccionar, apartei a miña incrédula mirada e cando volvín a cabeza parecía que a rapaza fora absorvida pola fría auga que inundaba o piso.
Desde entón teño a sensación de que alguén me vixía as espaldas alá por
onde vou.

MIGUEL PIÑEIRO VÁZQUEZ

 

 

Fai xusto agora dúas horas que acabo de espertar dunha longa viaxe atada a esta cama; sen me dar erguido, nin comer, nin levantar un mísero pelo, nin tan sequera falar. Non podía escoitar a doce voz da miña nai e os molestos ronquidos de meu pai. O peor é que eu non me decataba de que o tempo pasaba mentres dormía...
Nunca tiven a oportunidade de contar o que aquela mañá de inverno sucedera naquel piso. Sei que me quedan poucos días de vida, tal vez sexan unhas mortíferas cheas de dor pero que quero aproveitar como se fosen un premio polo acontecido:
Xa era domingo cando cheguei á casa. O reloxo do móvil marcaba as seis e media da mañá e a min só me apetecía descansar despois da pesada xornada de traballo que tivera esa noite. Ó abrir a porta da entrada chegoume un forte olor a gasóleo que me fixo retroceer un instante, como un deses cans da polocía que ventan o perigo. Sen lograr contido os impulsos de ver que sucedía, entrei no diminuto piso. Non sei como pero comecei a pensar naquel home que tanto dano me fixera. Era el, dende aquela noite non o volvera ver, pero agora estaba alí, de pé, no outro lado do corredor empapado do combustible que ese desgraciado vertera dunha garrafa que sostiña na man como se dunha maleta se tratase.
Eu seguía na outra punta do pasillo, inmóvil. Sen dar un paso vin como sacaba do seu vello moedeiro unha caixa de mistos que se dispoñía a prender.
O resto podédelo imaxinar sen que eu teña que volver recordar aquel espantoso amencer. Non sei que pasou con el, nin quero sabelo; pero sí quero que se eso monstruo se atopa libre pague polo que fixo.

PATUKA

 

 

Aínda sostiña o misto prendido na miña suorosa man. O anxo que se pousara no meu camiño atopábase na outra punta do corredor. Rogábame que non o fixera, a cambio ela sería miña para sempre. Polos seus claros ollos escorregaban dúas bágoas como vidas que estaban a piques de suicidarse.

Era unha das miñas mellores amigas, compartíamos todo. A súa ausencia era unha noite sen estrelas. Anhelaba as súa delicadas mans esvarando polo meu corpo . Pero, cando decidín confesarlle os temerosos sentimentos que tiña agochados no interior do meu ser, escupiume un “non” desgarrador.

Eses ollos polos que tanto me arrastrei, agora mirábanme con desprezo. Medraba en min un mar que maltrataba ós acantilados. Percorrín o longo corredor estragando gasolina que deixaba un inmenso fedor. Só quería liberar esa furia. Se non era para min, non sería para ninguén…

MIGUEL LOVE (corrixido x 2ª)

 

 

Volvía a casa rota pola dor que tiña enriba tras romper com meu mozo instantes antes, o ceo estaba revolto e unhas tímidas gotiñas empezaron a caer sobre a gris rúa do colexio, parecía coma se só a natureza me entendera e chorara comigo. Din un soberán portazo á porta de casa, coma se ela tivese a culpa de todo o que acontecera, miña nai, con ese instinto que teñen todas elas, sabía que me pasaba algo e non fixo comentario algún. So quería chegar á habitación para poder desafogarme a placer, o solo xa non parecía tal, era coma un mar de dúbidas sobre o que sentía por el...
Collín unha carta súa que me escribiu fai tempo, mireina con desdeño pero houbo unha frase que quedou grabada en min:¨Cun amor que o vento susurraría ao longo das eras...¨cos ollos chorosos tumbeime a esperar tontamente a que o tempo fixérame olvidar a alguén a quen quixen dende tempos inmemoriables.

SUSO

 

A época na que se coñeceran quedaba lonxe. Os ollos del era cálidos como unha noite de verán, e o tempo que pasaban xuntos, un suspiro.

Co paso dos anos, a súa vida volveuse un auténtico inferno. Abatida e cansa, noite tras noite cargaba cos seus feros desplantes. Os seus ollos convertéranse en puro xeo. Os doces “quérote” en simples “es parva”… E os suaves aloumiños en fortes patadas que deixaban o seu corpo magoado.

Asfixiada de tanta dor, decidiu abandonar o pozo negro no que se atopaba . Aferrou un coitelo e apuñalouno ata que quedou sen forzas. Correu cara á porta, abriuna, e observou de novo a luz exterior. Xa podía voar. Era libre.

MIRIAM

 

 

Unha inmensa lagoa de sangue manchaba os pés nus daquel manequín devorado pola escuridade da habitación. Tiña os ollos abertos, mais daría igual que os tivera pechados pois unha espesa negrura, coma as sombras da súa mente, envolvíana por completo.
   Ela sabía que aquel ser desprezable non tería que ter existido endexamáis. Por iso, non se sentía culpable senón aliviada e liberada; coma se, por primeira vez, fixera algo por ela mesma.
   Máis tarde, fuxiría co recordo recente do odio fluíndo polas súas veas e coa inquietante presenza do silencio da morte.

MILLI (corrixido)

 

 

Xa levaba unha eternidade intentando facelo pero non atopaba o valor. Sen embargo sabía que ese era o momentoindicado xa que, por moito que retrasara a misión encomendada, ninguén ía cambiar esa sensación horrible que lle producíao feito de que seu pai acabase de morrer.

Ó dar o primeiro paso sentíu que o escuro corredor a invadía por completo pero non encendeu as luces. Non necesitaba facelo, xa que tódolos rincóns da casa compuñan as liñas da palma da súa man. Cando chegou á gran porta da habitación de seu pai sentiu un nó na gorxa e vacilou uns intres; pero entón recordou aquela voz fría e impasible do seu avogado pedíndolle aqueles papeis e sentiu unha rabia inmensa, aínda que mil veces menor que a súa dor.

Cun último esforzo atravesou aquela barreira en forma de porta, agarrou os malditos documentos e marchou o máis rápido que lle permitiron as pernas disposta a non volver ata que ela mesma se vise capaz de facelo.

DAVID MEIJIDE

 

 

Agora convertérase nun ser fráxil , pero á vez forte, alguén débil ,pero capaz de afrontar o duro acontecemento que antes observaran os seus propios ollos, vendo esvaecer ante os seus pés o que mais quería.

Catro horas antes, a carón dela só existía unha mancha de sangue esvarando polas paredes e o corpo do seu home tirado no chan.Agora vía como a súa vida se precipitaba cara a un pozo sen fondo.

Nese momento o corpo dela parecía unha vara verde que era incapaz de terse en pé,só podía chorar e chorar.

Pero sabía que ese mar de bágoas que derramara non ía servir de nada, non ía devolverlle a vida a aquel home dulce,aquel home cariñoso e comprensivo e a vez misterioso que tantas veces a fixera chegar ata o punto da loucura.
O verdadeiro ceo que ela puidera tocar coa punta dos dedos.
Agora só lle quedaba soñar.

SHEILA LÓPEZ (modificado)

 

 

Levantárame eufórica, leda , quería saír a rúa e berrar o feliz que estaba por vivir un día máis neste fermoso mundo. Que os meus berros fosen como o sarampelo, desexaba contaxiarlles a todos a miña alegría, e xuntos poder rirnos da morte,porque con vontade e decisión esta pódese superar.

Todo se esfumou nun intre, todo se volvera escuro. Aturdida seguín camiñando. Pero na metade do corredor caín sentada, inmóbil e destruída.

ÁGUEDA (modificado)

 

 

Parou. Os seus ollos nocturnos ficaron nun lugar escuro. Puxo a carapucha do xersei branco. Sentíase fría, morta. A noite camiñaba lentamente e a auga batía contra os cristais rotos do comedor do fondo. Como podía deixala soa? Como puido escapar de detrás das cortinas? A súa mirada perdíase nagún punto entre a luz e a lúa. Tiña que fuxir. Non aturaba máis o seu recordo. Sorrisos desesperados brotaron dos seus finos beizos. Agarrou o coitelo. E mirou por última vez aquela frase na súa pel: noite de voraces sombras.

ALBA

 

 

Era tarde e alí seguían os dous. El xa non sabía que facer, a situación superábao, estaba canso. Ela, tirada no chan, non quería saber máis de falsas promesas. Parecíalle inxusto que fose tan egoísta. Dérao todo polos dous, e agora chegara á triste conclusión de que todo esforzo era absurdo. Era como falar cunha parede, cun témpano de xeo insensible. A idea de escapar con el morrera. Non podían estar xuntos, sempre atopaban algún impedimento para ser felices. Non o podía soportar máis.

Por iso se despediu para sempre antes de atravesar aquela maldita porta. El, indiferente, riu mentres marchaba, disposta a abandonalo todo. Desaparecendo, convertiríase nunha persoa nova e despregaría as ás da súa liberdade dunha vez por todas.

SILVIA

 

 

Por fin, ía saír. A súa face amosaba unha crúa sensación de determinación. As vellas agullas do reloxo xa deran demasiadas voltas. Non podía perder tempo. A robusta porta estaba entreaberta, o salvoconducto á ansiada liberdade ó alcance da man. Ese escuro corredor era o camiño. Deu un paso, logo outro e outro e outro e outro máis... Xa estaba perto. Ela non estaba disposta a renderse. Un derradeiro esforzo... Saíu ó exterior, abriu vacilante os ollos.

-Xa te teño comigo, miña filla, xa te teño. Non permitirei que volvas marchar.

Non entendía nada. O espello da memoria escachara en milleiros de cristais que se esparexían desordenadamente polo chan. Quen era esa muller que a apertaba tan forte? Na súa mente todo era confusión. Non era capaz de diferenciar os recordos dos soños. Levaba moito postrada nesa cama. Perdera a noción do tempo totalmente. Non sabía nin cantos anos tiña xa. Sairíanlle canas? Nesas andaba, cando un recordo invadiu a súa mente coma un lóstrego.

Fora el. Recordaba ese día, esa malleira... el deixáraa así. Pero como ocorrera? Ela sempre soubera que era unha persoa violenta, pero quen era capaz de facerlle iso á persoa que ama? Acaso un monstro?

A rosa do xardín, antes murcha, renacera con máis forza e decisión ca nunca, e agora non estaba disposta a permitir que aquilo lle ocorrese de novo. Pois ela loitara coa morte... e vencera.

“Xa non son a túa boneca”.

Diego Fernández (modificado)

 

Un longo corredor cheo de auga como as bágoas que inundan os meus ollos ó recordalo e eu de pé ó final deste, como unha arbore en pleno outono, esperando xa a primavera. Esa era a única imaxe que tiña na miña cabeza. Non tiña moi claro o que sucedera antes diso pero eu estiven segura de non vivir aquelo en realidade. Levanteime e mirei pola ventá, puiden observar o manto escuro pintado de luces que afastaba calquera idea de non ser visto, pois onde queira que mirase el permanecía ali. Non puiden evitar remexer e remexer nos meus recordos, todos da mesma persoa; pensar que xa non volvería, que só o esperaba unha nova vida lonxe de min, por ali por Londres. Chorei e chorei ata que quedei durmida. Para atoparme despois perdida e tola no meu soño. Soa e sin saída.
Hoxe é un novo día. Eu penso emerxer de min mesma e quizais, por que non?, mercar eu tamén un billete para Londres.

EREA

 

 

Outra vez dirixíase hacia aquel máxico paraxe, cara aquel mesmo recuncho daquela monumental casa,ao carón da fiestra con vistas á impoñente ría.Ía o sitio onde vivira as experiencias máis fantásticas e endexamais esquecidas da súa curta pero intensa infancia; o emprazamento que a viu lentamente crecer e dende o que tódalas noites vía a muller vestida de prata.

Agora todo era distinto, as paredes, ergueitas coma estacas e brancas coma a neve mudaran. Os corredores eran labirintos escuros que parecían non ter fin; e aquela fiestra, dende a que emerxía o dourado aro e os anacos de branco algodón… aquela era agora unha xanela enferruxada. En definitiva, o impoñente edificio cambiara converténdose nun espazo escalofriantemente frío ,sen cor no que a auga escorregaba polas paredes e a humidade adentrabase até os ríxidos ósos… era un fogar tétrico, escuro, morto… pero ela, ignorante non o sospeitaba.

Cando por fin puido por un pé dentro e ver o estado daquel lugar despois de tanto tempo, perdeu o rumbo da vida. Sentiu coma se unha corrente de aire frío como o xeo lle percorrera o corpo, a rachara de enriba a abaixo ,e os seus ollos convertéronse en fontes de auga que comezaron a brotar. Sen pensalo dúas veces ela tamén decidiu poñer fin ao latexar do seu árdente corazón para non seguir a sufrir polo que alí estaba a contemplar.

Verónica Barinagarrementería

 

Premín o pequeno e gastado botón do ordenador ao chegar á casa. “Nin saudar, nin sacar as zapatos sucios nin nada; o primeiro que fas ao chegar é encender o computador”, berraba miña nai, algo alterada, “Ven dar un biquiño, polo menos”. Era moi mimosa, e eso encantábame.

Hoxe necesitaba máis que nunca conectarme. A miña relación sentimental non ía nada ben e seriame de gran axuda falar co primo pois el coñecia a situación. Iniciei sesión e ao momento abrese unha pequena e indefensa ventanita; “Chino dice: Mira o seu fotolog.“

Era a típica foto que poñen as rapazas de hoxe en día nos chamados “flogs”. Decidín observar primeiro a foto sen mirar o texto, a ver se me transmitía algo. Vin unha muller perfectamente dereita como se de un cravo se tratase, con todo un pasillo escuro e mollado como unha pista de patinaxe por diante, o que facía presaxiar un triste e duro futuro. Como un animaliño a quen afastan da súa familia, comezei a sentirme mal. Baixei un pouco a mirada, e lin o texto, se se lle podía chamar así. “FIN”, poñía.

Sentinme como a rapaza da imaxe.

MIGUEL FIGUEIRAS (corrixido)

 

 

Non era todo tan doado como poidese parecer,ela,con toda a sua xuventude,os seus pes de seda,a súa pel de porcelana,a sua perplexidade de estatua,os seus ollos negros e tétricos,eses dous veleiros cheos de rabia e sentimentos observaban o que de seguido iba ser unha gran perda,a auga tenebrosa estaba derrubando pouco a pouco a estructura da casa,pero a vez moi rápido.

Tiña que elixir rápido,decidirse por algo que de seguro lle iba cambiar a vida para sempre,por un lado,podía avanzar hacia o enorme charco co risco de que todo se derrubase, pero tiña que facelo,a auga seguia subindo,solos eran dous pequenos pasos,abrir a porta con moito coidado e coller o seu fermoso e delicado fillo,o que tantas alegrías e preocupacións lle dera,por outro lado,podía marchar rápido,non arriscarse,si,de seguro que chegaba a tempo de salvarse,pero o que deixaría atrás,derrubaríaa por completo.
Demasiado tarde,fechou os seus fermosos e medosos ollos e esvaeceuse no ar.

JOSÉ RAMÓN VARELA SAMPAYO

 

Aquel chuvioso día do mes de outubro, ela regresou a casa dende a escola por un estreito camiño de fío que sempre lle chamara a atención. Cando se adentrou nel comezou a pensar porque nunca antes andara por alí, quizais fora por medo ou só porque a súa pandilla ía polo outro lado.

Unha vez levaba dados uns poucos pasos, parouse a disfrutar da exuberante natureza, paraíso que a rodeaba. Pero por mor da forte choiva tivo que saír de alí. Afastouse daquel sendeiro e refuxiouse nun portal ata que escampou. Nese breve momento, pola súa computadora pasaron imaxes da infancia, cando vivía no pequeno pobo da súa nai, e foi feliz.

Cando a choiva cedeu, ela volveu a marchar cara ó seu céntrico repouso, o seu piso. Abriu a porta e quedou de pedra ó ver o chan mollado como adoitaba estar na entrada da casa do pobo. Sabía que era a cidade, máis algo daquel misterioso camiño cambiárao todo.

Paulo (modificado o orixinal)

 

Sucedíanse días moi tristes. A soidade abrazábase cada vez máis forte á súa vida; era unha enredadeira da que non se podía liberar. Unha sensación de escuridade devoráballe os ollos.


Máis alí seguía ela, chantada naquel desafiante pasillo. Recordaba aquel último bico apaixonado que lle regalara, unha suave brisa de verán que se lle escapaba, que non volvería sentir xamais.


A súa cabeza era un labirinto sen saída. Aumentaban nela as gañas de sentir que non estaba morta, de atopar a alguén de verdade con quen derramar todos os seus secretos. Adentrouse naquel recuncho gris por onde el escapara, e pechou os seus ollos húmidos coa esperanza, quizais inútil, de esquecer todo o acontecido.

Andrés (modificado)

 

Sandra era morena como o café, ollos azuis como o ceo, delgada como un pao... en fin, perfecta. Estaba cansa de percorrer todos os andares do hospital no que estaba ingresada. Un día tras outro choraba e preguntábase "¿Por que me ocorreu tal desgraza?" Ao cabo dunhas semanas o doutor díxolle que a ían operar e posiblemente recuperase a vista. Non se sorprendeu moito. Xa llo dixeran antes e todo saíra mal. Aínda así levantouselle o ánimo porque podería ver a paisaxe verde, as rosas vermellas e, o máis importante, a si mesma. Pasada a operación viu a familia unida, chover a cántaros... O día que lle deron a alta tremía por saír daquel centro escuro como a morte. Non coñecía nada nin ninguén. Unha vez na porta armouse de valor e ao abrila puido ver o seu rostro brillante reflectido na auga cristalina.

Nuria (corrixido)

 

Levaba días, semanas ou incluso meses, encerrada no meu escuro cuarto, tentando atoparlle  resposta a todas aquelas preguntas que el deixara tras a súa marcha. Botei un anaco co móbil na man e por fin me decidín a acendelo. Non pasaran nin cinco minutos cando recibín unha chamada. Era el, pedíame perdón, suplicábame outra oportunidade, dicíame que se aínda o quería que lle fose abrir a porta. Nin dous segundos tardei en erguerme da cama. Coas pernas tremendo camiñei, ata que de súpeto sentín como os pés descalzos se me mollaban. O corredor estaba inundado e impedíame chegar ata a porta para dicirlle cun berro que o quería.

Alí seguía derruída de tanto chorar naquela fría cama. Todo fora un soño…

Sofía

 

Paralizouse ante a porta que guiaba a liberdade. Sucedéranse miles de berros e xantos. Era a hora e o lugar indicado para dar o paso a diante, de fuxir dun eterno sen vivir. O caudal que pisaba estaba inundado de sufrimento, de dor... E todo, por culpa dese maldito día no cal compartiu teito con aquela bestia, a cal inauditamente, entregara o seu ardor.
        Era o momento de denunciar a enorme inxustiza que vivía. Polo seu pálido rostro escorregaran demasiadas bágoas vermellas. Ela foi forte e feble, puxo un punto e final a aquel pesadelo que non levaba a ningures... Buscou o camiño a lediza...

André (con variantes,,,)

 

 

Miraba triste o escuro e longo pasillo, polo cal pasearía durante unha longa etapa da súa vida. Entraba nun mundo novo, coma unha nena soa e asustada que choraba bágoas de soidade. Non sabía onde se atopaba e non lograba recordar nada do acontecido, pois esa absurda pastilla producíalle moito sono. No fondo, divisou unha gran silueta que lle ensinou a súa longa e luminosa habitación. Pronto se decatou de onde estaba, mentres dúas perlas fuxitivas caían dos seus fermosos ollos.

Sara (corrixido)

 

 

A muller estaba horrorizada, triste, e quizá un pouco decepcionada con ela mesma...
     Miraba o fronte do pasillo, vía a súa sombra no reflexo
da auga, pensaba en todo o que deixaba fora amigos, familia e non vivía. Considerábase totalmente desafortunada
e tamén que non debía estar alí, xa o vivira antes pero esta
vez facíaselle moito mais duro porque non o esperaba, o único que lle quedaba a pobre muller era aceptala súa nova vida alí dentro...

Joserra

 

Fora a treboada máis grande na súa corta vida. O mozo deixaraa sen darlle explicacións e botaraa da casa. Coa familia lonxe, entón ela preguntábase:que fago eu aquí? por quen loito nesta vida ? por min ? por non afundirme ? merece a pena?...

Sen casa, sen os seus e sen amor...aquilo non tiña sentido para ela. Percorreu camiños na procura de onde refuxiarse. Ata que atopou unha vella escola coas vidreiras rotas, os paseillos sen portas e as paredes pintadas dos grafiteiros.

Chamoulle a atención unha porta que estaba fechada, era a única... Abriuna e viu que estaba anegada de auga. A súa profundidade era cada vez maior pero...decidiu adentrarse…

Nunca máis se soubo dela, o seu corpo non apareceu...e tal vez estea viva noutro lugar do mundo…

Noelia (modificado)

23:49

catro paredes

Publicada por xenevra |

19399698

Unha escintilante tarde do mes de novembro o saír a rúa despois dunha intensa tarde de traballo, atopeime no medio dun mar de cor marrón. As gotas da choiva petaban no chan coma pedras e todo aquilo pouco a pouco ibase convertendo nun inmenso océano. Os segundos e os minutos pasaban paseniño e non sabía moi ben que facer. Sentíame soa no interior dun ruzo océano o que todo o mundo lle escapaba con moitísima turbación. Dun momento a outro vinme no interior da multitude e por uns instantes sentín como un espantoso calafrío me percorría o corpo dunha punta a outra. Por primeira vez en moito tempo sentín un medo agónico que non me diexaba respirar con fluidez. Cando por fin logrei chegar a casa despois de tanto correr sentín un leve alivio, subín as escaleiras despacio e sen prisas , sumida nos meus pensamentos, abrín a porta do piso e tuvenme que ir cambiar debido a que estaba escorrendo igual cas follas dos árbores. Desde dentro podíase oír como un vento seco seguía azoutando os cristais das ventas.

¨¨ Nerea López Fernández ¨¨

Saíu da súa casa como todas as mañáns,e o seu día transcorreu entre os papeis da húmida oficina.
Cando camiñaba,a choiva comezaba a caer. As lágrimas do ceo eran de aceiro,facíanlle dano.
Vivía nunha casa vella e daba certamente medo. De súpeto,os seus ollos tornáronse pedras,dúas grandes pedras escuras. O corpo tremeulle e caeu ao chan. O corredor estaba anegado!
Pasaron dous intensos días e un veciño atopouna no corredor da vivenda cheo dunha auga verde e amarela. Desde entón encerrarona nun escuro manicomio. Non volveu ver o arco de luz que se agochaba tras a fiestra.
Así pasou a súa longa vida entre as catro paredes dunha fría habitación, na cal se deu conta de que para ela,non todo fora un camiño de rosas.

Natalia Varela

 

Non, non podo seguir. Agora só son un monicreque en mans do destino, vostede non o entende, non sabe nada. A cada paso que intento dar,tropezo cos meus sentimentos, amargas sombras que me envolven. Tiña ás, pero queimoumas a soidade,o meu corazón está conxelado.Hoxe,síntome débil;recordar o pasado non me sentou ben. O cúmulo de sucesos asociados á dura realidade,alónxanse moito daquel mundo onírico que tanto tiña imaxinado….

Lembro aquel día;saíra mercar e de súpeto os meus oídos parecían quebrarse con aquel ruído, que ao chegar á casa descubriría de onde proviña. Alí todo golpeou a miña mente, ao ver a impactante imaxe da alfombra de rosas vermellas sobre o corredor, onde só se podía observar o forte paso da morte. As miñas raíces secaran e simultaneamente regatos de auga percorrían o meu rostro,a terra que me ataba ao chan podrecera.

Perdín a consciencia,e aparecín aquí,nesta especie de hospital, soa, sen familia,esa explosión rompeu a miña vida.Vostede dime que estou tola, pero só agardo o momento no que a chama do meu interior expire para sempre.

María Pérez Varela (modificado)

 

Ó ver iso non puido evitar que uns regueiros de auga lle caeran dos escuros ollos. O camiño que escollera había xa moitos anos non fora o máis axeitado. Deixara atrás o que máis quería e agora arrepentíase desa rocha que fora durante tanto tempo. Lembraba tamén esas historias do corazón que, por ser tan orgullosa,perdera.
Así foi como soubo que non todo era tan fácil, pois sufrira demasiado querendo esquecer e perdera a mellor etapa da súa longa vida. Agora só se facía unha pregunta,quería seguir vivindo?

Carmen Vázquez Taboada

 

Unha fría tarde de inverno, na que o vento son espadas de xeo, unha rapaza moi nova e cunha grave enfermidade, decide saír á rúa, ese gran campo de batalla.

O único que pretende é cumprir os seus persistentes soños, e desta vez vaino intentar facer, demostrando así ao resto dos cidadáns que unha deformaión facial non ten por qué crear complexos.

Sendo agora un flan, sitúase na porta, disposta a cruzar o corredor, realmente paredón, que a separa do resto da humanidade; pero no seu intento, os desexos convértense en agonía e a muller afoga con eles no inmenso mar da poboación.

Iago Fernández Albilares

 

Era un día sombrío , apagado ... coma outros moitos na vida de Sonia . No que as esponxas do ceo descargaban auga e permitían o pouco paso da luz á Terra . Sentía que pesadas cargas se lle viñan enrriba e non sabía como reaccionar . Camiñou durante varias horas por oscuras e descoñecidas rúas e nin sequera sabía onde se atopaba . Os seus grises luceiros estaban cheos de bágoas pola tristeza que se apoderaba dela .
Non quería voltar a súa casa por medo a atopar unha pequena e baleira habitación na que sabía perfectamente que non a agardaría ninguén . Ó cabo de escasos minutos , abriu unha pequena porta que conducía a unha pista de aterrizaxe infinita sen destino . Nese momento , ela estaba morta en vida .

PATRICIA CASTIÑEIRA

 

Soa. Así me sentía: soa, desolada e húmida. Os meus ollos derramaban auga, e xa non me lembraba dende cando. Quizais a miña viaxe vital se parara cando me abandonou, e xa estivese na escuridade que existe despois da existencia. Quizais todo o bonito que vivira con el só fora un pensamento no subconsciente, e toda a dor e a soidade que sentía fosen en balde.

Tiña frío no corpo, pero máis frío estaba o corazón, aínda que a alma estivese envolta en chamas. Sentía odio cara el, quería volver á vida, pero el quitárama, e xa non sabía se era unha forma metafórica de dicilo, ou era realidade...

Pero cada vez, a incitación ao abandono da mente aumentaba...cada vez sentíame máis pesada, a miña alma cargada de rancor estábase facendo máis lixeira, e apagábase pouco a pouco.

El arrebatárame o que era, o que son, e o que nunca serei...

Natalia Seijas Castro

 

Mónica despertou unha mañá cansa de loitar pola súa vida e de ver cómo pasa por diante dos seus ollos sen poder facer nada por cambiala. Ela quería coñecer mundo e liberarse das cadeas que a teñen presa nese inferno chamado soidade. Agárdalle outro día por vivir soa, por sentirse desgraciada e por ver que unha muller que ten tanto que ofrecerlle ó mundo, non poida expresar a paixón que leva agochada baixo chave dentro do seu corazón. Xa era hora de cambiar todo iso e coller as rendas da felicidade coas súas propias mans. Comezaba a darse conta de que se os seus bonitos ollos nunca vían a luz, no seu corazón sempre sería de noite.
Non merece a pena mirarse o espello tódalas mañas e verse amargada, miserable, destruída por dentro pola infelicidade, agotada de non levantar cabeza. Por iso decidiu recoller o pano que tirara para recuperar a felicidade.

Laura Rodríguez Ledo

 

Estaba na miña casa, era un día de inverno, sentíame sola rodeada por esas paredes tan brancas e grandes, pensando na rutina de tódolos días, ir a clase, estudar… Cando de repente soa o teléfono, tiven que sair da miña oscura habitación e ir o corredor, que alí estaba. O teléfono soaba e soaba pero eu non podía pasar, xa que o chan estaba cheo da transparente aiga que me rodeaba. Eu non entendía o porque desa situación xa que fora raiaba o sol e estaba un día estupendo era verán. Seguín pensando e veume a cabeza o meus fiel amigo, nel sentía a súa pel como a neve, os seus dentes de perla brillaban no seu precioso sorriso, pero sentíame triste cando no seu corpo sentía a sensación de morrer, estaba raro cando lle daba bicos sabían a ácidas tardes de tormenta; estábamos no parque no cal se podían ver os sombríos árbores. O remate desa noite sentín como o seu corpo se ía caendo ata morrer.

Antía Cidre

 

Cristais agoireiros caían estrepitosamente contra o parabrisas do coche. O ruído enxordecedor case non lle deixaba escoitar a radio e ía sumida nas súas cavilacións: o azul máis puro e profundo que poida existir chamábaa a que se tirase dende o escarpado acantilado.

Nisto, chegou á rúa onde vivía, aparcou e, nunha carreira, atravesou o río asfaltado ata chegar á súa casa. Empapada, subiu ao piso de arriba para mudar a roupa húmida. O seu corazón comezou a latir impaciente cando viu o corredor anegado. Ao fondo, a porta do baño medio aberta invitábaa á entrada. Acercouse lentamente, e, espantada, descubriu o níveo cadáver da súa filla. Regatos vermellos manaban dos seus pulsos; un océano de desolación apoderouse dela.

Ao día seguinte, encontrouse o corpo dunha muller na ría, preto duns abruptos cantís.

Andrés

 

Despois dunha longa xornada de traballo,cansada e adormecida,regresei a miña humilde,fría e pequena morada na cal, ó chegar, atopei aquelo que me marcaría de por vida.

Foi así:

Entrei,deixei as pesadas carpetas coa dura faena do día seguinte no moble da entrada. De seguido polo corredor, un mar profundo cubría os meus pés exhaustos, e decidían adentrarse naquela oscuridade

Alí estaba,o glacial cadáver do meu corazón, da miña vida que agora sería morte, envolveito na amargura do seu corpo, do seu sen vivir.

Agocheime ao seu lado e mentres a noite acababa , contemplaba como os seus ollos gazos non volvían ver a luz nunca máis e se pechaban para sempre.

Astrid (está nunha entrada independente para que vexades os cambios)

 

Abrín a porta despois dunha longa noite chea de pesadelos e angustias. O único que topei foi o meu inmenso corredor ateigado de auga, que simbolizaba todos os meus malos soños que aínda me seguían atormentando. Non me preocupei, porque estaba absorvido polos meus pensamentos, pero observei unha figura que iba dándose forma na auga, e que non podía deixar de mirala. Ao pouco tempo a figura deixoume en paz, empezou a desvaecerse lentamente con todos os meus pensamentos tras dela. Despois disto volvín durmir tranquilo. Pero no meu corredor perdurou durante moito tempo a sombra daquela auga que unha vez o anegara, como tamen en min perdurou aquel recordo que ainda me maltrataba. Acabo de espertar dunha noite bastante parecida na que os soños non son capaces de pòderme, xa que esta noite dormin abrazada ao meu amor, e fixo que todos eses recordos se olvidaran e non deixaran en min unha marca tan fonda coma a daquela noite...

Isma

 

Un día frío, estaba na miña acolledora casa, deitada no sofá a carón da pequena cheminea, cando sentín unha estraña sensación. Un arepío percorreu o meu fraco corpo. Fun cara a porta da entrada que nese intre me pareceu a boca do lobo. O corazón latexábame tan forte que pensei que se me ía saír do peito. Decidida abrina,un estraño líquido cubriame os meus diminutos pés. O longo corredor estaba asolagado, e alí o final, unha espantosa sombra pasoume por diante. Quedei paralizada. Logo duns instantes volveuse aparecer. Esta vez vina por compreto, unha muller nova e cun rostro desfigurdo. O meu corpo empezou a tremer. Pediume axuda. E desaparedeu. Volveu, e díxome que me asomase a fiestra. E así o fixen.Ela, dun empuxon, guindome pola fiestra. E alí quedei chantada no chan da rúa. E vin como a miña vida se ía nun intre.

Andrea Rodríguez (corrixido)

 

Era verdade. Aquilo que soñara non era soamente un sono senón unha realidade.
Ergueuse coma todas as mañás frías e húmidas de inverno, para ir a traballar. Pero cando saíu da súa habitación e viu aquel corredor todo asolagado, quedou abraiada e os seus ollos parecían pratos.

Tiveran que caer chuzos do ceo porque aquilo non tiña outra explicación. Estaba todo revolto, cadeiras e mesas patas arriba. Os mobles todos abertos e pola billa da auga saían uns pequenos seres estraños.

Sentouse como puido no sofá. E alí púxose a pensar no desgraciada que fora a súa vida ata o de agora.

María González Rizo (modificado)

 

Unha mañá de outono, unha moza galega de ollos de acibeche, baixaba almorzar cando atopou a planta baixa da súa casa asolagada. Non daba creto ao ocorrido, pero o abundante caudal que semellaba o río Nilo estaba fronte a ela. Os recordos eran vagos. A noite anterior fora espantosa. Unha forte treboada apoderarase do ceo repentinamente. Foi o único que puido escoitar antes de quedar durmida como unha pedra.

Sen darse conta do seu pálido rostro empezaron a caer unhas bágoas moi tristes, case daban medo. Do salón que remodelara cuns mobles antigos que lle custaran un ollo da cara  xa non quedaba nada , só unha imaxe desoladora.

Perdérao todo, ata a as ganas de vivir.

Rocío

 

Era unha tarde con ceo de cemento, na que a choiva eran puntas de aceiro, e caía sen cesar como xeralmente ocorre en novembro por terras galegas.Esataba no salón, deitada nun sofá marrón e algo vello vendo un programa de cabalos na TVG cando, de súpeto, quedeime feita unha estatua e desconcertada, ó ver como un regueiro de auga cristalina chegaba ós meus pés.Non sabía de donde proviña e como e lóxico dispúxenme a averigualo.Foi cando cheguei ó pasillo cando máis abraiada me quedei, ó ver un gran oco no teito. Era un río que inundaba toda a casa!Collín uns panos da cor dos prados e púxenme a amañar a desfeita, cousa que non resultou do todo exitosa.Logo deste intento decidín chamar a unha empresa de albaneis profesionais para que se encargaran de arranxarme as pérdidas.Agora todo volve estar en orde pero o meu odio pola choiva medra sen cesar.

Andrés Otero

 

Era unha tarde de outono. Inés voltaba á casa, logo dunhas longas vacacións. Tiña moitas gañas de ver á súa querida familia, despois de dous meses inesgotables.
Voltaba chea de felicidade e con algún agasallo da súa estancia en Dublín. Era unha sorpresa agradable para seus pais. Sen embargo, algo tráxico pasara.
Os días anteriores ó seu regreso houbera unhas impresionantes tormentas, que acabaran por inundar a vila e a súa casa. A súa vida anegárase en tristeza. Os seus ollos enchéronse de bágoas, o seu sorriso mudou. A súa familia morrera.

Manuel

 

Sábado. Por fin chegou a mañá na que non teño que ir ó instituto. Non. Hoxe non. Hoxe toca festa. Pensei mentres me erguía voando da cama. Estireime. Abrín ben os ollos. Dispoñíame a saír da habitación cando me dei conta do río que discorría baixo a porta. Semellaba auga. Encamiñeime decidida, disposta a investigar seu orixe. Aferrei o gastado picaporte e tirei del. Resoou un ruxido aterrador, o sangue tornóuseme xeo. Teño que arranxala, pensei. Foi entón cando abrín, xa distraída, e toda a claridade da mañá foi absorbida por unha aterradora escuridade. Entón vin sobre min unha cara estraña. Mirábame aliviada. Mirei arredor. Estaba rodeada de peculiares persoas, todas elas ataviadas con un nevado uniforme. Apareceron meus pais. Semellaban nerviosos e mirábanme preocupados, coma se aínda non rematase todo. Que me estaba ocorrendo?

Iago Seijas (corrección)

 

  Xa estou farta. Farta de traballar coma unha tola e que os meus donos, non teñan piedade de min. O único que quería, era ser alguén normal, nada máis. Pero eles, co derradeiro xugo, impedíronmo.
     Acabouse. Non penso soportalo máis. Non volverei a ser, aquela barbie que se deixa manexar por todos. Acordaranse de min, xúroo. Lembrarán o meu nome. E sentiranse culpables, de que a súa ira, me levara ata este interludio que me obliga a decidir.  A miña imperturbabilidade pódeme.


Laura ty (cambiadísimo;))

 

Saín de traballar cansada e dirixinme a miña casa coma todos os días, onde vivo con miña nai e miña irmá Celia.Cheguei á casa, e notei un silencio estrano. Abrín a porta despazo e ... estaba todo inundado. Un mar de auga estendíase por todo o comedor, o cal viña do baño.Sentía correr un río. asustada, achegueime e abrín a porta despazo. Nese intre, sentín que todo o mundo se viña abaixo cando vina miña nai dentro da bañeira afogada, cos seus fermosos cabelos de ouro frotando na auga. sentín uns berros espantosos que parecían que viñan da habitación de miña irmá. Atopeina deitada no solo, toda golpeada, case inconsciente, esforzándose, contoume que uns homes enmascarados, cos cales tiña deudas miña nai, entraron na casa e destrozaron todo. Como non tiña como pagarllas, matárona. E á Celia, querendo impedírllelo, golpeárona. Esta foi a peor mañá da miña vida, non me acostumo a vivir sen ela.

Lore

 

Unha mañá outonal as follas das árbores desvanecíanse lentamente. Xulia atopábase na cociña da súa vetusta casa. De súpeto, un ruído enxordecedor desgarrou a súa tranquilidade e decidiu ir mirar que era o que ocorría. Cal foi a súa sorpresa! cando notou que a pantasma da humidade penetraba nos seus ósos; non sabía de onde procedía a auga morta que cubría todo o corredor. Cando entrou ao baño sentiu un xélido calafrío que percorreu todo o seu corpo. Mirou e non viu nada fóra do normal, ata que abriu a cortina da bañeira e descubriu o espectro da súa anciá nai. As súas miradas cruzáronse e quedaron atrapadas, a moza notou unha profunda paz nos ollos dela.

Nese preciso momento foi cando sentiu a tranquilidade que desexaba dende había moito tempo. Unha luz sedosa iluminou toda a habitación coma se amencese. Durou uns segundos e de seguido o anegado corredor volveu ao seu ser, coma se nada tivese ocorrido.

GEMA ESCUDERO GARRAZA

 

A sensación de benestar que lle transmitía o sol ía desaparecendo. Abriu os ollos. O cor gris gañaba terreo. No edificio resoaba un enigmático sonido. Gotas de auga caían sen presa do alto teito. As oxidadas agullas dun antigo reloxo facía que cada segundo cobrara vida. Ía entrar. Deu os primeiros pasos tensa, intentando distraer a súa mente. Sobresaltada por chillidos de ratas observou o seu arredor. Nada, non vía nada. Pouco quedaba do cor branco das paredes, a humidade fixera ben o seu traballo. Foi xunto a única ventá que atopara no seu camiño ao túnel. Abríuna, respirou fondo, tranquilizouse e mirou o papel que traía o recorrido dibuxado xunto cunha linterna. Eran as normas do xogo, só podía traer unha linterna. Voltou a andar, queda pouco, estás cerca, se repetía para non sumerxerse no medo.
Alí estaba, a entrada ao túnel. Sentía o seu corazón latexar cada vez máis forte e rápido, detrás da porta estaba a victoria. Abríu a pesada porta que se volvía pechar pouco a pouco unha vez ela dentro. Desexaba que a corriente funcionase xa que a linterna pouco alumaba. O seu corazón deixou de later, quedouse inmóbil, a boca e os ollos coma pratos, non podía reaccionar. A victoria non era súa, senon do seu astuto adversario, o caníbal Frank dado por morto.

Cristina Méndez (corrixido)

 

Aquela muller era moi estraña. Colgábanlle serpes da cabeza (din que era a moda) e o seu corpo, cheo de pintadas, parecía a obra dun artista.
Un día petou na miña porta. Púidena ver de cerca, dúas tristes esmeraldas miráronme suplicándome axuda, pero non deu palabra algunha, tan só puiden ver como unha bágoa asomaba a cabeza e caía sobre o seu pálido rostro. Díxenlle que se tranquilizase e que fose durmir, pois xa era noite pecha, que voltase a mañá seguinte e falaríamos.
Mais non houbo mañá seguinte para ela. Espertei empapado. Un río anegara o meu vello apartamento e todas as miñas pertenzas. Proviña do piso de enriba, onde vivía a pobre moza da noite anterior! Fun correndo, pero cheguei tarde. Atopeina na bañeira. As billas estaban abertas e ela, morta, rodeada polo seu propio lago de sangue.

Patricia Novoa (modificado)

 

Certo día de verán, baixo o sol que era lume, estabamos eu e as miñas amigas na piscina nadando e pintando a mona coma sempre .

Eramos delfíns, percorrendo o océano e disfrutando da súa tranquilidade nun día caloroso, pero todo o bo se acaba e logo nos tivemos que ir, xa que era ora de cear.

Cando cheguei fun lavar as miñas sucias mans, a aquel baño pequeno que facía xogo co resto da miña aprobeitada casa, e no que a semana anterior rompera unha billa en binganza por me cichar auga fría cando a quería quente, e por non funcionar o día que cheguei a casa feita un porco. Pero a verdade e que despois disto fun moi feliz, pero coma sempre pouco durou, porque chegaron meus pais e puxéronse a ladrar pola diminuta inundación que provocara.

Fabricio Sampedro Viana (modificado)

Parecía unha imaxe calquera, vira miles de fotos dese tipo; tristes, cheas de sentimentos. Pero esa era especial, recordáballe a alguén moi querido. O que sentía cara aquela persona era esaxerado, cando pensaba nela os seus ollos eran espellos que reflexaban ilusión e felicidade, pero ó espertar dese pequeño sono, dábase conta de que era un amor imposible, os quilómetros que os separan eran o maior estorbo que podía haber nunha relación. Cando pensaba neso caíanlle unhas bágoas de aceiro pola cara e o único que lle apetecía era deitarse a durmir. Pero cando falaba con ela todo cambiaba, os seus relucintes dentes de perlas amosaban un gran sorriso, e os luceiros brilabanlle da ilusión de escoitar a súa refinada voz. Cando colgaba o teléfono sempre se facía a mesma pregunta:

A vida é sempre tan difícil?

Juan Cuñarro

Un aterrador berro espertou a unha muller que durmía tranquilamente nunha fría noite. Mirou cara a súa dereita e vía o outro lado da cama, seca de compañía. Isto é polo que deduciu que ó seu home lle pasara algo.

Ergueuse e abriu a porta do dormitorio. As luces non funcionaban e o chan estaba encharcado. Pero o máis extraño era que a porta que levaba o sótano sufría un descontrol aterrador. Parecía que había corrente, pero ó estaren tódalas ventas pechadas foi ver que ocurría.

Empurrouna contra a parede e mirou ó fondo das escaleiras. Que era aquelo? Viu o terror concentrado nun ser vagando pola oscuridade. Os sentía un terremoto baixo os seus pés. Mentres baixaba pensou en buscar primeiro ó seu marido lonxe daquela sala, pois así iba estar máis segura, e deu a volta. Subiu un só chanzo cando sentiu un escalofrío e xunto cos seus últimos pensamentos foi arrastrada cara a negrura.

Carlos Rojo

 

Raquel era unha moza alta, loira e delgada de vigo os seus ollos eran coma pratos. Unha tarde estaba tranquilamente deitada no sofá, cando a chamou Marta unha boa amiga, era pequena, morena e moi timida. Raquel dirixiuse a sua habitacion para vestirse , despois voltou outra vez a sala donde estaban seus páis e despediuse deles. Ao abrir a porta do piso o descanso tiña tanta auga coma un río, estaba totalmente innundado, as súas mans temblaban coma bimbias, estaba moi asustada de como toda aquela auga chegara ata alí. Deu saido a rúa ainda que mollou un pouco os zapatos novos. A volta estaba todo limpo coma unha patena, pero os seus páis estaban derreados de tanto traballar.

Adrián Pereira

 

Unha noite, cuios diamantes estaban cubertos por un denso pó, Ana chegou a casa cansa, cansa de traballar despois dun triste e longo día, cansa de aguantar ó pesado do seu xefe, cansa da rutina interminable que a perseguía...

Atopouse con que o xélido corpo da súa irmá descansaba nesa máquina de matar, ese mar de dúbidas do baño que levou á única persoa que quedaba sen piedade. Os caldeiros de auga anegaban o corredor imparables, mollados e fríos...

Ana correu a ningures, veloz, impotente e cansa, moi cansa da vida.

Jordi

 

Esto non podía estar pasando, non daba crédito. Ela, unha rapaza exemplar, agora a crueldade da vida destrozaba as súas ilusións.

Todo estaba revolto. Entrou como puido, con coidado, apartando os escombros que lle impedían o paso. Envolta nun mar de bágoas recordaba os bos momentos vividos, que agora quedáronse tan só na memoria… Foi todo parar ás chamas do inferno!!

Logrou avanzar ata o salón, armada tan só coa forza que o seu odio hacia aquel noxento ser lle propinara.Un ser que tanto amou... Aquela maravillosa casa rematou en insignificantes cinzas. As paredes do corredor, xa non eran de sentimentos, eran de pedra. Achegouse ó sofá no que xacía o seu corazón. Sentou e quedou adormecida nun soño do cal xamais espertaría. Sen el.

FRAN

 

Alicia era unha muller tranquila, traballadora e moi aplicada, que traballaba no instituto de Chantada, unha vila maravillosa con edificios tan altos como a catedral de Santiago. Á mañán cando se ergueu chovía a mares e así e todo foi ao instituto, atopou ao conserxe, un home tan alto como ancho é dixolle que non había clases, volveu para a casa a durmir outro anaco xa que estaba cansa, cando espertou viu o pasillo inundado, aquelo parecia un mar, cousa que tivo que limpar para que a auga non lle derramase o mobiliario tan bonito que tiña.

Pablo Arias

 

Abriu o día.As primeiras raiolas de sol albiscáronse pola fiestra e fundíronse nos meus temerosos ollos.Erguinme da cama e asomeime ao corredor.As incesantes choivas da pasada noite deixaran o meu fogar anegado,coma se dunha forte riada que provoca o cambio climático se tratase.

Rematei baldada.Ó acabares de arrombar a desfeita,estomballeime no sofá a ver a televisión coma de costume.Pasoume o día voando, brincando dunha canle a outra,ata que un son enxordecedor chamou a miña atención.Proviña da rúa.Botei un chimpo,e nun abrir e pechar de ollos, atopeime diante do mirador.Mirei fixamente cara a beiravía.Alí, durmindo a carón dun regato de sangue atopábase meu irmán.¡Non podía dar creto!

Javier López López (modificado)

 

 

sintoo moitisimo,pero non podia máis con esta vida, eras o anxo que coidaba os meus soños, e ó erguerme estaba no ceo só de pensar que te ía bicar unha vez máis, xuntos por sempre diciamos, arrepintome do que fixen só polo feito de deixarte so neste mundo de inxustiza. Ata sinto inexistete choro por verte e non poder secar astuas afiadas espiñan que saen de esas preciosas lagoas, que antes eran regatos de felicidade, para convertirse agora en rios de tristeza,choro por non poderche dicir: mirame, xa non serve de nada

Cristina Ramos Lamas (modificado)

 

Entrou na casa endemoñada. Xa estaba moi asustada polo que acontecera, o seu pai morrera friamente e xa non sabia que facer. Matara con dureza o seu irmán e á súa mai, polos berros  aterradores que se escoitaban na rúa. Decidiu agocharse no único sitio que non fora o asasino misterioso. Ó chegar á entrada había un río de sangue e un longo corredor da morte, e non se sabe como, el estaba alí co coitelo ensanguentado na man. Morta de medo ficou queda e de súpeto ó criminal lanzouse ó baleiro pola fiestra. A rapaza foi mirar pola ventá a ver se estaba o corpo pero xa non estaba. Pensou que o malvado home volvería pero daquela nunca volveu ó pobo maldito.

Miguel Corral Fernández (modificado4ª)

 

Cambaleábase contra as paredes coma una pita sen cabeza, cos pes totalmente empapados. Recordaba ata o máis mínimo detalle do que ocorrera nesa fatídica tarde.

    Encontrábase na bañeira tratando de aliviar as enormes e dolorosas feridas que rodeaban o seu corpo, causadas polo mesmo sobre o que agora pesaba unha orde de alexamento. Aspirando o vapor que rodeaba o cuarto como unha espesa néboa e cunha cunca de te quente nas mans.

    Repentinamente, a cunca quebrou nas súas mans sorprendéndoa. Vestiuse rápida como o vento dirixíndose a cociña, onde a esperaba un anaco de polo tan negro como o carbón. Non estaba a ser un bo día.

    Soou o timbre. Ela abriu a porta. Ás súas pupilas, negras como a escuridade máis infinita, abríronse sorprendidas…Ao momento, encontrábase un home batendo nela, o seu marido. Desesperada, logrou agarrar un martelo que estaba cerca e dun so batacazo deixalo morto.

Os seus húmidos pes advertírona de que o solo encontrábase anegado de auga provinte da bañeira. Dirixiuse cara a porta e mirou por última vez aquel que tanto temera, lembrando o que sufrira, decidida a deixar todo aquilo atrás.

Brais Failde

 

Nunha tarde chuviosa estaba unha rapaza triste na súa casa. O ver a terrible imaxe pola ventá a súa faciana quedábase branca que facía xogo coa clara seda da súa cabeza.

Xa facía tempo que non vira un inferno así con tanta auga e lóstregos.Un intenso mar asomouse polos seus ollos.O vento dun momento a outro comezou a petar con tanta forza que rompeu o tellado e un gran océano caeu das nubes e mollaron toda a casa.

Pasou tempo e a rapaza paralizada e sorprendida non podia facer nada. Un forte e ardente lume empezaba a saír do seu interior. Era un cabreo que acabaría volvendoa tola.

Cristian Arias Gómez

 

Na miña vila había unha rapaza moi triste que tiña a mirada dun cordeiro a piques de ser degolado. O motivo da súa tristeza era que o seu pai non lle deixaba practicar a súa maior afección, o baile.

Ela era unha boneca, fráxil e delicada e o seu corpo estaba feito para a danza, pero o seu proxenitor non comprendía as ilusións da súa fila.

Unha fría e escura tarde de inverno armouse de valor e apuntouse a unhas clases de ballet sen que se enterase o seu pai. A mestra dixo que os seus pés eran ás e o seu corpo unha pluma. Sen embargo, ao abandoar as fantásticas leccións, o pai viuna saír e levouna para a casa.

Castigouna sen as clases e foi entón cando a rapaza comprendeu que o seu soño era un camiño asolagado pola auga que non podía atravesar. Aí rematou o seu desexo de se converter nunha moza bailarina, guapa e triunfadora.

Guillermo Díaz Bouzas

 

Non! Vostede non sabe nada. Como vai xulgar unha persoa machista a un maltratador como meu pai. Dígamo, por favor, dígamo. Eu só espero que este xurado non sexa así e vele pola seguridade da nosa familia.

Recórdoo como se fose hoxe. Meu pai era un adicto ás máquinas comecartos e ela a muller que se mataba a limpar escaleiras. O seu xefe era un desgraciado,si señor, un desgraciado. Despediuna por estar embarazada.
A miña casa era un inferno, miña nai recibía malleira tras malleira. A súa figura desdebuxábase nas escuridades traslúcidas da ventá en regueiros de sangue.

A el o único que o aliviaba era mallala coma o polbo. Foi cando con 10 anos, tomei a xustiza pola miña man e craveille aquela forca, no seu estómago . Sentín o gozo enchéndome a boca toda.
Dende aquela nunca máis se volveu meter con nós, miña nai denunciouno e non pode achegársenos. Soamente lle pido que faga xustiza e ese energúmeno bote toda a súa vida no cárcere.

Brais Varela López (modificado)