Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
23:33

Corrección de Astrid

Publicada por xenevra |

Recórdoo perfectamente. Despois dunha longa xornada de traballo, cansa e adormecida, regresei a esta casa fría. Deixei as carpetas no moble da entrada e guindei cos zapatos, que foron bater contra da parede. Sentín nos meus pés exhaustos un mar profundo que me arrastraba polo corredor cara a máis inmensa escuridade.

Alí,ao final,agardabame o xélido cadáver da miña vida que agora sería morte, sí, alí,envolveito na amargura do seu corpo, do seu sen vivir.

Agocheime ao seu lado e mentres a noite remataba,entre bágoas de sangue que  tintaban o meu rostro,contemplaba devalida como os seus ollos gazos non volvían ver a luz nunca endexamáis, e se pechaban para sempre.

anterior ;))

Recórdoo perfectamente. Despois dunha longa xornada de traballo, cansa e adormecida, regresei a esta casa fría. Deixei as carpetas no moble da entrada e guindei cos zapatos, que foron bater contra da parede. Sentín nos meus pés exhaustos un mar profundo que me arrastraba polo corredor cara a máis inmensa escuridade.

Alí,ao final,agardabame o xélido cadáver da miña vida que agora sería morte, sí, alí,envolveito na amargura do seu corpo, do seu sen vivir.

Agocheime ao seu lado e mentres a noite remataba , entre bagoas de fatiga,contemplaba como os seus ollos gazos non volvían ver a luz nunca endexamáis e se pechaban para sempre.

 

anterior ;)

Despois dunha longa xornada de traballo,cansada e adormecida,regresei a miña humilde,fría e pequena morada na cal, ó chegar, atopei aquelo que me marcaría de por vida.

Foi así:

Entrei,deixei as pesadas carpetas coa dura faena do día seguinte no moble da entrada. De seguido polo corredor, un mar profundo cubría os meus pés exhaustos, e decidían adentrarse naquela oscuridade

Alí estaba,o glacial cadáver do meu corazón, da miña vida que agora sería morte, envolveito na amargura do seu corpo, do seu sen vivir.

Agocheime ao seu lado e mentres a noite acababa , contemplaba como os seus ollos gazos non volvían ver a luz nunca máis e se pechaban para sempre.

Astrid

0 comentários: