Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
21:22

Frío na porta

Publicada por xenevra |

19399698Cambaleábase contra as paredes coma una pita sen cabeza, cos pes totalmente empapados. Recordaba ata o máis mínimo detalle do que ocorrera nesa fatídica tarde.

    Encontrábase na bañeira tratando de aliviar as enormes e dolorosas feridas que rodeaban o seu corpo, causadas polo mesmo sobre o que agora pesaba unha orde de alexamento. Aspirando o vapor que rodeaba o cuarto como unha espesa néboa e cunha cunca de te quente nas mans.

    Repentinamente, a cunca quebrou nas súas mans sorprendéndoa. Vestiuse rápida como o vento dirixíndose a cociña, onde a esperaba un anaco de polo tan negro como o carbón. Non estaba a ser un bo día.

    Soou o timbre. Ela abriu a porta. Ás súas pupilas, negras como a escuridade máis infinita, abríronse sorprendidas…Ao momento, encontrábase un home batendo nela, o seu marido. Desesperada, logrou agarrar un martelo que estaba cerca e dun so batacazo deixalo morto.

Os seus húmidos pes advertírona de que o solo encontrábase anegado de auga provinte da bañeira. Dirixiuse cara a porta e mirou por última vez aquel que tanto temera, lembrando o que sufrira, decidida a deixar todo aquilo atrás.

Brais Failde

 

Empurrou a porta. Non había nada e todo estaba como cando fuxira. Entrou no cuarto, alí gardaba o resumo da súa vida. Deitouse a mirar as fotografías , mesmo lle parecía que el seguía alí. Sentíase triste, moi triste, botábao de menos. Ergueuse e seguiu a camiñar pola casa. Lembrou cada momento en cada recuncho. Sentiu un escalofrío e deu a volta. Alí estaba el, sentado. Acercouse, miráronse e fundíronse nun eterno abrazo.

María González Varela (modificado 2ª)

 

 

O aire abriu a porta. Ó fondo atopábase ela, soa, de pé, inmóbil, coa mirada cravada no chan como se de unha estrela perdida no ceo fose. Por moito que lle gritaba non se movía, parecía unha estatua de xeo atrapada no seu propio abismo.

De repente, empezou a camiñar cara min como unha bala disposta a alcanzarme, mais a distancia separábanos cada vez máis. Detívose e arrancou das apracibles pero turbulentas augas un coitelo ensanguentado.

Comezou a destrozarse as roupas como se de un feroz animal se tratase, quedando totalmente despida e fráxil ante os meus ollos.
Agora, tarareaba unha nana, triste pero fermosa a vez como as olas cando golpeaban os rochosos acantilados e como se fose aire desapareceu na nada sen rastro algún.

Laura (deulle unha outra volta ;))

 

 

Xa non sabía que facer, miraba e miraba e todo estaba escuro. Non podía saír de aquel borroso soño onde quedara presa…
Eses finos zapatos inundábanselle ó dar un pequeno paso cara adiante;retrocedía, e unha espesa capa de area queimáballe os dulces pés como se de unha típica cera se tratase.
Ela misma se encerrara nese calella sen saida. Tiña a sensación de non poder escapar xamais dese inferno onde as cadeas do amor alí a encerraran.
Afogara nun pequeno charco, nun triste e vago charco…

MARCOS FIGUEIRAS (modificado)

 

 

Por fin, ía saír. A súa face amosaba unha crúa sensación de determinación. As vellas agullas do reloxo xa deran demasiadas voltas. Non podía perder tempo. A robusta porta estaba entreaberta. O salvoconducto á ansiada liberdade ó alcance da man. Ese escuro corredor era o camiño. Deu un paso, logo outro e outro... Xa estaba preto. Ela non estaba disposta a renderse. Un derradeiro esforzo... Saíu ó exterior, abriu vacilante os ollos.

-Xa te teño comigo, miña filla, xa te teño. Non permitirei que volvas marchar.

Non entendía nada. Os cristais do espello da memoria escacharan e atopábanse esparexidos polo chan. Quen era esa muller que a apertaba tan forte? Na súa mente todo era confusión. Non era capaz de diferenciar os seus recordos dos seus soños. Levaba moito postrada nesa cama. Perdera a noción do tempo totalmente. Non sabía nin cantos anos tiña xa. Sairíanlle canas? Nesas andaba, cando un recordo invadiu a súa mente coma un lóstrego.

Fora el. O home por quen a tanto renunciara. O home que tan mal a tratara. Recordaba ese día, esa malleira... el deixáraa así. Pero como ocorrera? Ela sempre soubera que era unha persoa violenta, pero quen era capaz de facerlle iso á persoa que ama? Acaso un monstro?

A rosa do xardín, antes murcha, renacera con máis forza e decisión ca nunca, e agora non estaba disposta a permitir que aquilo lle ocorrese de novo. Pois ela loitara coa morte... e vencera.

“Xa non son a túa boneca”.

DANIEL SOMOZA (supermodificado)

 

 

O certo é que non sabería decir o que me ocorreu aquel estraño día de
primaveira no que os ríos desembocaron nas casas por culpa das choivas. Este feito obrigoume a desenvolver o meu pesado oficio coma se me cargasen unha mochila de cen kilos na espalda.
Aquel vello bloque de pisos estaba totalmente inundado. O correoso verme
do temor corría dentro de mín pola lenda que os veciños me contaran: segundo eles, no terceiro andar, ou corredor das lamentacións coma eles o chamaban, deambulaba unha rapaza de 16 anos chorando e berrando durante todo o día coma se a peor das traxedias lle sucederan.
Arrancando unha oxidada tubería, decateime de que esquecera o martelo na
furgona. Erguínme, dinme a volta e da nada surxiu aquela misteriosa figura. Non souben como reaccionar, apartei a miña incrédula mirada e cando volvín a cabeza parecía que a rapaza fora absorvida pola fría auga que inundaba o piso.
Desde entón teño a sensación de que alguén me vixía as espaldas alá por
onde vou.

MIGUEL PIÑEIRO VÁZQUEZ

 

 

Fai xusto agora dúas horas que acabo de espertar dunha longa viaxe atada a esta cama; sen me dar erguido, nin comer, nin levantar un mísero pelo, nin tan sequera falar. Non podía escoitar a doce voz da miña nai e os molestos ronquidos de meu pai. O peor é que eu non me decataba de que o tempo pasaba mentres dormía...
Nunca tiven a oportunidade de contar o que aquela mañá de inverno sucedera naquel piso. Sei que me quedan poucos días de vida, tal vez sexan unhas mortíferas cheas de dor pero que quero aproveitar como se fosen un premio polo acontecido:
Xa era domingo cando cheguei á casa. O reloxo do móvil marcaba as seis e media da mañá e a min só me apetecía descansar despois da pesada xornada de traballo que tivera esa noite. Ó abrir a porta da entrada chegoume un forte olor a gasóleo que me fixo retroceer un instante, como un deses cans da polocía que ventan o perigo. Sen lograr contido os impulsos de ver que sucedía, entrei no diminuto piso. Non sei como pero comecei a pensar naquel home que tanto dano me fixera. Era el, dende aquela noite non o volvera ver, pero agora estaba alí, de pé, no outro lado do corredor empapado do combustible que ese desgraciado vertera dunha garrafa que sostiña na man como se dunha maleta se tratase.
Eu seguía na outra punta do pasillo, inmóvil. Sen dar un paso vin como sacaba do seu vello moedeiro unha caixa de mistos que se dispoñía a prender.
O resto podédelo imaxinar sen que eu teña que volver recordar aquel espantoso amencer. Non sei que pasou con el, nin quero sabelo; pero sí quero que se eso monstruo se atopa libre pague polo que fixo.

PATUKA

 

 

Aínda sostiña o misto prendido na miña suorosa man. O anxo que se pousara no meu camiño atopábase na outra punta do corredor. Rogábame que non o fixera, a cambio ela sería miña para sempre. Polos seus claros ollos escorregaban dúas bágoas como vidas que estaban a piques de suicidarse.

Era unha das miñas mellores amigas, compartíamos todo. A súa ausencia era unha noite sen estrelas. Anhelaba as súa delicadas mans esvarando polo meu corpo . Pero, cando decidín confesarlle os temerosos sentimentos que tiña agochados no interior do meu ser, escupiume un “non” desgarrador.

Eses ollos polos que tanto me arrastrei, agora mirábanme con desprezo. Medraba en min un mar que maltrataba ós acantilados. Percorrín o longo corredor estragando gasolina que deixaba un inmenso fedor. Só quería liberar esa furia. Se non era para min, non sería para ninguén…

MIGUEL LOVE (corrixido x 2ª)

 

 

Volvía a casa rota pola dor que tiña enriba tras romper com meu mozo instantes antes, o ceo estaba revolto e unhas tímidas gotiñas empezaron a caer sobre a gris rúa do colexio, parecía coma se só a natureza me entendera e chorara comigo. Din un soberán portazo á porta de casa, coma se ela tivese a culpa de todo o que acontecera, miña nai, con ese instinto que teñen todas elas, sabía que me pasaba algo e non fixo comentario algún. So quería chegar á habitación para poder desafogarme a placer, o solo xa non parecía tal, era coma un mar de dúbidas sobre o que sentía por el...
Collín unha carta súa que me escribiu fai tempo, mireina con desdeño pero houbo unha frase que quedou grabada en min:¨Cun amor que o vento susurraría ao longo das eras...¨cos ollos chorosos tumbeime a esperar tontamente a que o tempo fixérame olvidar a alguén a quen quixen dende tempos inmemoriables.

SUSO

 

A época na que se coñeceran quedaba lonxe. Os ollos del era cálidos como unha noite de verán, e o tempo que pasaban xuntos, un suspiro.

Co paso dos anos, a súa vida volveuse un auténtico inferno. Abatida e cansa, noite tras noite cargaba cos seus feros desplantes. Os seus ollos convertéranse en puro xeo. Os doces “quérote” en simples “es parva”… E os suaves aloumiños en fortes patadas que deixaban o seu corpo magoado.

Asfixiada de tanta dor, decidiu abandonar o pozo negro no que se atopaba . Aferrou un coitelo e apuñalouno ata que quedou sen forzas. Correu cara á porta, abriuna, e observou de novo a luz exterior. Xa podía voar. Era libre.

MIRIAM

 

 

Unha inmensa lagoa de sangue manchaba os pés nus daquel manequín devorado pola escuridade da habitación. Tiña os ollos abertos, mais daría igual que os tivera pechados pois unha espesa negrura, coma as sombras da súa mente, envolvíana por completo.
   Ela sabía que aquel ser desprezable non tería que ter existido endexamáis. Por iso, non se sentía culpable senón aliviada e liberada; coma se, por primeira vez, fixera algo por ela mesma.
   Máis tarde, fuxiría co recordo recente do odio fluíndo polas súas veas e coa inquietante presenza do silencio da morte.

MILLI (corrixido)

 

 

Xa levaba unha eternidade intentando facelo pero non atopaba o valor. Sen embargo sabía que ese era o momentoindicado xa que, por moito que retrasara a misión encomendada, ninguén ía cambiar esa sensación horrible que lle producíao feito de que seu pai acabase de morrer.

Ó dar o primeiro paso sentíu que o escuro corredor a invadía por completo pero non encendeu as luces. Non necesitaba facelo, xa que tódolos rincóns da casa compuñan as liñas da palma da súa man. Cando chegou á gran porta da habitación de seu pai sentiu un nó na gorxa e vacilou uns intres; pero entón recordou aquela voz fría e impasible do seu avogado pedíndolle aqueles papeis e sentiu unha rabia inmensa, aínda que mil veces menor que a súa dor.

Cun último esforzo atravesou aquela barreira en forma de porta, agarrou os malditos documentos e marchou o máis rápido que lle permitiron as pernas disposta a non volver ata que ela mesma se vise capaz de facelo.

DAVID MEIJIDE

 

 

Agora convertérase nun ser fráxil , pero á vez forte, alguén débil ,pero capaz de afrontar o duro acontecemento que antes observaran os seus propios ollos, vendo esvaecer ante os seus pés o que mais quería.

Catro horas antes, a carón dela só existía unha mancha de sangue esvarando polas paredes e o corpo do seu home tirado no chan.Agora vía como a súa vida se precipitaba cara a un pozo sen fondo.

Nese momento o corpo dela parecía unha vara verde que era incapaz de terse en pé,só podía chorar e chorar.

Pero sabía que ese mar de bágoas que derramara non ía servir de nada, non ía devolverlle a vida a aquel home dulce,aquel home cariñoso e comprensivo e a vez misterioso que tantas veces a fixera chegar ata o punto da loucura.
O verdadeiro ceo que ela puidera tocar coa punta dos dedos.
Agora só lle quedaba soñar.

SHEILA LÓPEZ (modificado)

 

 

Levantárame eufórica, leda , quería saír a rúa e berrar o feliz que estaba por vivir un día máis neste fermoso mundo. Que os meus berros fosen como o sarampelo, desexaba contaxiarlles a todos a miña alegría, e xuntos poder rirnos da morte,porque con vontade e decisión esta pódese superar.

Todo se esfumou nun intre, todo se volvera escuro. Aturdida seguín camiñando. Pero na metade do corredor caín sentada, inmóbil e destruída.

ÁGUEDA (modificado)

 

 

Parou. Os seus ollos nocturnos ficaron nun lugar escuro. Puxo a carapucha do xersei branco. Sentíase fría, morta. A noite camiñaba lentamente e a auga batía contra os cristais rotos do comedor do fondo. Como podía deixala soa? Como puido escapar de detrás das cortinas? A súa mirada perdíase nagún punto entre a luz e a lúa. Tiña que fuxir. Non aturaba máis o seu recordo. Sorrisos desesperados brotaron dos seus finos beizos. Agarrou o coitelo. E mirou por última vez aquela frase na súa pel: noite de voraces sombras.

ALBA

 

 

Era tarde e alí seguían os dous. El xa non sabía que facer, a situación superábao, estaba canso. Ela, tirada no chan, non quería saber máis de falsas promesas. Parecíalle inxusto que fose tan egoísta. Dérao todo polos dous, e agora chegara á triste conclusión de que todo esforzo era absurdo. Era como falar cunha parede, cun témpano de xeo insensible. A idea de escapar con el morrera. Non podían estar xuntos, sempre atopaban algún impedimento para ser felices. Non o podía soportar máis.

Por iso se despediu para sempre antes de atravesar aquela maldita porta. El, indiferente, riu mentres marchaba, disposta a abandonalo todo. Desaparecendo, convertiríase nunha persoa nova e despregaría as ás da súa liberdade dunha vez por todas.

SILVIA

 

 

Por fin, ía saír. A súa face amosaba unha crúa sensación de determinación. As vellas agullas do reloxo xa deran demasiadas voltas. Non podía perder tempo. A robusta porta estaba entreaberta, o salvoconducto á ansiada liberdade ó alcance da man. Ese escuro corredor era o camiño. Deu un paso, logo outro e outro e outro e outro máis... Xa estaba perto. Ela non estaba disposta a renderse. Un derradeiro esforzo... Saíu ó exterior, abriu vacilante os ollos.

-Xa te teño comigo, miña filla, xa te teño. Non permitirei que volvas marchar.

Non entendía nada. O espello da memoria escachara en milleiros de cristais que se esparexían desordenadamente polo chan. Quen era esa muller que a apertaba tan forte? Na súa mente todo era confusión. Non era capaz de diferenciar os recordos dos soños. Levaba moito postrada nesa cama. Perdera a noción do tempo totalmente. Non sabía nin cantos anos tiña xa. Sairíanlle canas? Nesas andaba, cando un recordo invadiu a súa mente coma un lóstrego.

Fora el. Recordaba ese día, esa malleira... el deixáraa así. Pero como ocorrera? Ela sempre soubera que era unha persoa violenta, pero quen era capaz de facerlle iso á persoa que ama? Acaso un monstro?

A rosa do xardín, antes murcha, renacera con máis forza e decisión ca nunca, e agora non estaba disposta a permitir que aquilo lle ocorrese de novo. Pois ela loitara coa morte... e vencera.

“Xa non son a túa boneca”.

Diego Fernández (modificado)

 

Un longo corredor cheo de auga como as bágoas que inundan os meus ollos ó recordalo e eu de pé ó final deste, como unha arbore en pleno outono, esperando xa a primavera. Esa era a única imaxe que tiña na miña cabeza. Non tiña moi claro o que sucedera antes diso pero eu estiven segura de non vivir aquelo en realidade. Levanteime e mirei pola ventá, puiden observar o manto escuro pintado de luces que afastaba calquera idea de non ser visto, pois onde queira que mirase el permanecía ali. Non puiden evitar remexer e remexer nos meus recordos, todos da mesma persoa; pensar que xa non volvería, que só o esperaba unha nova vida lonxe de min, por ali por Londres. Chorei e chorei ata que quedei durmida. Para atoparme despois perdida e tola no meu soño. Soa e sin saída.
Hoxe é un novo día. Eu penso emerxer de min mesma e quizais, por que non?, mercar eu tamén un billete para Londres.

EREA

 

 

Outra vez dirixíase hacia aquel máxico paraxe, cara aquel mesmo recuncho daquela monumental casa,ao carón da fiestra con vistas á impoñente ría.Ía o sitio onde vivira as experiencias máis fantásticas e endexamais esquecidas da súa curta pero intensa infancia; o emprazamento que a viu lentamente crecer e dende o que tódalas noites vía a muller vestida de prata.

Agora todo era distinto, as paredes, ergueitas coma estacas e brancas coma a neve mudaran. Os corredores eran labirintos escuros que parecían non ter fin; e aquela fiestra, dende a que emerxía o dourado aro e os anacos de branco algodón… aquela era agora unha xanela enferruxada. En definitiva, o impoñente edificio cambiara converténdose nun espazo escalofriantemente frío ,sen cor no que a auga escorregaba polas paredes e a humidade adentrabase até os ríxidos ósos… era un fogar tétrico, escuro, morto… pero ela, ignorante non o sospeitaba.

Cando por fin puido por un pé dentro e ver o estado daquel lugar despois de tanto tempo, perdeu o rumbo da vida. Sentiu coma se unha corrente de aire frío como o xeo lle percorrera o corpo, a rachara de enriba a abaixo ,e os seus ollos convertéronse en fontes de auga que comezaron a brotar. Sen pensalo dúas veces ela tamén decidiu poñer fin ao latexar do seu árdente corazón para non seguir a sufrir polo que alí estaba a contemplar.

Verónica Barinagarrementería

 

Premín o pequeno e gastado botón do ordenador ao chegar á casa. “Nin saudar, nin sacar as zapatos sucios nin nada; o primeiro que fas ao chegar é encender o computador”, berraba miña nai, algo alterada, “Ven dar un biquiño, polo menos”. Era moi mimosa, e eso encantábame.

Hoxe necesitaba máis que nunca conectarme. A miña relación sentimental non ía nada ben e seriame de gran axuda falar co primo pois el coñecia a situación. Iniciei sesión e ao momento abrese unha pequena e indefensa ventanita; “Chino dice: Mira o seu fotolog.“

Era a típica foto que poñen as rapazas de hoxe en día nos chamados “flogs”. Decidín observar primeiro a foto sen mirar o texto, a ver se me transmitía algo. Vin unha muller perfectamente dereita como se de un cravo se tratase, con todo un pasillo escuro e mollado como unha pista de patinaxe por diante, o que facía presaxiar un triste e duro futuro. Como un animaliño a quen afastan da súa familia, comezei a sentirme mal. Baixei un pouco a mirada, e lin o texto, se se lle podía chamar así. “FIN”, poñía.

Sentinme como a rapaza da imaxe.

MIGUEL FIGUEIRAS (corrixido)

 

 

Non era todo tan doado como poidese parecer,ela,con toda a sua xuventude,os seus pes de seda,a súa pel de porcelana,a sua perplexidade de estatua,os seus ollos negros e tétricos,eses dous veleiros cheos de rabia e sentimentos observaban o que de seguido iba ser unha gran perda,a auga tenebrosa estaba derrubando pouco a pouco a estructura da casa,pero a vez moi rápido.

Tiña que elixir rápido,decidirse por algo que de seguro lle iba cambiar a vida para sempre,por un lado,podía avanzar hacia o enorme charco co risco de que todo se derrubase, pero tiña que facelo,a auga seguia subindo,solos eran dous pequenos pasos,abrir a porta con moito coidado e coller o seu fermoso e delicado fillo,o que tantas alegrías e preocupacións lle dera,por outro lado,podía marchar rápido,non arriscarse,si,de seguro que chegaba a tempo de salvarse,pero o que deixaría atrás,derrubaríaa por completo.
Demasiado tarde,fechou os seus fermosos e medosos ollos e esvaeceuse no ar.

JOSÉ RAMÓN VARELA SAMPAYO

 

Aquel chuvioso día do mes de outubro, ela regresou a casa dende a escola por un estreito camiño de fío que sempre lle chamara a atención. Cando se adentrou nel comezou a pensar porque nunca antes andara por alí, quizais fora por medo ou só porque a súa pandilla ía polo outro lado.

Unha vez levaba dados uns poucos pasos, parouse a disfrutar da exuberante natureza, paraíso que a rodeaba. Pero por mor da forte choiva tivo que saír de alí. Afastouse daquel sendeiro e refuxiouse nun portal ata que escampou. Nese breve momento, pola súa computadora pasaron imaxes da infancia, cando vivía no pequeno pobo da súa nai, e foi feliz.

Cando a choiva cedeu, ela volveu a marchar cara ó seu céntrico repouso, o seu piso. Abriu a porta e quedou de pedra ó ver o chan mollado como adoitaba estar na entrada da casa do pobo. Sabía que era a cidade, máis algo daquel misterioso camiño cambiárao todo.

Paulo (modificado o orixinal)

 

Sucedíanse días moi tristes. A soidade abrazábase cada vez máis forte á súa vida; era unha enredadeira da que non se podía liberar. Unha sensación de escuridade devoráballe os ollos.


Máis alí seguía ela, chantada naquel desafiante pasillo. Recordaba aquel último bico apaixonado que lle regalara, unha suave brisa de verán que se lle escapaba, que non volvería sentir xamais.


A súa cabeza era un labirinto sen saída. Aumentaban nela as gañas de sentir que non estaba morta, de atopar a alguén de verdade con quen derramar todos os seus secretos. Adentrouse naquel recuncho gris por onde el escapara, e pechou os seus ollos húmidos coa esperanza, quizais inútil, de esquecer todo o acontecido.

Andrés (modificado)

 

Sandra era morena como o café, ollos azuis como o ceo, delgada como un pao... en fin, perfecta. Estaba cansa de percorrer todos os andares do hospital no que estaba ingresada. Un día tras outro choraba e preguntábase "¿Por que me ocorreu tal desgraza?" Ao cabo dunhas semanas o doutor díxolle que a ían operar e posiblemente recuperase a vista. Non se sorprendeu moito. Xa llo dixeran antes e todo saíra mal. Aínda así levantouselle o ánimo porque podería ver a paisaxe verde, as rosas vermellas e, o máis importante, a si mesma. Pasada a operación viu a familia unida, chover a cántaros... O día que lle deron a alta tremía por saír daquel centro escuro como a morte. Non coñecía nada nin ninguén. Unha vez na porta armouse de valor e ao abrila puido ver o seu rostro brillante reflectido na auga cristalina.

Nuria (corrixido)

 

Levaba días, semanas ou incluso meses, encerrada no meu escuro cuarto, tentando atoparlle  resposta a todas aquelas preguntas que el deixara tras a súa marcha. Botei un anaco co móbil na man e por fin me decidín a acendelo. Non pasaran nin cinco minutos cando recibín unha chamada. Era el, pedíame perdón, suplicábame outra oportunidade, dicíame que se aínda o quería que lle fose abrir a porta. Nin dous segundos tardei en erguerme da cama. Coas pernas tremendo camiñei, ata que de súpeto sentín como os pés descalzos se me mollaban. O corredor estaba inundado e impedíame chegar ata a porta para dicirlle cun berro que o quería.

Alí seguía derruída de tanto chorar naquela fría cama. Todo fora un soño…

Sofía

 

Paralizouse ante a porta que guiaba a liberdade. Sucedéranse miles de berros e xantos. Era a hora e o lugar indicado para dar o paso a diante, de fuxir dun eterno sen vivir. O caudal que pisaba estaba inundado de sufrimento, de dor... E todo, por culpa dese maldito día no cal compartiu teito con aquela bestia, a cal inauditamente, entregara o seu ardor.
        Era o momento de denunciar a enorme inxustiza que vivía. Polo seu pálido rostro escorregaran demasiadas bágoas vermellas. Ela foi forte e feble, puxo un punto e final a aquel pesadelo que non levaba a ningures... Buscou o camiño a lediza...

André (con variantes,,,)

 

 

Miraba triste o escuro e longo pasillo, polo cal pasearía durante unha longa etapa da súa vida. Entraba nun mundo novo, coma unha nena soa e asustada que choraba bágoas de soidade. Non sabía onde se atopaba e non lograba recordar nada do acontecido, pois esa absurda pastilla producíalle moito sono. No fondo, divisou unha gran silueta que lle ensinou a súa longa e luminosa habitación. Pronto se decatou de onde estaba, mentres dúas perlas fuxitivas caían dos seus fermosos ollos.

Sara (corrixido)

 

 

A muller estaba horrorizada, triste, e quizá un pouco decepcionada con ela mesma...
     Miraba o fronte do pasillo, vía a súa sombra no reflexo
da auga, pensaba en todo o que deixaba fora amigos, familia e non vivía. Considerábase totalmente desafortunada
e tamén que non debía estar alí, xa o vivira antes pero esta
vez facíaselle moito mais duro porque non o esperaba, o único que lle quedaba a pobre muller era aceptala súa nova vida alí dentro...

Joserra

 

Fora a treboada máis grande na súa corta vida. O mozo deixaraa sen darlle explicacións e botaraa da casa. Coa familia lonxe, entón ela preguntábase:que fago eu aquí? por quen loito nesta vida ? por min ? por non afundirme ? merece a pena?...

Sen casa, sen os seus e sen amor...aquilo non tiña sentido para ela. Percorreu camiños na procura de onde refuxiarse. Ata que atopou unha vella escola coas vidreiras rotas, os paseillos sen portas e as paredes pintadas dos grafiteiros.

Chamoulle a atención unha porta que estaba fechada, era a única... Abriuna e viu que estaba anegada de auga. A súa profundidade era cada vez maior pero...decidiu adentrarse…

Nunca máis se soubo dela, o seu corpo non apareceu...e tal vez estea viva noutro lugar do mundo…

Noelia (modificado)

46 comentários:

Anónimo disse...

Oa!!
Un dos relatos que me gusta é o de Marcos, non sei moi ben porque..cando o lin fíxome sentir a rapaza da que fala, porque me puxen na situación de estar correndo para non sufrir máis, pero ese amor volve e cada vez faille máis dano...ata que a mata!!sen embargo ten moitas palabras escritas en castelán,como por exemplo:pequeño, misma, e callejón.
Outro punto que na miña opinión lle cambiaría e o final do relato, porque e como se lle faltase algo...

Outro relato que me gustou foi o de Jose Ramón Varela Sampayo por a situación de elixir entre salbarse ela soa, ou tentar salbar tamén o fillo.

1 bico
adeus!!
*_*

Anónimo disse...

son eu outra vez!!jeje
pero salvar e con "v" non con "B" :(

xenevra disse...

Unha rectificación a tempo é unha victoria :P:P!!!
okisss Águeda, salvada ;))

Anónimo disse...

Ola!

Xa rematei de ler todos os relatos, fun lendo e anotando as cousas que me gustaban e as que non antes de ler o nome, para non lelo según de quen fose..A verdade e que case non daría escollido un só porque me gustaron todos, pero os que mais foron os de Sheila, Andrés, Marcos e Miguel Figueiras.

Comezo co de Miguel, que me gustou moito por a orixinalidade, a ningún outro dos publicados lle deu un enfoque tan "realista" por dicilo dalgún xeito, tiña que falar "co primo" a nai que era moi mimosa..non sei, igual os hai moito mellores pero este sorprendeume o enfoque.

O de Andrés ao igual que o de Marcos non e que me gustase o relato en sí, son frases que me deixaron coa boca aberta, metáforas que lle dan "algo" (non sei moi ben o qué..) ó relato que me encantou. Algunhas son "A soidade abrazábase cada vez máis forte á súa vida; era unha enredadeira da que non se podía liberar" ou "A súa cabeza era un labirinto sen saída" de Andrés. E do de Marcos "Non podia saír de aquel borroso soño onde quedara presa…" e "Tiña a sensación de non poder escapar xamais dese inferno onde as cadeas do amor ali a encerraran"

E para remtatar o de Sheila, que según lin a primeira oración quedei pampa, non sei..simplemente me encantou. E a última.."Agora só lle quedaba soñar"..impresionante..e que non sei moi ben o porque de gustarme tanto..só sei que me deixou alucinada.

En resumo, que de ter que escoller algún, quedariame, sen dúbida algunha, co de Sheila.


Bicos.

PD: acabome de dar conta do testamnto que acabo de deixar...jeje

Anónimo disse...

ola outra vez! vou facer como Águeda, vou rectificar jeje porque o principio do comentario puxen que non me daría quedado con ningún porque en xeral me gustaran todos, e o final dixen que me quedaría sen dúbida algunha co de Sheila, iso foi porque os volvin ler para buscar algo que non me gustase pero canto máis o lia máis me gustaba!! e iso foi...
ah! que xa me esquecía, si que lle atopei un "erro", dulce en vez de doce xD..

bicoos!

xenevra disse...

E digo eu, Sofía: Por que querías atopar algo que non che gustase e non ao revés?? Curiosa maneira de enfrontar a vida ;))

Anónimo disse...

Boas!

En primeiro lugar quero falar dos relatos que mais me gustaron. Estes son o de María, porque o "como conclue a historia" podémolo interpretar como nós queramos. Xa que ó principio, fala dun lugar que había abandonado facía 10 anos e ó final, deixa na imaxinación do lector si na realidade encontráronse nesa casa, o como é no meu caso que preferín pensar que ambos morreran mais el moito antes, e ela foi polo seu reencontro. Tamén creo que a frase "Sentiu un escalofrío" préstase moito para a miña version do final.
O segundo relato que mais me gustou foi o de Somoza, a razon principal e que conta unha historia moi real, posible de créla, porque está ambientada nun lugar real e tamén polo feito de ponerlle nome ós seus persoaxes. Ademais ten un final contundente.
Creo que todos están moi ben, a excepción de alguns por ter paragrafos moi breves, o unha historia pouco relevante e tamén alguns erros como o uso da J (callejón) ou da Ñ en palabras como pequeÑo...
Tamén teño que dcir que si agora escrivira o meu relato, añadiriale mais datos concretos para dale mais realismo. E que tería moitos mais erros si non pedía axuda antes de colgalo na paxina.

Perdoade os erros (o corrector de galego non abria :P)

Anónimo disse...

Acabo de ler o meu comentario..
Encontrei 2 erros
dale... darlle
pedía... pedira?

repito: perdoade os erros :P

Anónimo disse...

Pois a verdade é unha boa pregunta..pero non teño unha resposta concreta. Supoño que sería porque as boas xa as atopara jeje, non sei..non teño unha razón.. :S

ah! a min tampouco me deixa abrir o corrector.. :(

saúdos!

SilviA*!! disse...

Boass!!!!
Aquí estou por fin.. despois dun tempo que se me fixo interminable.. porque foi complicadísimo ser quen de ir lendo todos os relatos e sacar conclusións en limpo.
O que eu fixen, como a maioría, foi ir apuntando o que máis me gustaba de cada un. Pero ao final, non sei se por cansanzo, aburrimento, ou porque algúns non me gustaban case non apuntei nada. Por iso falarei dos que máis me gustaron, e moi por riba do que fun apuntando ao lelos.

Os primeiros para min sen dúbida son os relatos de Andrés, Miguel Figueiras, Suso e Mirian.

O de Miguel encántame por todo en xeral, polo cotián da situación e polo seu realismo. Tamén me gusta moito a idea que tivo de incluir a foto no relato, en concreto a foto que a rapaza coa que estaba colgara no seu flog.

O de Suso chamoume moitísimo a atención, porque comecei a lelo sen mirar o autor e estaba convencida de que fora unha rapaza a que o escribira; ao chegar ao final, pareceume incrible que fose quen de expresarse tan ben en primeira persoa femenina ;).. Non sei, tamén me gustou pola nostalxia, polas cartas, polos recordos, pola espera, pola natureza..

O de Andrés, porque o primeiro parágrafe é inesquecible!!.. e sobretodo polo de "aumentaban nela as gañas de sentir que non estaba morta, de atopar a alguén de verdade con quen derramar todos os seus secretos". Non sei se por sentirme identificada ou simplemente porque ten o don da palabra e expresa todos eses sentimentos e esa tristeza dunha forma xenial, pero é precioso :)

E o de Mirian.. porque cambia completamente mentres o imos lendo. Porque son xeniales expresións como "os ollos del eran cálidos coma unha noite de verán" ou "o tempo era un suspiro". Gustoume tamén polos cambios na historia (do amor ao maltrato), e pola decisión tan brutal dela de matalo (que a lebaría á liberdade).

Non comentarei moito máis.. Porque me parece que xa fixen un testamento incapaz de ler.. Sintoo.. :(:(..

Só comentar que estou de acordo cos demáis en que tamén me encantaron moitas expresións dos relatos de Erea, Marcos e Shela. Gustaríame seguir escribindo pero xa é demasiadoo xD..

Un bicoo!!

SilviA*!! disse...

ahh!!
e que eu tampouco cambiei nada do meu relato porque non din entrado no correctoor!! :(:(

Anónimo disse...

olaa!

todos estan moi ben, pero para ó meu gusto o mellor é o de Miguel Figueiras. O seu realismo, ese toque de simpatía xunto a traxedia da foto e da relación. Ademais que a súa idea foi moi orixal.

Por outro lado tamén quería comentar que os erros do meu texto foron debidos a que non coñecía a existencia do corrector e a que o word non me deixaba correxir algunhas palabras (os castelanismos).

Un saúdo.

E felicidades a todos que están moi ben!

xenevra disse...

Só comentarvos que o corrector é unha ferramenta máis, pero que nestas alturas da vosa aprendizaxe é unha escusa moi pobre dicir que non vai. Sempre podedes modoficar o que queirades antes do luns (ortografía ou contido), logo será a nota do aquí publicado, con erros ou sen eles.

Silvia:Por que che gusta a idea de incluír a foto?? Como cres que enriquece o texto??
Nunca é demasiado escribir se serve para axudar aos compañeiros e compañeiras nos seus traballos. Así pois, grazas pola túa análise. ;))

Marcos:Por que están todos moi ben?? Que queres dicir exactamente con iso?? Por que cres que a idea de Miguel foi orixinal?? Que ten para ti de orixinal??
Da escusa do corrector xa falei...

Anónimo disse...

hoxe creo que non me equivoco de entrada...xd

xa acabei de lelos todos e hai moitos relatos que teñen frases que me encantan a aprte do de miguel lovelle, como o de mirian "Os ollos del eran cálidos coma unha noite de verán, e o tempo que pasaban xuntos parecíalles un suspiro" ou o de andrés " A soidade abrazábase cada vez máis forte á súa vida; era unha enredadeira da que non se podía liberar"

do relato de miguel figueiras chamoume moito a atención o enfoque que lle deu, foi moi diferente ó de todo o resto.

o que máis me gustou foi o de milli, encantoume o vocabulario que empregou, dalle moita maís forza e máis carácter.


saùdos.

Anónimo disse...

ah!co se suso pasoume coma silvia sorprendeume que o aoutor non fora unha rapaza.

bks

Anónimo disse...

Ola!

Os que máis me gustaron foron tres relatos: o de Marcos, o de Miguel Figueiras, e o de Sofía.

Do de Marcos gústaronme esas frases que solta, son tan profundas, deixante ca boca aberta.

Do de Miguel Figueiras porque dá fontes de realismo, que nós introduce na historia, como si fora un de nós o que lle pasou.

Do de Sofía sorprendeume o final da historia, cóntanos a historia e ese final desvanece todo.


Nota: sorprendeume o relato de Suso, esperábame que fora unha rapaza a autora.

Un saúdo!

Anónimo disse...

ola!!
a min o relato que máis me gustou foi o de Andrés.A maneira na que describe as gañas de saír do pasado,de voar,de fuxir pareceme precioso.As frases cortas e a tristeza delas axúdaas a ter personalidade propia!!

Ainda asi vou apuntar que a min pareceme moito máis fermoso sen o parágrafo do medio,queda máis triste e fráxil.E tamén vou dicir que lle sobra o último novo(dende o meu punto de vista)!

un saudiño a todos!

Anónimo disse...

Ola!!!!!!!!
Primeiro pedir perdón por comentar nos de primeiro de bac. o que pasou e que empecei a lelos e o de natalia gustoume moito e por iso comentei.
De segundo, dicir que fun tomando notas do que podían modificar e do que gustou e non gustou de cada un dos relatos expostos polos meus compañeiros.
Empezarei polo de María. Se o relato fose meu, borraría iso de “que non había nada nin ninguén”, queda moi rotundo. eu só poría “non había nada e todo estaba como cando el/a fuxira”. despois tamén modificaría a última liña “ achegouse, miráronse e fundíronse nun eterno abrazo”. polo demais está bastante ben, gústame aínda que creo que non é un dos mellores.
Continuarei co de Laura. Deste relato comentar que me gustou moito non polo que escribiu senón pola imaxes que se proxectan na cabeza ó lelo. a imaxe que vin foi a unha muller louca rasgándose a roupa como cando se rasgan as camisas e saen os botóns disparados. polo contido bastante ben aínda que vin dúas faltas de ortografía, algún na última liña e rochosos acantilados unha liña antes… espero que non se me escapase ningunha outra..jojo
Agora tócalle ó de Marcos. Este relato gustoume moito porque emprega unhas palabras moi silenciosas e ó mesmo tempo moi tristes que te envolven nun misterio que me apaixona. Moi ben marcos, pero corrixe algunhas faltas, como: sabía,podía retrocedía, saída, pequeña, típica, pés e hai outra pero non sei como sería en galego que é “callejón”. polo demais bastante ben.o teu relato é un dos meus favoritos.
O de Somoza gustoume moito porque como ben sabedes gústame o medo e as historias relaciondas. A frase final foi un puntazo. Encantoume. Moi ben. O teu tamén é un dos meus favoritos aínda que hai faltas jejeje como abandonada,loca ,compasión.
A Piñeiro darlle a noraboa porque o seu relato é o meu favorito sen dúbida. Moi ben escrito redactada aínda que vin unha falta por ahí “ absorvida” polo demais xenial. Moi ben.
Agora tócalle a Patuka. Dicir que o teu relato está moi ben pero non me convence para ser un dos meus favoritos porque resúltame algo confuso non sei se é porque o lin rápido ou que estou atontado. Pero de todas formas moi ben. Un erro que encontrei foi movil, inmovil con v que en galego é con b
O relato de Suso gustoume moito porque se puxo na pel da personaxe. Fíxose pasar por unha rapaza/muller. Moi ben Suso . Orixinal idea…
En canto o relato de Mirian gustoume porque parecese a un destes panfletos que trata sobre a violencia machista: van dende o máis agarimoso ata o máis cruel (quérote corazón amor ruliña,burriña,parva ,tonta, imbécil, idiota, puta, ódiote, voute matar..)moi ben Mirian gran cartel e historia..
O relato de Milli moi ben en todo,tanto en redación ,palabras usadas …gustoume moito porque comezou cando xa o matara. Milli o teu está entre un dos meus favoritos. É moi orixinal e misterioso.
O de David Meijide tamén me gustou ;porque usa unhas palabras moi adecuadas o momento da historia. Moi ben David ,orixinal e moi ben contado.
O relato de Sheila tamén está entre un dos meus favoritos pola realidade que transmite o texto. gustoume bastante so dicir que poñas til en débil e máis.
Grazas , Águeda aforrácheme ler jejej moi ben por resumilo en poucas liñas. Só modificaría unha oración porque non sei queda moi rotundo e non me gusta “que os meus berros fosen como o sarampelo, desexaba contaxiarlles a todos aquela alegría”. Polo demais moi ben .
O relato de Alba está bastante ben sobre todo por ter esas preguntas retóricas no medio do relato que lle dan un énfases de medo ..moi ben ,gustoume. Perfecto
O relato de Silvia gustoume moito porque me sinto identificado en algunhas cousas. Gustáronme algunhas palabras que expresan moito moi ben e moi orixinal así como sentimental. Bikiños
O de diego e moi bonito e está ben redactado …
O texto de Erea encantoume porque coo dixen antes transmíteme unha imaxe que é dunha rapaza que vai detrás do seu amor.Moi boa a idea….
En canto o texto de Verónica non teño nada que obxectar só dicir que esta ben en xeral.
O texto de Figueiras e o de verdade me deixou ca boca aberta porque a historia trata de algo cotián como o é a foto . Moi ben, gustoume moito idea que tivo porque en realidade ten razón .É unha desas fotos que soben as rapaces/as no seu blog,metro…
Os textos de Xosé Ramón e Paulo están moi ben aínda que se teño que escoller entre algún dos dous escollería o de Paulo polo cambio misterioso que xurdiu na historia . encanto o de Xosé Ramón dicir que pés leva til e seguía tamén polo demais esta ben
En canto o texto de Nuria dicir que “a si mesma” é separado non xunto e que me fixo chorar coa risa…moi ben Nuria emocionácheme.
Para rematar dicir que o texto de Andrés estaa moi ben, aínda que se fora eu quitaríalle a frase do medio porque non quere expre4rsa nada.esta é: tampouco era quén de esquecer o interminable minuto no que el cruzou aquel desafiante pasillo no que ela estaba chantada agora mesmo coma unha estatua de pedra.
O texto de Sofía namoroume porque no remate do texto pensei que lle ia abrir aporta pero o final non foi así senón que todo era un soño.moi ben Sofía. Estupendísima idea.

E nada para subilo xa dicir que en xeral esta todos bastante ben, como poderedes observar gustáronme todos.

veña bikiños
aburiño
un saúdo a todos

Anónimo disse...

Ola !
Coma a maioría dos meus compañeiros, comecei a ler os relatos e a anotar o que máis me gustaba de cada un.

Os relatos que máis me gustaron foron o de Sofía e o de Andrés.

O de Sofía está cheo de “cambios”. Primeiro comeza con tristeza, despois ven a reacción dela ante a chamada del (chea de optimismo). Sen embargo, como xa comentou Laura, de súpeto chega un final que fai que ese optimismo se desvaneza, todo se arruína.

En canto ó de Andrés, frases coma “A soidade abrazábase cada vez máis forte á súa vida; era unha enredadeira da que non se podía liberar » e “Aumentaban nela as gañas de sentir que non estaba morta, de atopar a alguén de verdade con quen derramar todos os seus secretos” Marcan dúas partes no relato, que comeza coa tristeza dun corazón roto e remata coa esperanza de seguir adiante, tratando de olvidar o pasado.
Sen embargo, coincido con Alba, eu tamén creo que o último novo sobraría... Pero neso a última palabra tena o autor :)

A parte diso, hai frases que me gustan moito dalgúns relatos coma “Tiña a sensación de non poder escapar xamais dese inferno onde as cadeas do amor ali a encerraran" de Marcos ou "Agora só lle quedaba soñar" de Sheila.

Bicos a todos!

Anónimo disse...

Feito por André

Ningun dos relatos dos meus compañeiros me disgusta, están moi ben en xeral. Na miña opinión, cada un deles ten as suas virtudes polo qe fai que o seu relato sexa especial, inda que algún para o meu gusto sobresaliu con respecto os outros.
Entre eles atopanse os relatos de Miguel Figueiras, o cal me parece moi orixinal polo feito de identificar a imaxe con algo tan común na actualidade, o de José Ramón Varela, dando unha gran perspectiva da muller coa descripción, o de Silvia Cervelo que só con expresións coma "a situación superabao" profundiza na situación do que se vivía e o de Diego Fernández, non hay nada máis forte que vencer a morte.

Tamén comentar que hay algúns relatos , que a pesar de ter unha idea moi boa, o xeito de relatar fai que perda viveza e interese no lector.

A seguir así, saudos!

xenevra disse...

Migueeeeel!!! que pasaaaaada!!
Supoño que os teus compañeiros e compañeiras están encantados contigo. Xeniaia as túas achegas. Espero que o resto tamén contribúan ao teu relato. ;))

Anónimo disse...

Weno pois paso x aqui basicamente para dicir q todos os comentarios estan moi ben. Son orixinais, currados e sobre todo, interesantes. De toas formas o q mais me gustou foi o de somoza. Os motivos? Que son un pouco masoca e me gusta pasar medo jajajaja. Agora en serio, pareceme unha historia na que Dani consegue manter enganchado os q a len ata o final e ademais cun final impactante e horripilante. Malia todo aparecen alguns castelanismos como "loca" ou "ocorreu" os q creo q teño q facer mencion pero nn é nada q nn se poida mellorar x suposto. Tamén me gustou moito a historia de Miguel xk é unha historia q facilmente nos pode ocorrer a calquera de nos (esperemos q nn x outra parte jajaja). Tamén me gustou moito o de Diego pola boa utilizacion do vocabulario e esa especie de reflexion q fai sobre o paso do tempo e a loita contra a morte. Tamén me gustou o de Patricia (Patuca para os amigos jajaja) xk entendino como unha forma de criticar á violencia de xénero, tema moi de actualidade lamentablemente, ainda q se necesitaria un pouqiño mais de claridade para poder confirmalo. Weno creo q nn teño nada mais q dicir simplemente volver felicitar a todos polos seus comentarios q sn moi bos ade+ nn son eu quen para dicir q nn. Veña xente noraboa e a coidarse.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
xenevra disse...

Laura:
Cales son esas frases tan profundas que te deizan coa boca aberta??

"Dá fontes do realismo"?? que vén sendo iso que me perdo??

Por que ou que é o que che sorprende do final do de sofía??


Nota: sorprendeume o relato de Suso, esperábame que fora unha rapaza a autora. Por que???

xenevra disse...

Por suposto que vou matar o teu comentario, Jesús
;)))
Ala!!! a traducilo

Anónimo disse...

Como case todos os compañeiros, depois de ler os relatos escollín os que máis me gustaron para comentalos.

O primeiro é o de Daniel Somoza.A pesar de que ten numerosos castelanismos:loca,ibamos,depértame,solo... e tamén erros de escritura:q,compansión,invientou... encantoume como deixa o final aberto da historia para que cada lector decida por si mesmo.

O segundo é o de Silvia,porque tras ese relato tan triste e duro é capaz de transmitir a esperanza tan complicada de ver en momentos así.

E o terceiro é o de Figueiras. Encantoume como dunha foto é quen de facer unha historia tan habitual como esa.Vese un relato tan sinxelo,pero moi pensado a vez.Para min o mellor de todos.Noraboa Figui.

Un saúdo.

SilviA*!! disse...

""Silvia:Por que che gusta a idea de incluír a foto?? Como cres que enriquece o texto??
Nunca é demasiado escribir se serve para axudar aos compañeiros e compañeiras nos seus traballos. Así pois, grazas pola túa análise. ;))""

Aquí estou de novo!! para contestar á pregunta de Susana..
Bueno pois dicir que me encantou a idea de que puxese a foto como parte do relato porque ademáis de que foi algo que non se lle ocurriu a ninguén máis porque lle da outro toque, na miña opinión. Eu penso que lle da unha perspectiva totalmente diferente, porque ao facer que a rapaza da foto sexa a protagonista estamos dandolle vida a todo canto vemos na foto; en cambio, se simplemente metemos a foto como parte do relato estamos a darlle un enfoque secundario, e podemos manexarnos mellor coa historia... Non sei se me equivoco, pero foi a sensación que me deu mentres o lia, e non se me ocorrera esa xenial idea.

Quero engadir tamén que me gustaría poñerme a facer máis comentarios sobre os textos dos meus compañeiros; pero agora é bastante tarde e non estou moi inspirada, prefiro deixalo para mañá ou pasado e facer uns comentarios máis currados :). E grazas aos comentaron sobre o meu texto :):):):)...

E nada... Que sinto o que puxen arriba de que non me ia o corrector :(.. E que non vin faltas de ortografía... Mireino unha e outra vez pero nada... E como os meus compañeiros comentaron a cerca do texto, pero non dixeron nada sobre se había algo mal escrito... Pois pensei que non faría falta cambiar nada.

Pero gustaríame que mo correxises, Susana. Ou dime se hai algo que debería cambiar...

Penso que non se me olvida nada máis...

Un saúdo a todos, e noraboa... Porque como ben dixeron por ahí todos os relatos están moi ben ;)

Bicos

xenevra disse...

entramos na 2ª fase :P:P

QUEDAN CERRADOS OS COMENTARIOS

Anónimo disse...

ola de novo!!

Por partes:

De Marcos gustáronme frases como "Non podía saír de aquel borroso soño onde quedara presa" , "unha espesa capa de area queimáballe os dulces pés como se de unha típica cera se tratase" e "Afogara nun pequeno charco, nun triste e vago charco…"


De Miguel Figueiras gustáronme eses datos tan reais como o do primo, o do flog e o da nai. Ademáis, introduce a fotografía como parte da historia e así o relato aínda parece máis cercano a nós.

De Sofía gustoume ese final porque despois de introducirnos na historia, dando tantos datos esperábame que o fin da historia non fora un soño.

O de Suso sorprendeume que fora el o autor do texto porque métese tanto no personaxe que me esperaba que fora unha rapaza a autora

Bicos!

love disse...

ola de novo!!!!
volvo estar aqui porque ANDRÉ e SARA subiron os textos deposi de que eu comntara.
aqui vos deixo amiña oopinión sobre os relatos.

Empezarei polo de SARA,comentar qu o texto stá ben según o meu gusto,pero creoq eu sería oportuno que cambiaras esta frase porque non me gusta moito "coma unha nena soa e asustada que choraba sangue".Non me gusta eso de chorab sangue.Queda como moi sanguinario,valga a redundancia. Polo demais non cambiaría nada.

Agora continuarei co de ANDRÉ, se fose eu oa primeira liña non me gusta moito" poderias poñer agarrouse con forza a fiestra que guiab a liberdade" non sei poderias cambiar de verbo para darlle máis emoción o teu relato.
Tamén cambiaría a frase final, eu deixariaa en"Ela foi forte e feble, puxo un punto e final a aquel pesadelo".
Non sei ,creo que quedaría mellor así. Para poder imaxinar o final.

E nada que rematei todos os textos .Espero que opinedes sobre o meu, para así poder cambiar algo que non vos gustou.

un bico gordo

abur:)

Anónimo disse...

volvendo ler os que están correxidos diría:

marcos: así está mellor pero se fose meu quitaríalle no final "afogara nun pequeno charco..." e deixaría só "afogara nun triste e vago charco".

somoza:gústame moito a idea, (xa que eres experto en inventar hsitorias de medo...xd) pero vólveo ler e fíaxate nalgunhas palabras que están mal escritas. ademáis eu casi quedaríame ca idea pero redactaríaa dunha forma máis misteriosa.

lovelle:xa que ti comentas a todos e nadie che comenta a ti... "a nosa relación era moi importante?" nn me gusta moito, eu cambiaríaa.mellorachelo para o meu gusto. e a frase do final sígueme encantando.

ague:ese estaba todo inundado do final cambiaríao.a comparación do sarampelo gustoume!jeje

Anónimo disse...

Hola son Sheila,en primeiro lugar felicitar a todos os meus compañeiros de 1º e 2º de bac polos seus excelentes traballos.
Non atopei ningún relato que non mereza ser lido e por suposto destacoume o relato de Figueiras ,encantoume como soubo integrar a foto no relato e convertelo nalgo tan cotiá ,como algo do que fala no seu relato.
Tamén me gustou o de Suso pola emotividade e forza que desprenden as súas verbas, mesmo parece que estas vivindo esa situación.
Veña bicos!!!

Anónimo disse...

Ola!

O relato de Patricia paréceme que é moi realista porque reflexa un tema cotiá na nosa sociedade como é a violencia de xénero. Tamén dicir que parecéuseme moito o de Mirian e o de André en canto a este tema.
O relato de Jesús aínda non o lera pero despois de tantos comentarios da ganas de lelo. Estou completamente de acordo cos meus compañeiros e é que, senón miras o autor paréceche incríble que sea un rapaz.

A historia de Alba gustoume moito quizais porque as súas palabras aportan misterio e fai un xogo co tema da auga.Outra razón é que segundo o vas lendo pódeste imaxinar a situación facilmente.
O de Milli pareceume precioso . Gústame o xogo de palabras, a utilización de contra posicións como “culpable” e “ aliviada”, o espazo que describe tan tenue, e sobre todo o vocabulario empregado .
O de Sheila tamén me gusta porque fai uso desas contraposicións coma “ser fráxil, pero a vez forte” ou “ débil pero capaz de afrontar o acontecido”.Ademais gústame a oración do final “ agora so lle quedaba soñar” porque deixa o lector con ese ¿ que pasará despois?
De Miguel Figueiras dicir que me gustou pola súa orixinalidade, como asociou directamente a foto ás típicas dos flogs; porque a verdade é que foi o único.

O relato que me impactou en canto a contido é o de Lovelle. Pareceume a típica actuación machista da actualidade que decide cometer o peor coa súa dona pero… o final quédaste coa incertidume do que realmente fai tanto el coma ela. Con esto non quero dicir que Miguel sexa un machista je!!

Veña adeus!

Anónimo disse...

Ola de novo!!

Empezo co relato de María: repite moitas veces a palabras “alí” e “el”. E cando di:”Non había nada nin ninguén...” ese “nin ninguén” parece como se houbese cacofonía.

Laura: eu cambiaríalle todo o primeiro parágrafo, deixando” como se fora unha estrela perdida no ceo”. Tamén hai palabras en castelán: gritaba.

Somoza: castelanismos: loca,
E tamén o “q” en vez de “que”.
No segundo parágrafo eu poñería un punto e aparte antes de “xa chegada a madrugada...” e no terceiro quitaría “xa todos durmindo” e poñería máis puntos e non tantas comas.

Mirian:eu so lle cambiaría as repeticións das palabras “del,dela”,porque o resto esta moi ben expresado!!

Nuria: gústame o principio pero a partir de”cotentouse moito xa que...”cambiaría todo e daríalle un punto de intriga, como por exemplo que a operación saíse ben pero que xa na era igual, ou tamén que saíse mal...na miña opinión!!

1 bico
adeus!!!

Anónimo disse...

ola!!

pois aqui volvo estar..jeje, xa que no outro comentario falei dos relatos que mais me gustaron, que mais me..sorprenderon, asi que agora tocalles ó resto, non porque non me gustaran, senon como unha "critica constructiva" xD


Comezo con Laura, que aínda que o "fío" do relato me gustou hai cousas ás que, por decilo dalgún xeito, non lles atopo a maneira..como por exemplo á frase "Ó fondo atopábase ela, soa, de pé, inmóbil, coa mirada cravada no chan como se de unha estrela pérdida no ceo fora." que non consigo entender que relación hai entre a mirada e a estrela..logo tamén hai castelanismos: rocosos (rochosos), gritaba (berraba), e tatareaba se non me engaño é tarareaba, e algunha til tamén hai por aí fuxitiva..

Tócalle a Marcos, antes de nada, que se xa antes me gustaba agora moidificado moito máis, pero sigue por ai segue a haber cousas raras jeje, penso que é doce non dulce, e que tería que ser nesA calella no canto de nesE calella. E penso que queda ben "Afogara nun pequeno charco, nun triste e vago charco…" sen quitarlleo de antes da coma como dicían noutros cometarios, dálle forza, non sei..é a miña opinión.

O de Paulo, gustame moito máis así, porque penso que ó poñerlle nome á rapaza perde misterio.

Sego co de Andrés, que ó igual que Alba eu, se fose meu suprimiría todo o parágrafo do medio ou polo menos algunha modificación faría porque ten "algo" que non encaixa, por dicilo dalgún xeito.

O de Somoza, gustoume polo contrario que o de Figueiras, polo pouco realista xD..só cambiaría unha frase, non cambiala dicila doutro xeito, no canto de "o sono empezaba a dar os primeiros síntomas" poría "os primeiros síntomas de son comezaban a aparecer" ou algo así, que tampouco ando eu hoxe demasiado inspirada..jeje

Agora vou co de Nuria, que a trama do relato me gusta moito, pero non me gusta a maneira de expresalo, o vocabulario como por exemplo a expresión "delgada como un fideo" non sei, eu conservaría a "esencia" do relato pero expresaríao doutro xeito.

E os dous relatos que subiron novos, de Sara e André, tamén me gustaron moito. Sobre todo o de André (perdón Sariña..:P) as palabras que utiliza teñen como..non sei.."vida propia"..PARALIZOUSE, SUFRIMENTO, FUXIR, DENUNCIAR, INXUSTIZA..vamos que me encantou!

Penso que máis ou menos xa rematei, só me queda dicir ..que por Deus que a ninguén lle pareza mal o que dixen do seu comentario porque o fixen "en plan axudar" non en plan "vouno criticar ata caer de cú".Tamén me gustaría que fagades o mesmo co meu para tentar melloralo.

Bicooos!

Anónimo disse...

Olaa!!! Por fin me decidín a facer a miña aportación a este blogue. Nun principio tiña pensado falar dos relatos dos meus amigos/as, pero cambiei de opinión. Vou facelo dos de algunhas das persoas ás que case ninguén lles comentou o seu relato. xD.



-Laura: do teu relato o que máis me gusta é a enumeración do primeiro parágrafo (“...soa, de pé, inmóbil...”). Moi contundente. Globalmente a intención do relato gústame pero eu puliría algunhas das metáforas para que quedase máis poético. Por exemplo, eu non entendo moi ben a de “...un coitelo envolto en lodo como un papel se lle saca a un neno...”. E eu cambiaría algunhas palabras: na penúltima liña quedaría máis lírico “fose” que “fora”...

-Patri: o teu final é potente, cargado de rabia e impotencia, gústame. Sen embargo, creo que o texto faise bastante denso. Eu sintetizaríao un pouco máis e intentaría non só centrarme na descrición do que lle aconteceu a esa muller senón tamén analizar detalladamente os seus sentimentos, as súas emocións... Pódese supoñer que o home que a intenta matar tivo (no pasado) unha relación sentimental coa rapaza? E se é así que conflicto provoca nela? Unha persoa á que quixo moito quere arrebatarlle a vida. Ódiao ou, malia todo, ségueo a querer? Eu creo que nestes relatos o máis importante é centrarse no interior da personaxe. Ollo á ortografía. Supoño que será, como nos pasa a todos, por culpa do dichoso Word.

-Miriam: (lembro que remata en “m”, eh Miriam? Jajaja): pedazo antítese fas ó longo do texto!!! Sempre contrastando o frío coa calor, o amor co odio... sentimentos que están tan ligados xD. É un relato sinxelo, pero fermoso. xD. Eu engadiríalle algo de vocabulario máis potente e desgarrador para resaltar os sentimentos da rapaza cando “el” sofre esa transformación de personalidade.

-Águeda: eu non entendo moi ben o que ti queres contar porque deixas moitas cousas abertas á deducción do lector. Eso si, encántame a túa alusión ó sarampelo. Jajaja.

-Alba: é un relato curto pero consigues crear esa sensación de claustrofobia. Gústame a comparación cunha gata en celo. xD. Aínda que, como lle dixen ós outros, eu recrearíame un pouco máis describindo os sentimentos e as emocións da personaxe. Ah, en galego o exclamativo “como” non leva acento.

-Silvia: o que máis me gusta é o final, a última liña. Non teño moito que dicir do teu Silvia. Está moi ben. Sobre todo a comparación do rapaz cunha parede, co xeo. xDDD.

Coidado coa ortografía. Problemas do Word supoño.

-Nuria: o teu é moi esperanzador. Quizais puliría algunhas expresións... e faría oracións un pouco máis curtas. Cando as persoas estamos emocionadas por algo que vai acontecer poñémonos frenéticas. As oracións curtas daríanlle dinamismo ó teu relato, o que simbolizaría moi ben a emoción que “ela” pode sentir por recuperala súa visión. Nas preguntas en galego escríbese “por que” (liña 3). Bueno eres á única que non coñezo así que espero que nada do que puxen che moleste.



Xa está. Non me enrollo máis. Que esto parece máis as miñas memorias que un comentario. xD. Se teño tempo, comentareille ó resto. Veña aburiño. xDDDD.



PD: perdón por posibles erros ortográficos. Escribín demasiado rápido.

love disse...

OLA DE NOVO!!!!

pois nada que vou comntar os relatos de Noelia e José ramon Carballo que acaban de subilo.

Encanto o relato de Jose ramón non me gustou moito. O contido do texto non se estnde moi ben . Se o relato fose meu,cambiarialle"pensaba en todo o que deixaba fora amigos, familia e non vivía" ese non vivía non se entende moi ben .Ademais podemos apreciar certas falatas de orotografía como en fóra,máis ...
Tamén modificaría "xa o vivira antes pero esta
vez facíaselle moito mais duro porque non o esperaba" non se entende moi ben o que quieres dicir con eso.Pero como xa sabes esta é a miña opinión.

En canto o de Noelia, modificaría esto "A familia tíñaa lonxe,".A oración seguinte acortaríaa"Recorreu camiños e camiños na procura dunha escola abandonada onde refuxiarse. Atopouna"e por Último esto eliminariao"Era algo estraño porque a súa profundidade era cada vez maior pero...decidiu adentarse e probar sorte... "

ahh!!!! que se me olvidaba o de BRAIS.En primeiro lugar;borraría esto"coma una pita sen cabeza" porque non me gusta nada de nada.A oración seguinte poderia suprimir non me gusta e non aporta nada de información interesante"Aspirando o vapor que rodeaba o cuarto como unha espesa néboa e cunha cunca de te quente nas mans".Tamen modificaría esto ,poneriao doutra forma mais breve"Repentinamente, a cunca quebrou nas súas mans sorprendéndoa. Vestiuse rápida como o vento dirixíndose a cociña, onde a esperaba un anaco de polo tan negro como o carbón. Non estaba a ser un bo día"..
para ser mais breve eliminaría o 3º parrafo non e útil so esta de adorno( so nos explica o que fai) se fose eu borrariao todo.


polo demais bastante ben ..


veña espero a vosa axuda co meu cmntario jejeje


xao
abur

love disse...

perdoade polos erros de ortografía, pero esto de querer escribir rápido e non dar non vos é un choio.jejejje
perdón por esas faltas o emsmo por palabras que están escritas daquela maneira(mal) jojo
pero bueno o importante é o que saquedes en limpo para así poder modificar o relato.


abur
boas noites
xao

Anónimo disse...

ola!!
vou empezar polo de María:a historia en si non está mal pero eu cambiaría ou suprimiria palabras.por exemplo:"non habia nada nin ninguen" soa mal tanto "nin" xunto,na seguinte oración "Alí estaba el, sentado. Achegouse a el..." sacaría o segundo "el" porque se entende perfectamente.e por ultimo unha tonteria, ou eso creo:soame raro o de "o resume da súa vida ata había dez anos". en xeral gustoume.

O de Miguel:o que lle aconsello e acurtar ou poñer algun signo de puntuacion na frase "Eu estaba no fondo xunto a porta cun misto antigo na man a punto de soltala cando me dixo que non o fixera, que a cambio, ela sería a miña muller para sempre", para o meu gusto cambiaria a palabra "face", pero repito que o ultimo e por gusto propio.

Miriam: so decir que se corrixes o relato por favor che pido que non cambies as seguintes expresions "cálidos coma unha noite de verán" , "saír do pozo negro no que se atopaba" e "Xa podía voar, por fin era libre ".

Agueda: non esta mal pero eu non entendin moi ben o final "estaba todo inundado" non sei a que te refires. pero pode ser culpa miña...

Alba: non teño nada que dicir, non cambiaría nada...

Silvia: tamen me gusta pero suprimiria algo "escapar con el ao seu lado " creo que e un pouco redundante.

Andrés:estou de acordo en que as frases das que falaron os compañeiros non as debes cambiar.o final creo que poderia rematar en "empezar de novo", queda mellor.

Bueno, maña remato con mais relatos que xa non discurro moi ben.

saudos!!

SilviA*!! disse...

Ben, xa que da outra vez falei só dos textos que me gustaban, agora intentarei ir texto a texto e comentando o que cambiaría e o que está perfecto.

Do relato de María gústame sobre todo, como penso que xa lin por algún comentario, que deixa gran parte da historia na nosa imaxinación. Non cambiaría case nada, salvo a terceira oración, porque me parece que pode mellorala (“entrou no cuarto onde gardaba o resumo dos dez últimos anos da súa vida”, ou algo así), pero isto é só unha opinión. Ademais acabo de darme de conta agora de que repetiu el dúas veces ao final (Alí estaba el, sentado. Achegouse a el...)

O de Laura gustoume por varias expresións que empregou como a do aire que abre a porta, a mirada cravada no chan, a estrela perdida, as ondas que golpeaban os acantilados... Pero sen embargo cambiaría unha destas, paréceme que onde puxo “como se de unha estrela pérdida no ceo fora” quedaríalle mellor “como se dunha estrela perdida se tratara”, ou algo así. E despois ten algunhas faltas de ortografía por ahí, que xa comentaron os meus compañeiros, o resto paréceme que está ben.

Do de Marcos, xa comentei o que me gustaba. E penso que xa cambiou os pequenos erros que tiña.

Do de Somo xa non recordo se comentei algo, pero tamén foi un dos relatos que me gustaron. Unha das razóns polas que me gustou débese a que foi unha das poucas persoas que poñéndolle nome á personaxe escolleu un nome moi axeitado. E se lle mandase cambiar algo, diríalle que ten un montón de faltas de ortografía ;), pero que polo demais e pola forma de redactar en xeral, para min, está ben.


O de Piñeiro pareceume un relato moi bo, a pesar de que eu non son tanto de historias de medo... Gustoume en xeral porque redacta moi ben, e porque o final é... Encántame esa frase... “Dende entón teño a sensación de que alguén me vixía as espaldas alá por onde vou”. Pero aproveito isto para decirlle de paso que é costas, pero bueno, non son a máis adecuada para falar de faltas de ortografía :(:(... Tamén estaría ben que tivese coidado con palabras repetidas “o correoso verme do temor corría”.. Polo demais gustoume.

O de Patri encántame... A verdade e que agora que os leo de novo, e con máis calma, vexo que hai un montón de textos que pasei por alto (quizais por présa). Agora decátome de que este me encanta :)... O recurso que me parece imprescindible, e que se o vai a corrixir lle diría que non o cambiase por nada é o do flash-back (ou non sei como se dicía xD), pois pareceume xenial. Así como tamén me encantou o final, que tampouco cambiaría, porque deixa non aire o que pasou co home, aínda que sabemos que ela está viva. Se tivese que cambiar algo... ten algunha faltiña por ahí... pero coma todos.. jeje.. Polo demais encantoumee...

Do de Love dicirlle que os pequenos cambios que fixo lle quedaron xenial, pero agora é o momento de profundizar máis noutros detalles. Agora que tes claro como queres que sexa a estructura do teu relato, podes cambiar os verbos e adxectivos por outros que expresen máis, e así darlle forza ao relato. E, como todo o mundo di, que por nada cambies o final!! Chulísimo :):).

Do de Suso xa falei, pero só lle dixen o que me gustaba. Se me mandase cambiar algo, ademais dalgunhas faltas como placer (pracer) e grabada (gravada), melloraría algunhas expresións. Non sei, paréceme que onde puxo “portazo á porta” debería poñer “porrazo” ou algo que se lle pareza (eso si, que non cambie a palabra porta, porque dela depende a frase seguinte). Algo que deixaría intacto é a última frase, porque é preciosa.

En canto ao relato de Mirian, que tamén xa lle dixen o que me gustaba, penso que non cambiaría nada. Non atopei faltas de ortografía por ningures. E paréceme que todas as palabras que puxo as escolleu con moi bo criterio. Persoalmente, penso que está xenial así.

Do texto de Milli dicir que me encantou, e que me pasou como co de Patri. Non me fixara moito nel, lino rápido e gustoume, pero non me parei máis. E despois de lelo encántame todo en xeral, vocabulario moi ben escollido e oracións perfectas. Só cambiaría algúns despistes na ortografía “nus”, “manequín”.. Pero repito, que iso corríxeo calquera, e non ten moito mérito que lles diga as faltas. O texto gustoume.

O de David Meijide, agora que o leo por segunda vez, tamén me gusta bastante. Paréceme moi triste, porque trata un tema moi delicado, pero é impresionante como escolle cada palabra e a fai encaixar en cada frase. Simplemente gustoume. E faltas... só “acendeu”... En canto a redactar está xenial.

O relato de Sheila, ao igual que moitos outros que estou descubrindo agora, tamén é precioso. Triste, tamén, pero moi cargado de esperanza, sobre todo nas palabras do final. Gústame todo en xeral, e non atopo nada malo (só doce, pero en redacción non).

En canto a Águeda gustoume o seu relato, pero pareceume que se fai demasiado complicado querer expresar algo concreto nun fragmento tan curto. Paréceme que a expresión “todos os que me oísen” podería suprimila, porque mediante un berro xa se entende que é como quere contaxiar esa alegría. Ademais, cambiaría ou “berrar” ou “berros”, que están repetidos moi perto. E trataría de darlle un enfoque hacia algo máis concreto, contar porque estaba alegre, ou, non sei... algo así. Gustoume a comparación co sarampelo ;).

Do relato de Alba comentar que me pareceu incrible a expresión “os seus ollos nocturnos”, porque para min xa non fai falla que especifique máis adiante a que se refería con iso, nocturnos xa da a entender de sobra de que animal estamos a falar. Por iso, suprimiría “coas suas unllas da gata en celo”, porque xa está todo dito coa expresión do comezo. Non cambiaría nada máis, o resto está ben.

Bueno... Do de Diego si que non teño moito que comentar, porque como xa sabía do ano pasado e el confirma cada vez que nos ensina algún relato seu, é un gran escritor. É un relato moi emotivo e centrado sobre todo, segundo o meu parecer, nos sentimentos e nesa loita continua contra a morte. A parte máis importante do relato para min é a do principio pola referencia que fai á fugacidade do tempo (debe de ser unha obsesión xa, non o sei, pero encántame todo o referente ao tempo nun relato deste tipo... xD). E nada máis, o resto está xenial como está... Que por certo, gracias por axudar co texto!! E intentarei cambiar eses fallos!! Jeje.

Do relato de Erea penso que xa comentei varias cousas que me gustaron. Debo engadir, que non atopei ningún erro, e que só cambiaría unha cousa: a primeira oración. Paréceme que te liaches un pouco con todo o que querías expresar. Eu dividiríaa, ou intentaría sintetizar todo, para que non quedase tan artificial, non sei, porque me soou un pouco raro mentres o lía. Pero polo xeral encántame, e o mellor sen dúbida para min é a esperanza que engade o final... con ese “Hoxe é un novo día. Eu penso emerxer de min mesma e quizais, por que non?, mercar eu tamén un billete para Londres.”...

De Vero comentar que en xeral para min está moi ben!!.. Que todo o texto está escrito con moita emotividade e describe moi ben todo canto acontece no relato. Quizais unha das cousas que faría sería procurar poñer frases máis curtas, e coidado con esa falta do principio (“cara” en lugar de “hacia”). Penso que nada máis, tamén me gustou moito :).

Do de Figueiras xa comentei todo o que me gustaba, e xa vin que fixo algún que outro cambio. Gústame o cambio do primo ;), que introduce novos datos jeje. Logo hai por ahí algunha faltiña, pero como ben dixo Diego, é o Word que nos trae a todos tolos!! xD.


Do de Amis dicir que me encantou como describe á rapaza, e todo ese mar de dúbidas que a envolve. Pero eu intentaría por oracións máis curtas, porque case te quedas sen respiración léndoo. E coidado con palabras repetidas (rápido) ;). Penso que nada máis, encantoume a parte da descripción!!...

O relato de Paulo foi o outro (xunto co de Somo) que me gustou, unha das razóns, polo nome da rapaza. Paréceme que Ánxela é un nome fermoso para un personaxe ao que máis adiante envolve no misterio do que lle aconteceu despois de cruzar aquel camiño. Todos nos preguntamos ¿Que cambiou? ¿Que entendemos por todo? Cada un imaxinarase o que lle apeteza... E por eso me gustou, penso que non cambiaría nada.

Do de Andrés xa dixen o que me gustaba. Cambiaríalle, como xa comentamos en clase, as repeticións e as redundancias, e algunhas expresións que quedarían mellor se se deixan na mente do lector. Gustoume especialmente, que creo que non o comentara, a forza que nos transmiten as oracións que escribiu.

Do relato de Nuria comentar que me gustou moito a súa emotividade, pero quizais non expresa todo o que lle gustaría. Cambiaría a maneira de presentar os “datos” da historia. Parece que cada vez que nos da un dato lánzao así sen máis sen pensalo; o mellor sería que fose pensando como ir introducindo ao lector nos sentimentos da rapaza e na situación. E tamén pode substituír moitas palabras do texto por outras que expresen máis (por exemplo, substituír eso de “delgada como un fideo”).

De Sofía creo que xa comentei algo, ou o escribín directamente aquí, ou xa llo dixen a ela. Pero quero comentar tamén outra vez, porque despois de ver o primeiro texto que fixo pareceume que cambiou quizais cousas que eran moi importantes. ¿Porque cambiaches totalmente o final? Non quero dicir con isto que este texto non me guste (ao contrario, é chulísimo), pero quizais o outro era.. non sei.. diferente. E non lle cambiaría nada.... Gústame tal como está.

Do relato de André, dicir que me gustou en xeral, por ser unha forte crítica e un relato cargado de sentimentos contradictorios. Non sei moi ben que quixo dicir con que se quedou entre a fiestra e a porta... eu poríalle simplemente que se quedou ante a porta ;). E do resto penso que non modificaría nada, bueno, as faltaas!!... E por último, dicir que me encantou eso de... “buscar o camiño da ledicia”... :)

Gústame o relato de Sara... paréceme (se non me equivoco) que xa o modificou dende que o lemos na clase, e para o meu gusto quedou moito mellor. Só lle cambiaría eso de “choraba sangue” sóame raro.. jeje.. pero quizais sexa algo imprescindible para a forza da historia.

((e agora que vexo que colgaron máis relatoos.. teño que comentar tamén sobre eles!!:(:(..))

Comezar dicindo que co relato de Joserra e Noelia pasoume o mesmo que co de Nuria.. paréceme que poderían expresar moito máis, que o relato pide a berros algo de "paixón" xDDDD (só unha opinión) jeje :). Pese a isto, atopei unha diferencia entre os dous, o relato de Noelia cambia totalmente no final (cambia de estilo, de forma de describir...)

E menos mal.. Pensei que xa non acababa!! :(..

Perdón polas faltas, e por soltar tanto roio...) Espero que a ninguén lle pareza mal que comentase así.... Penso que se dixen todo isto foi só por axudar... E pedir que me axudedes tamén a min co que podería cambiaaaar!! xD..

Nada máiss..

Un biicoooo!!!!

Anónimo disse...

Hola!! Por fin me estreo nos comentarios.Gustáronme bastante todos pero uns máis ca outros.

O de SHEILA: impresionoume o principio e o final foi perfecto aínda que eliminaría o terceiro párrafo ese que di "Nese momento o corpo..." penso que xa somos quen de imaxinar como estaría ela nese momento.

O de Andrés: encantoume sobre todo cando di"Aumentaban nela as gañas de sentir que non estaba morta,de atopar a alguén de verdade con quen derramar todos os seus secretos."

O de Diego Fernández: gustoume a súa maneira de espresarse e o uso de oracións curtas facíano máis intrigante. Penso que pode quedar así.Eso de que non me coñeces..non importa.

O de Alba: o uso de preguntas facíano máis importante, para que non nos perdéramos no momento da lectura pero o final cambiaríallo porque non me gusta como despois de todo o que lle fixo o vise debaixo da auga.



Un saúdo.

*_*

Anónimo disse...

olaa!!!

comoezo co de NOELIA:eu cambiaria algun dos verbos do principio(deixaraa,botaraa,tiñaa) porque e moi repetitivo, moita "a" xunta.no penultimo paragrafo aparece duas veces o verbo ver, quizas se poderia cambiar un.por ultimo,se fose eu o final terminaria en "tal vez estea viva noutro lugar do mundo".

JOSERRA:penso que a primeira oracion deberia cambiala "Miraba o fronte do pasillo, vía a súa sombra no reflexo da auga, pensaba en todo o que deixaba fora amigos, familia e non vivía." por exemplo:poñendo unha e entre pasillo e via e un punto despois de "auga" e o de vivia non sei a que se refire.
no ultimo paragrafo deberia poñer un punto para non facer a oracion tan larga e tamen cambiar o seguinte "Considerábase totalmente desafortunada e tamén que non debía estar alí", pois ese " e tamen" non ten moito sentido.

ANDRE: so decir que bagoas e con b, por si non se deu conta e, no final, eu poñeria un punto despois de ningures ou unha coma entre camiño e a ledicia.

SOFIA:pois non sei que che podo decir, en xeral esta ben, asi que mellor calo antes de dar un mal consello.

bueno, por oxe remato xa que a entrega se pospon.

saudosss!!!!

Anónimo disse...

Ola!!
Bueno, pois despois de 40 comentarios aquí estou eu...pero máis vale tarde que nunca nn??
Primeiro, vou comezar polo de Brais. Aínda que trata un tema bastante frecuente, sorprendeume o feito de que oa final fose ela quen matase ao seu agresor e non ao revés. Pola outra banda, eu cambiaría a metáfora "vestiuse rápida como o vento" porque soa bastante común...quizáis poría unha máis orixinal ou simplemente a quitaría substituíndoa por un "rapidamente" se máis.
No de María gustoume moito a oración "alí gardaba o resume da súa vida". Pero ,sobre todo, gustoume o desenlace: cando ela sente a súa presenza e o atopa sentado detrás súa. Ese sentimento de que sintes que hai alguén cando sabes que estás soa e que non ten explicación lóxica.
O tema que tratan Daniel e Piñeiro é un dos meus favoritos e por iso debeu ser que me gustaron. Neste tipo de relatos o que considero que máis importa é un final misterioso e un tanto fantástico, creo que o coseguiron. Destaco a última oración de Piñeiro:"Desde entón teño a sensación de que alguén me vixía as espaldas alá por onde vou." pola mesma razón que me gustou a de María.
A historia de Patricia aínda, que non entendo moi ben se ela morreu no incendio ou non,si podo dicir que está moi ben escrita e que se fora eu só lle introduciría uns cantos datos máis para que non quede tan confusa. É que primeiro dis que lle quedan poucos días de vida e despois cando dis "O resto podédelo imaxinar" eu non o dou imaxinado...morre ou non morre??
O seguinte é Miguel Lovelle. Primeiro aconséllote que saques:"tiñamos dous enormes mares azuis cos que nos mirabamos." porque opino que soa demasiado a poesía de mala calidade como ti dis da gasolina... Polo demáis, describes a típica situación do amigo namorado da súa mellor amiga que, penso, é unha boa elección. Ademáis daslle ese toque tráxico e un pouco macabro moi propio de ti.
A historia de Sheila sorprendeume no ben que relatou unha historia de amor cun final tráxico que, a miña maneira de ver, resulta moi complicado expresalo sen habelo experimentado antes. E como non teño ningunha obxeción, está entre os meus preferidos. O mesmo ocorre co relato de Silvia. Expresa moi ben o sentimento dun amor non correspondido. Aínda que, neste caso, non podo dicir que non o experimentara pois non o sei.
Por último, pareceume moi orixinal o relato de Verónica xa que trata un tema que creo que ninguén escolleu. Describe a casa dunha muller, o seu fogar da infancia que ao velo totalmente desgastado polo tempo deprímese de tal maneira que chega a quitarse a vida. Quizáis pareza un pouco esaxerado pero creo que o que pretendía era salientar que o fogar é unha parte moi importante das nosas vidas, o lugar dos nosos primeiros recordos.
Sinto non poder comentar ao resto da xente pero é que non teño máis tempo...
Espero que os meus comentarios sirvan de axuda.

Anónimo disse...

ola de novo!!

Vou comentar os textos que se publicaron recentemente:

No de Sofía non encontro a relación entre cando di "O corredor estaba inundado e impedíame chegar ata a porta para dicirlle cun berro que o quería" que ten que ver que non puidera chegar a el con que non o puidera oír?

O de André esta case perfecto; na miña opinión cambiaría ese final "busco a ledicia", non me sona demasiado ben.

O de Noelia gustoume o final pero cambiaría verbos como "foi ver" por observou e "deixaraa" por abandonara"

Bicos:)

Anónimo disse...

Quedábanme só un par de relatos... Odio os ordenadores!!! :(:(

Volverei comezar logo...

Dicir en 1º lugar que noraboa a xente que modificou os seus relatos... Foron a millor. ;)

Comezar co de Brais, que me gusta a críticaa muller maltratada... inda que oracións coma "coma unha pita sen cabeza" ou palabras como aquilo non me sonan moi ben no relato... Ah! E matalo cun martillo.. vaites!! :S:S
O de maría moitísimo mellor!! ;);)
O emprego de frases curtas fan que teña que estar atento todo o tempo o relato... Inda que confúndeme co de que lle daba a sensación de que estaba alí e logo aparece... :S inda así o de fundirse nun eterno abrazo quedouse conmigo :)
A descripción do inicio de Laura encántame... fai que se pare o tempo cas súas expresións. Tamén grandes contradicións "a alcanzarme, mais a distancia separábanos cada vez máis". O final no que desaparece dame lugar a imaxinarme como acaba toda a historia... seguirá nua?? :) Non son o ápropiado para dicir esto... pero ollo coas faltas!! ;)
O de Marcos é xenial... inda que na miña opinión algúns adxetivos podíanse suprimir (borroso, DOCES...) e ser máis directo. Non dar fuxido por amor... :( Non lle dou correxido nada máis.. gústame :)
Do de Dani dicir que me encánta o final "Tócache" así como decir qe non me gustan os nomes nun relato tan breve , e as palabras abreviadas non pegan moito... :P (q)
O de Piñeiro moi ben. Inda así datos coma a idade... penso que se poden suprimir. Unha tenebrosa lenda... boa idea ;)
O de Patricia como alguém dixo antes é clave a volta atras :) é un relato moi bo. Como pegas as oracións tan longas quizáis... Pero debe ser que a hora de escribir non se dan contido os implusos... (Moi bo ;);) )
O de Miguel está ben, che de sentimentos... pero ollos con repetir palabras ( Ollos ) así como que escupir... Non é dos termos que máis me gustan :(
Do de Suso que está moi ben o de " a culpa dos demais..." non sei como pero sempre pensamos así ;);) Ollo coas faltas de ortografía... e penso que deberías de tentar romper algunhas oracións... non hai pausas no relato. Tamén algunhas palabras que empregas así como final... "cos ollos chorosos tumbeime a esperar tontamente a que o tempo fixérame olvidar a alguén a quen quixen dende tempos inmemoriables. " abraiante :)
Do de Miriam que me dades medo con tantas mortes... :( tamén comentar como aí atras que ollos chega con nomealos unha vez.. =) As verbas que empregas gustánme moito, como o cambio tan drástico que se sucedeu... Voar = liberdade.. bo reflexo ;=)
O de Milli encántame ( se dig que algún non me gusta , minto ;) ) Os ollos tal como os tivera non supoñia nada... era o mesmo ;);) Tamén o final contradictorio de que sentíase coma se fixese algo por ela mesma... aliviada... a que ese odio perduraba nas súas veas... Xenial ;)
O de David preséntao xa cunha morte... algo moi forte que fai que sentintamos máis o relato. O non saber cando voltar danos lugar a imaxinar que faría... Gústame moito... Non dou posto pegas ;)
O xogar co tempo sheila continuamenmte fai que non poida perder detalle... Así coma o grado de loucora encántame... é o máximo no ? ;) Busco erros pero non os atopo... Único a comparación cunha vara verde... non lle atopo moito sentido :S
Águeda faime pasar dun estado de éxtase, de lediza a derrumbarme de súpeto... xogas cos sentimentos moi ben, das detalle con moitos adxetivos e fas sentir a historia. :D Inda que non sei... Gústame o contraste pero sego sen atoparme: estaba feliz, agora derrumbado... dame algunha pista de que me pasou ;)
O de Alba... encántame os contrastes así como esas frases breves pero cheas de sentimentos. Quedachete conmigo, non o modifiques!! (So algún erro ortográfico... ;) )
Da poetisa de Silvia comentar que despois do dito na clase non creo que se podia mellorar moito máis. Gústame o da busca a liberdade ;)
Do de Diego... manexa un uso ads palabras abraiante... Un relato moi moi bon, vencer á morte... non se pode pedir nada máis ... íncribel
En canto o de Erea... a 1ª oración faiseme cansina... e frases coma "por ali" non pegan , deberiase concretar máis, so con Londes penso que chegaría. Tamén "por que non?" poñería o final, farías que imaxinaramos o final máis claramente. Gustoume... será un sono?
O de Verónica penso que o uso de oracións de novo demasiado longas, fai que un se canse o ler. Intentaría poñer máis pausas... Tamén expresións coma en definitiva tentaría suprimilas, dame a sensación de que é un comentario crítico. Tamén dicir que o ultimo paragrafe está cheo de sentimentos, de emocións fortes... dalle forza o relato ;)
O de Miguel Figueiras foi o que máis me sorprendeu de todos... como dun tema tan habitual na actualidade , a partir dunha imaxe... consegues relacionar todo, fantástico. E despois o introducir a familiao ou amizades fai que o relato seña máis cercano, moi bon!
En canto o de José Ramón, o xa dito, que a descripción da muller fai que no la imaxinemos, coma se estivesemos con ela. Como maior 2"erro" vexolle o segundo parágrafe, pensei que nunca remataba, eu puntuaríao doutra maneira.
Do de Paulo quédome coma un simple camiño logra que pensemos que en realidade ten algo especial... E tamén sorprendeume como a choiva pode relacionar lugares diferentes :) O único que non me gusta e o de "e foi feliz" non lle atopo moito sentido no relato... Na miña opinión pondría "puxoselle a cara leda o recordar... " inda que repito, opinión miña. ;)
Do de Andrés nada que comentar do que non se dixera, podía discrepar nalgunha cousa, pero tras as modificacións, e co uso das súas metaforas, quedouse conmigo =)
O de Nuria inda que o modificou, as comparacións que emprega non me resultan demasiado "profundas", dame a sensación de que o tema que aborda está ben encamiñado, pero relatao dunha maneira demasiado supercicial e simple (paisaxe verde, rosas vermellas...). Inda así gústame como na maioría dos relatos a forza coa que a protagonista cruza a porta, deixa atrás os seus medos.
O de sofía rompeme completamente, recibe a chamada, ela tamén o quere... e era un sono! bonito relato ;);) o único que non lle vexo que seña imprescindible e o da fría cama, podiase quitar sen afectar o relato penso.
O de Sara... quero imaxinar donde estaba, pero non dou, serán cousas miñas xD tampouco lle vexo relación a "Entraba nun mundo novo, coma unha nena soa e asustada que choraba bágoas de soidade" non me ten coherencia... resto non lle atopo posibles modifiacións, está ben :)
Do de Joserra sei o que quere expresar pero na miña opinión non está ben expresado :P tamén o de non vivía? non lle atopo sentido :( Sem embargo, gústame que manten en vilo todo ate o final, non hai solucións posibles ;)
E o de Noelia... !! pareceme unha xenial idea a das pregúntas retóricas... Descolocame algo o de que o perde todo, atopa a escola e de repente volve perderse... que lle pasaría ?? ;);) Como correción ollo coas faltas, e en canto o final podíase redactar doutro modo para deixar unha maior intriga. Inda así ben =)

Último!! Sinto se non estades de acordo coas miñas opinións, pero por algo son miñas, so intento axudar ;)

Saúdos e perdón pola tardanza!

xenevra disse...

Uns comentarios moi cumpridos. Grazas pola vosa participación e esforzo; sei que as compañeiras e compañeiros agradeceron a vosa axuda... e eu tamén.
Foi boa idea deixalos madurar ;)))