Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
12:44

Creatividade visual

Publicada por xenevra |

Tras ver este vídeo debes crear unha historia (ninguén dixo que tivese que estar relacionado ;))



Leti

Amence un día máis, eu levántome, síntome confusa, á noite algo raro ocorreu, non sei se o soñei ou era de verdade. Primeiro espertei nun río, o intre noutro diferente, e o pouco atopábame flotando no mar xusto enfronte dun barco vikingo. Nel había uns homes, todos únicos, sen ningún parecer entre si,uns con potas na cachola, con bigotes, con diferentes vestimentas...non había un igual. Pero a historia non e pa rir, posto que as seguintes imaxes non as entendo. Despois deste última, aparecín nuns matorrais ao carón dunha pequena barquiña na que se atopaba unha rapaza con cara de asustada. Cando lle intentei falar desapareceu,quedouse todo en negro eu tiña medo, moito medo. De súpeto outra visión, unha moza case igual que a outra, cun meniño,ían todos porcos, as súas caras negreaban, coas bagoas polas meixelas abaixo, e os beizos morados do frío, eu miraba a dereita e víase un gran oco escuro, sen fondo, a esquerda o mesmo panorama. Cada vez asustaba me máis.

Unha muller guerreira, foi a seguinte imaxe. Esta si que non a entendía, ela estaba pintada cuns debuxos extranos negros na cara, agarraba unha lanza, a parte da imaxe so cambiaba unha cousa, o burato non era negro era vermello.

De súpeto espertei levanteime para ir ao baño, abro a porta e que pasou? Onde esta o meu aseo?

Unha rapaza chora nunha esquina, quero volver, dar marcha atrás pero non atopo a saída. Onde está a porta pola que entrei? A miña cabeza, solo formulaba preguntas e preguntas, sen atopar resposta algunha. Volto mirar e hai unha porta branca, que máis pode pasar? xa non me asustaba nada e perdendo o medo que me quedaba entro. Un prado, coas súas árbores, as montañas ao redor, flores... empezo a correr rindo dun lado para outro, era feliz. Pero a felicidade durou pouco, unha moza tirada no chan, achégome e mírolle aos ollos, non parpadea, a súa mirada perdida asusta. Non lle late o corazón, está morta. Eu póñome a chorar berrando desconsoladamente sen saber que facer.

Cando ergo a cabeza, de novo a imaxe cambia, un cementerio con névoa e o que vexo agora, miro ao horizonte e vexo que alguén se achega, cando se acerca doume conta de que é miña nai, corro a abrazala, pero atravésame e fai que non me ve.

Camiña cara adiante, e parase diante dunha tumba. Achégome, e decátome de que e a súa. Quero mirala os ollos e a imaxe volta cambiar. Unha lúa chea vexo agora. Esperto e achégome a xanela miro tras ela, a mesma lúa, que casualidade, penso. Que sería o soño, sería miña nai mandándome unha mensaxe, non o sei pero averiguareino.


Elisa Rivas 3ºA
Nunha fermosa illa do Océano Pacifico, na torre mais alta do castelo tiñan presa a princesa Clotilde, tendo o desexo de que algún nobre cabaleiro a rescatase para escapar con el a un lugar apartado.
Clotilde levaba encerrada na torre dende moi cativa. Os cativa, porque a súa beleza volvía tolos a todos os que a miraban aos seus ollos azuis.
Contaban as lendas que cando a moza cumprira os dezasete anos o mundo enteiro comezaría unha longa batalla para decidir quen sería o afortunado en ir a rescatala.
A princesa soñaba todas as noites co príncipe Federico fillo dos seus tíos, que coñecera cando ela era moi pequena.
O rapaz tiña o cabelo louro e sedoso, uns ollos dun verde intenso e un sorriso perfecto que alegraba a calquera nos dias mais tristes da súa vida.
No seu soño, nunha noite de lúa chea o dea do seu cumpleanos, Federico resultaba vencedor da batalla e atravesaba o castelo correndo en busca dela.
Pero pasaron moitos meses despois de que a moza cumprira os dezasete anos e o seu rescatador non chegaba e a pobre Clotilde desconsolada morreu de tristeza.


Adrián Teixeira
Estaba eu un día soleado e de calor cos meus amigos na montaña, polo medio desa montaña, onde decidiramos ir pasar o día, pasaba un gran río, onde ían os pescadores cada verán no tempo da pesca. Ao acabar de merendar decidimos ir explorar aquelas fermosas e verdes montañas, para coñecelas un pouco mais polo miúdo, entón recollemos as mochilas e puxémonos en marcha.Entón cando nos puxemos a descender polas rochas abaixo, observamos o lonxe un gran barco de madeira, así que collemos e aceleramos a marcha, para ver se nos dabamos achegado a el, e así foi, cando estabamos ao seu lado observamos que había un montón de homes a bordo del, e un dos meus compañeiros preguntoulle ao capitán se nos podían levar, eles responderon que si, que nos levaban, e aínda que os homes tiñan pinta de mala xente, nós subimos igual ao barco. Cando subimos puxémonos a avanzar rio abaixo, a nos leváronos a unha das habitacións do barco, ata que de súpeto empezamos a escoitar uns berros que procedían dun armario vello que había nese oco, e decidimos mirar que había aí dentro. Abrimos o armario e levamos unha gran sorpresa, porque dentro dese armario vello atopabase unha rapaciña moi ben vestida, tiña as mans atadas e a boca tapaba cunha bufanda para impedirlle falar. Nós decidimos desatala e preguntarlle que porque estaba metida nese lugar, e ela respondeunos que os homes a secuestraran, e que querían saber onde se atopaba o castelo de seu pai, que era o home mais rico da zona e era un dos reis con mais poder do país. Os ladróns queríanlle roubar o seu ouro que tiña gardado no castelo. Ao pasar un anaco o barco detívose e rapidamente os homes nos viñeron a buscar, berrando e con malas formas porque se deran conta que descrubiramos a rapaza. Colléronnos e baixáronnos do barco a empurrós, leváronnos ata o castelo do famoso rei e obrigáronnos a entrar. Dentro do castelo atopabase o rei, e de súpeto os ladróns colleron e amenazarono cun coitelo, e obrigáronlle que lles dera todo o ouro e o diñeiro que tiña na caixa forte, pero o home respondeulles que non lles ía a dar nada, así que os homes enfurecéronse aínda máis e empezaron a quitar pistolas e coitelos. Meus compañeiros e máis eu puxémonos moi nerviosos, xa que daban moito medo con todas esas armas. Entón os meus amigos e mais eu, mentres os homes lle obrigaban ao rei a darlles o ouro, facer un plan para conseguir vengarnos daqueles homes, nós dixémoslle a filla do rei que se puxera a chorar, para distraer os ladróns, así que a rapaciña púxose a chorar, cando estaban entretidos preguntándolle que lle pasaba, eu e mais un compañeiro meu fuximos saín que os homes se deran de conta. Ao cabo dun anaco fumos intentar buscar axuda, pero a uns metros do castelo atopamos unha casa vella de madeira, coas xanelas rotas e demais, como as casas vellas e arruinadas de toda a vida, así que o meu amigo e eu entramos dentro da casa, dentro da casa atopamos un montón de caixas vellas de madeira, estaban cerradas, así que collemos e puxémonos a abrilas. Dentro desas caixas había montóns e montóns de foguetes e artefactos pirotécnicos , porque esa casa fora, facía moitos anos dun fabricador de foguetes para as festas do pobo. Puxémonos a pensar e pensar, e saliunos a idea de fabricar unha bomba que fora capaz de derruír o castelo. E así foi, entre o meu compañeiro e mais eu puxémonos a fabricar o artefacto. Dalí a media hora xa tiñamos a bomba perfectamente construida, así que collemos e volvemos o castelo coa bomba. Ao chegar o castelo entrei eu de novo e deixei a bomba nas escaleiras do castelo, e continuei subindo ata o lugar onde se atopaban os homes, o rei e a súa filla e os meus amigos. Cando cheguei onda eles os un dos homes tiña a súa pistola na fronte do pai da rapaza, entón collín eu e ataqueille polas costas, tireino ao chan e conseguín retelo mentres lles berraba os meus compañeiros, a filla e ao rei que se marcharan fuxindo rapidamente. E así foi, mentres eles fuxían eu estaba retendo ao capitán daquel barco e dos homes, deille un golpe ca cabeza contra o chan e quedouse medio inconsciente, mentres eu aproveitei para fuxir, mentres baixaba as escaleiras activei a bomba que deixara posta nas escaleiras, continuei baixando e pechei a porta da entrada para impedirlles a saída. De súpeto sentiuse un gran estrondo, ¡A bomba estoupara!,pero ¿que fora do resto dos homes que non se atopaban cando cheguei eu de novo o castelo?, mentres eu e o meu amigo estabamos facendo a bomba, entre os demais compañeiros da nosa pandilla diaria fórannos despistando por todo o castelo e ibanos deixando inconscientes, dándolles de beber un somnífero. Finalmente collemos o barco daqueles ladróns e puxémonos en marcha ata que chegamos ao porto de Vigo, alí baixámonos do barco e fomos a ver as nosas familias, e aínda que o rei e a súa filla perderan todo o seu ponderío, non lles importaba, o que verdadeiramente lles importaba era que estaban sans e salvos.


Ana ledo Piñeiro

Todo se tingue de gris.

Nessiania era un pobo que desafiaba a nosa negación da vida noutros planetas, en especial Plutón, que se alexaba tanto do sol e poucas veces era contado como tal. Alí vivían preto de cincuenta persoas, todas de pel pálida, cos ollos dourados, a súa fermosura facía que o corazón se che parase de súpeto ao velos.

Vivían felizmente, todos eran boa xente, espetábanse, a clave de gozar tanto da súa existencia era que ninguén sabia deles. Isto supoñía unha gran ventaxa, porque a ver, imaxinádevos que estades ca xente que queredes, coas leis que contentan a todos, sen preocupacións polo económico, que tanto se está a tratar ultimamente, facendo as cousas que vos da a gana sen que os vosos pais se entremetan, si é o que estades a pensar, o paraíso.

Vivir tan ben era imposíbel, cada vez o pobo ía a máis, a comida comezaba a escasear, ó igual que as outras necesidades básicas.

As guerras comezaron a xurdir, todas pola falta de recursos, revoltas civís que foron matando, un a un a todos os habitantes de Unitania.

Moitas nais, para salvar ós seus fillos, escondíanos en lugares escollidos por eles nos que só a un neno se ocultaría.

A fermosura das súas facelas foi cuberta por expresións de sufrimento, de lamentación, as bagoas inundábanas e facíanos máis vulnerables.

Víanse mulleres esqueléticas tiradas no chan, xa non podían camiñar, a falta de alimentos debilitáraas máis que os homes.

Todos preferían morrer antes que continuar sufrindo e vendo como o facían os demais.

O precioso mar cristalino no que habitaban diversas especies tinguirase de gris, era como se supese que todo desaparecera.

Ninguén que vise a metrópole antes da fame recoñecería o que agora era, no que se convertera.

Pero o paraíso do que falabamos rompeu lentamente, caeron un a un, os anacos daquela ledicia que algún día existira.




Nuria López
Fai moitos séculos, chegou un barco vikingo a unha aldea cunha raíña moi fermosa.Atacaron a aldea e as mulleres,
berraban e escapaban cos seus fillos.Ós homes atacáronnos pero os inimigos eran moi fortes e non os puideron derrotar.
Mataron á princesa da aldea e a moitos homes. A xente do pobo ía o cementerio ver os cadáveres dos loitadores.
Decidiron facer unha reunión no bosque para coarse na cea disfrazados e envelenándoos cuns cogomelos velenosos.
a maxestade escapou nunha barca pero eles detivérona e matárona nunha noite de lúa nova, xa que era un ritual.


Sara López Taboada

Nunha vila no que todo é tranquilidade, amence como un día normal, os nenos máis afortunados marchan para a escola, as mulleres fan as tarefas do fogar e os homes parten cara o seu traballo, cada un ten unha labor distinta, uns pescan, outros vixían…

Xa está anoitecendo, os pescadores volven as súas casas, as señoras fan a cea, os raparigos xogan, os gardas siguen vixiando: o lago atópase en absoluta calma, no lado das montañas solo se ven elas cunha fermosa posta de sol, na vila escóitanse os berros dos rapaces e polo río achégase un gran barco, Como pode ser? Todos os do pobo xa están gardados no porto, non é posible que non se deran conta da súa falta e menos sendo tan grande. Dan aviso o castelo e contra vontade do seu pai a princesa Minsk marcha ca súa pequena barca o encontro daquel navío.O chegar berra: En nome do pobo de Dinamarca pídovos que vos identifiquedes ou que abandonedes as nosas terras por onde viñechedes. A eses berros respóndenlle outros que din: Nos somos vikingos e imos conquistar o teu pobo, polo tanto ou nos deixas paso ou teremos que matarte. Minsk di: Non penso vender a miña xente matádeme se queredes e a princesa atravésalle unha lanza.A raíña presa de dor e furia emprende unha guerra: primeiro arrastra os nenos a contra vontade ata un refuxio, arma as mulleres, coloca os homes nas s´ñuas posicións e da o grito de loita. Aquelo é unha masacre: berros, mortos por todos lados. Xa é noite, pero nadie vixía os horizontes, a aldea, as montañas, o río e o lago están en absoluto silencio.


Bruno López Rodríguez 3ºA
Unha maña asollada coma outra calquera, aparece un varco viquingo que viña a conquistar a illa, levan a unha muller vestida cuns farapos sucios. Ela resulta ser unha deusa pero eles non se decatan. Cando os inimigos chagaron ao castelo, todas as mulleres e os nenos fuxian aterrorizados, mentres os homes defendían o castelo, un deses homes, Luck, ía a casar ao dia seguinte, pero os viquingos impedironllo, quitandolle a sua vida. Cando a prometida do del, que vivía en outra illa, enterouse do ocurrido derrumbouse e encerrouse na sua habitacion, pasaron os días e as noites e porfín reuniu o valor suficiente para sair do seu fogar. Deitouse nun prado a meditar o que lle pasara a ela e ao seu prometido. Unha noite foille levar unhas flores ao cementerio. Pasaron os días e entón ocorreuselle un plan, ía conquistar a illa na que lle arrevataran a vida ao seu amante. Naquel día derramouse moita sangue, pero así conseguiu vengalo. Os viquingos decidiron que non ían tentar conquistar aquelas illas. Cando a muller vengouno e rescatoua muller que era unha deusa concedeulle o desexo de que o sue Luck estivera vivo, e asi conseguironse casar e viviron felices para sempre.


Marta Fernández 3ºA
Era un día coma outro calquera, dous barcos zarparon do mesmo lugar da Terra, ao amencer. Nun ían todos os turistas, e no outro unha muller soa, envolta nuns farrapos. Ela viaxou horas, ata chegar ao seu destino, un sitio, moi difícil de acceder, xa que estaba rodeado por unhas murallas, que tiñan vixiantes en todas as torres. Ao conseguir entrar, foi o castelo, onde había un rapaz, o seu fillo, que traballaba como criado. A moza levouno, pero foi descuberta no bosque máis cercano, alí escondeuno nunha cova, e ela loitou como unha verdadeira guerreira, conseguiu que os soldados marcharan, pero fora ferida na batalla, o seu raparigo, foi pedir axuda, pero cando volveu onde esta,xa era demasiado tarde, estaba o seu corpo sen vida tirado ao lado do río. O home que fora co mozo, enterrouna e levouse ao neno a unha aldea segura. A alma da señora, vixiou o seu neniño durante os seguintes días, e ao ver que el, xa non a necesitaba. decidiu marchar, pero non podía irse así, antes tiña que visitar aos seus pais ao cemiterio, así que ás doce da noite xa estaba diante das tumbas, cando se deu conta de que se estaba elevando ata o ceo, alí xa había moitas persoas esperándoa, entre elas, outro cativo que lle morrera con tan só cinco anos. E dende alí seguiu observando ao único que lle quedaba vivo, vendo como medraba.



Carla Fernández Eyré 3ºA
Na aldea de Urano estaba amencendo.O Sol despertaba despois dunha larga noite calquera onde os nenos e as mulleres durmían pracida mente.
O día anterior fora largo e odiado por tódolos habitantes do pobo xa que os homes desta tiveron que marchar da aldea para loitar contra as aldeas achegadas.-
Lucex, unha muller con un fillo, chamado Alelí, recordaba na súa mente aquel día.Os homes da pequena cidade despedíanse a bordo dun barco vingo intentando ocultar as bágoas ao pensar que seguramente non volverían ver aos seus.
Algunhas das mozas seguían ao enorme barco nunha barquiña pequena xa que non se querían separar dos pais dos seus pequenos e volvían destorzades, apanadas e derrotadas.Elas intentaban protexer tamén aos seus fillos, e algunhas deixábanos nas casas cas súas avoas.Pero os meniños tampouco podían conter a dor.Apertábanse moi forte contra as súas nais das que non se querían distanciar.Sentían medo ao ver as súas naiciñas así e porque non entendían moito o que pasaba.
Ela e o resto das mulleres permaneceron nos seus fogares pola tardiña.Uraín estaba en silencio.Intentaban refuxiar no calor da fogueira e no sorriso dos cativos.As vikingas sentían que se achegaba o peor.
Lucex avistou un barco no mar e viu que non era un barco coñecido.Avisou a tódalas mozas.Refuxiaron as velliñas e nenos e preparáronse para o peor.
Eran homes, con lanza e espadas que berraban con cara de poder e decisión.
Ela e as demais sacaron as forzas de onde puideran e correron para atacar.
Os coitelos atravesaban corazóns, as lanzas voaban polo aire e espetábanse en cal quer lugar; o chan parecía un mar de sangre, os chillidos infernais semellaban terror nas caras e os homes berraban vitoria vendo as mulleres tendidas no chan.
Lucex e catro mulleres fixéronse as mortas e esperaron a que os homes por hoxe abandonaran a pequena cidade.Ela foi abrindo os ollos lentamente, viu que tiña unha perna ferida pero iso non lle importou e mirou o que había ao seu redor: a paisaxe era horrible, a herba tinguida de vermello, lanzas por tódolos lados, moitas mozas tendidas no chan con espadas que as atravesaban.Lucex berraba:<>
Catro mulleres armáronse de valor para erguerse.Algunhas volvían a caer polo inmenso dor.Luce chamou as velliñas para que trouxeran panos quentes e algo para curar algunhas feridas.
O día pasou lentamente, conseguiron a algunhas máis e intentaron e intentaron limpar algo o lugar para que nin se encontraba a desagradable paisaxe os nenos.Envolveron os corpos en grandes mantas e leváronnos para os fogares.Xa non podían coa alma.Ninguén durmiu aquela noite.
Ao día seguinte decidiron construír un cementerio para tódalas falecidas ao redor das casas para que estiveran ao seu carón.As mulleres xa non volverían as ser ledas coma antes e vestíronse de negro para as súas vidas.Decidiron que tódalas noites os habitantes de Uraín durmirían no cementerio ao lado das tumbas.
Hasta hoxe,un de abril do ano 1800,aínda non se sabe nada daqueles homes pero aquel cemente rio segue existindo.


Amalia Boán Mascareñas 3º A

A aquela zona da costa chegou un navío viquingo. Estaba cheo de homes armados. Non era unha embarcación calquera; era un barco de guerra.

Entón unha muller espertou. O seu neno estaba chorando, o seu marido xa saíra de caza. En canto o bebé volveu durmir, ela escoitou berros que chegaban dende fóra, e saíu coa machada en man por se era sorprendida polo inimigo. Ao saír da súa casa, o primeiro que atopou foron varios fogares ardendo. Os bárbaros xa mataran a media aldea. Ela , ao darse conta de que o seu fillo estaba en perigo, meteuse de novo para dentro, colleu un bolso con alimento, roupas de abrigo, e por suposto, ó seu meniño. Conseguiu chegar sen ser vista ata unha canoa que había na beira do río, e alí se meteu. Desenganchouna e marchou corrente abaixo, desexando chegar canto antes á vila veciña, se non estaba arrasada tamén. Comeu e deulle de comer ó pequeno. Logo os dous quedaron coma mortos, e no transcurso da noite chegaron ó mar, onde se perderon por sempre.


Manuel 3ºA

A vinganza de fracesca
Un día, nun lago de Noruega que estaba conectado co mar de xeito que o podían atravesar ata enormes buques, un gran barco viquingo asomou polas súas augas. Nil había homes de casi todas as idades, dende dazaoito anos ata cincuenta. Unha princesa, dun reino cercano, foi sorprendida no seu pequeno bote, por eles. Os intrusos raptarona.
O pobo ao enterarse trataron de reunir a cantidade de cartos acordada entre ambos para liberala. O principe, co que estaba prometido, entregoullelos e estes soltarna. Un mes máis tarde casáronse, pero no banquete da boda, os bárbaros, non satisfeitos co botín que obtiveran, matárona dunha puñalada no estómago. Ela ao morrer foi, por eleción propia, ao inframundo para adestrarse na arte da loita e poder vingarse ao resucitar noutro corpo humano. Francesca, que era o seu nome, adestrou nunha especie de cemiterio con dagas e espadas. O día do milagre chegara e a rapaza volvera a vida nun corpo de muller, que tiña pintadas de todo tipo polo corpo e vivía nun monte preto do seu pobo. Reuniu un exército de amazonas e foi a loitar contra os seus asasinos.
Ao entablar pelexa, a noite pecha deulle unha gran vantaxe ao bando feminino, a única forma que os homes tiñan de velas era co reflexo da Lúa nas súas armas. Tras horas de guerra elas gañaron e, ao estar cobrada a vinganza, a princesa volveu ao mundo dos mortos.


David Temes Yebra
O conto ubícanos nunha fermosa illa do norte de Irlanda onde a vida era moi tranquila. Nela vivía unha princesa que habitaba nun encantador castelo coa súa familia, ela estaba triste xa que acababa de ter un fillo e non sabía de quen era.
Un día o illote foi atacado polos viquingos e a rapazaa tivo que irse de alí co seu fillo nunha pequena barca con rumbo descoñecido.
Despois de escapar de aquel terrible suceso,os dous quedaron durmidos polo abaneo e pola beleza das estrelas que estaban a ollar. Despertaron a mañá seguinte nunha praia rodeada por unha espesa selva.
Nela sobreviviron grazas as froitas que daban aquelas grandes árbores, pero non encontraban auga doce e a o alimento empezaban a escasear. Nunha incursión por aquel lugar, para eles deshabitada, encontraron un pequeno regato de auga cristalina e apta para beber. Pero eles sentían que os estaban a ollar dende algún daquelas árbores cercanas. De repente como eles pensaban saíu dunha delas unha muller toda pintada e con roupa típica dunha amazona, ademais tiña unha daga na súa man.
Grazas á muller, que se fixera amiga da princesa,puideron chegar de onde partiran por primeira vez. E así puido ver os seus pais,ademais de descubrir o pai do seu fillo.

Alba Baltar
Polo inmenso mar, navega un barco que se dirixe a Grecia. O capitán da embarcación é un home viúvo, con dous fillos, unha rapaza de 19 anos e un rapaz de 10. Volve a casa despois dunha longa viaxe que durou dous anos. Os meniños están tolos por ver á seu pai, xa que na súa ausencia tiveron que ser coidados por unhos tíos.
Comeza unha guerra, e a moza ten que ir loitar aínda que o seu pai non queira, pero á volta tiña que casar cun un home ao que ela non quere. Nesa loita o bando da rapaza gaña, e ela volve a casa leda polo triunfo, aínda sabendo que nos próximos días será unha muller casada.
Chega o día da cerimonia, todo está preparado para recibir a noiva pero esta non aparece. O noivo desesperado pola ausencia, dille ao pai desta, que traía a súa filla a igrexa, aínda que sexa atada cunhas cadeas. O home vai para a casa e alí está ela tirada no chan, chorando desesperadamente. O proxenitor dille que ten que ir a voda, xa que e o mellor para ela e para a familia, porque o seu futuro esposo ten moito diñeiro. Ela escoitando as palabras do seu pai decide casar con ese descoñecido.
A súa vida ao lado de ese home era un inferno. Facíaa traballar de sol a sol, insultábaa, non a deixaba saír a rúa, relacionarse con ninguén… A moza desesperada decide quitarse a vida, xa que a situación na que estaba era insostible.
Os seus familiares estaban desfeitos, pero o seu marido non. Pasaron moitos días e moitas noites, pero unha desas noites, ao que fora o seu esposo aparecéuselle nun soño unha muller moi guapa, cun vestido longo e de cor negra. O home espertou e preguntouse se a moza do seu soño era a sua esposa xa morta. Despois de moitos días soñando coa mesma persoa deuse de conta de que era ela. A moza estaba atormentando ao que fora o seu home por todo o dano que lle fixera en vida.
Ao final, nunca noite de lúa chea o home tirouse ao mar e nunca maís se soubo del.


Alba Sampayo

Fai moitos séculos, na selva Amázonica, habitaba a futura herdeira dos pobos precolombinos. O seu nome era Hara e esta é a súa historia:

Ela, foi separada da súa nai cando tiña cinco anos de idade, por mor dunha guerra entre os incas e as amazonas. A pequena foi obrigada a esquecer as súas crenzas e encerrárona nun calabozo ata que morreran todas. Estas tiñan uns poderes sobrehumanos, por iso tódolos pobos querían exterminalas. Pasara un tempo, e a guerra xa rematara. Os incas saíran victoriosos. A rapaza estaba triste, xa que o seu pai era inca e a súa nai era xefa das amazonas. Hara sabía que agora que non tiña familia tiña que facer o posible por sobrevivir. Tiña moitos propósitos, pero todos foron en van, xa que a forzaron a casarse cun home decoñecido aos quince anos de idade. Tivo unha descendente, Zaida, a que coidou e agarimou durante moito tempo. Un día nai e filla tentaron reunir a tódalas mulleres para facer unha revelación contra eses machistas. Foron dous meses de planificación e cinco anos de guerra no que elas tiveron que renderse por mor das mortas. Entre estas estaba Hara a única que loitou desde o principio ata o final por intentar facer un mundo mellor.

A partir dese momento a súa filla foi visitala tódolos días á súa tumba. Zaida estaba cada vez máis triste, e fixo a maior loucura de todas, presentouse onda o rei e clavouse unha estaca no peito. Pasaron séculos e, pouco a pouco as mulleres foron evolucionando, e aínda hoxe andan a argallar unha vinganza para defender á única persoa que deu a cara por elas.


Diego fernández Prado 3ºA
Hai moito tempo, no norte de Europa, vivía un pobo que se adicaba á pesca no mar. Un día uns piratas chegaron ata ese pobo. Eles vivían do que podían roubar da xente que mataban. Os ladróns eran moi intelixentes e xa sabían como actuar. Atracaron o barco na costa, xusto ó lado do pobo presentándose como uns habitantes doutra vila da que foran expulsados por un asasinato que eles non cometeran. Case todos os habitantes do lugar dicían que estarían encantados de deixalos vivir con eles. Pero algúns veciños opuxéronse. Unha semana despois da súa chegada un dos opositores intentou matar a un pirata, pero este, axudado de mais persoas conseguiu saír ileso, pero esa noite, atoparon ao agresor morto na súa casa dun ataque ao corazón mentres escribía unha carta. E así, un por un, foron morrendo sucesivamente todos os opositores que quedaban. Os poucos cidadáns que seguían vivos decidiron enfrontarse a estes asasinos, pero como ningún deles sabía quen eran, foron a unha vila veciña a preguntar. Alí descubriron que eses piratas atacaran a outros lugares próximos e sempre usaban un conxuro no bosque para cometer os asasinatos. Os dous pobos aliáronse e xuntos puideron expulsar a aqueles ladróns, que xuraron que volverían algún día.


Fran Boán Vázquez 3ºA
Fai 200 anos estaban na praia unha muller nunha barca, pedindo auxilio porque se afundía. De súpeto aparece un barco con tripulantes. Eles vírona e axudárona a subir. A rapaza explicoulles que o seu fillo aínda quedaba na embarcación, e un deles foi por el. Cando estaban ambos arriba, o capitán preguntoulles o seus nomes e contestaron dicindo que eran Lorena e Alex. O xefe, Pedro, mandou encerralos xa que podían ser cacos e que os sacarían o chegaren a porto. Cando os meteron na bodega, ela abrazou o seu fillo para que non se preocupase. Cando se fixo de noite un dos mariñeiros levoulles de comer, a nai preguntoulle cando sairían o que contestou que cando chegaran o seu destino. Pasaron os días e por fin atracaron. O neno non se atopaba ben e os dous meses morreu, a súa nai durante un tempo foi tódalas noites ver a súa tumba. A muller non podía pegar ollo e unha noite de lúa chea reuniu a tódolos que estaban na embarcación e diante de todos eles matouse e díxolles que xamais lles perdoaría que os encerrasen, e que por culpa deles o seu fillo morrera.


Miriam
Mentras miraba a lúa reflexada na auga cristalina lembreime dunha historia que me contaba miña avoa cando era tan so unha cativa,aínda que tiña a imaxinación e a agudeza para reproducir a historia nos meus pensamentos.Ocurriu no mesmo lugar ónde me atopo.Era de noite e a luz e as sombras reflexabanse no mar.A muller que protagonizaba a historia era a miña tataratataratataravoa.Recordo que me dixera que un barco Húngaro cruzaba o Atlántico para conquistar aldeas e ter moitos tesouros.Ela estaba bastante aterrorizada xa que observaba a escena dende unha canoa próxima.Ela pensaba que non tiñan porque ser perigosos pero equivocábase, as rapazas temían polas súas vidas xa que comezaron a haber mortes, pero moi estrañas todas as raparigas chamábanse María e eran morenas .A primeira traxedia foi no campo María das Torres atopárona tirada entre flores cunha marca húngara e cos ollos abertos.A segunda foi a protexida do rei que apareceu sentada no seu dormitorio e con moitas teas de araña, tamén se chamaba María e apareceu igual que a anterior.Pero miña tataratataratataravoavoa estaba moito máis aterrorizada xa que ademais de chamarse María e ser morena todas as noites tiña un soño moi raro,no que vía unha señora nas tebras paseando polo mar e botando moito sangue.Estaba nerviosa por ela pero tamén polo seu fillo que daquela tan so tiña oito anos.Pero decidiu loitar aínda que non era correcto xa que tiña un fillo e ademais era muller.Tan so que prefería morrer loitando que ser asasinada sen facer nada.A loita ocorreu no mesmo sitio ónde agora me encontro,gañaron os bos e dende aquela sempre me sento nunha rocha fronte o mar onde miña tataratataratataravoa matou o xefe dos guerreiros e ónde tivo a sorte que iso foi o que tivo, por seguir vivindo.


Paulo Arias Guerra
Era unha vez nun día tranquilo cando un barco viquingo chegou a aquela illa con son de guerra, os homes estaban moi enfurecidos e molestos porque unha muller e o seu fillo que foran raptados por eles fuxían nun bote cara a illa.
Eles escaparon por toda a illa pero parecía que alí non vivía ninguén, ata que atoparon a un home deitado debaixo dunha árbore, pedíronlle axuda; xa que os viquingos oíanse ao lonxe, o mozo era pedro, o único habitante de alí, era campesiño e levounos a súa cabana na beira dun río e no pé da montaña mais alta daquela illa. Cando estaban os tres na casa, Pedro pediulle explicacións a muller, e ela como a estaba axudando a escapar tívolle que contar quen era; ela díxolle que era Isabel a filla dun rei e o neno o seu fillo, os viquingos secuestraranos para ameazar ao rei de que ían matala se non renunciaba a coroa e lles daba o reino a eles.
Nese momento os viquingos entraron pola porta, Pedro intentou protexer a muller pero eran moitos e acabárona matando e deixárona tirada na herba, alí morta.
Aquela noite cando os viquingos se foran Pedro enterrou a Isabel a luz da lúa chea e levou ao seu fillo onda o seu avó.


0 comentários: