Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Publicada por xenevra |


Miguel Albelo Prado é xogador do Deportivo da Coruña e da selección española, con só vinteún anos xa ten un amplo palmares, un balón de ouro, un FIFA World Player, dúas botas de ouro, co seu club gañou dúas ligas, unha copa do rei, unha Champions, unha supercopa de España, unha supercopa de Europa e o mundial de clubs e o mundial e a Eurocopa coa selección de España.


O verán pasado grandes equipos quixerono fichar el sempre dí que quere xogar toda a vida no Deportivo. Porque dende pequeno foi fan deste club e cando o ficharon do Chantada con tan só dezasete anos axudárono moito para darse a coñecer.


Joji que así é como moita xente o chama é un xogador con moitos fans e isto axuda a que o equipo gañe moito diñeiro vendendo as súas camisetas.

Esta tempada está xogando a un gran nivel e está axudando ao seu equipo a manterse no mais alto da táboa, éa chegar a final da liga de campións.

13:14

Bruno,toda unha estrela por descubrir!

Publicada por xenevra |

Son Bruno piloto profesional de karts.
O próximo domingo teño unha carreira en Monforte, será para divertirme porque eu aínda non piloto moi ben o kart, so gañei 5 carreiras de 7 que corrín.
Miña familia esta orgullosa de min , apóiame no que necesito , sobre todo antes de ir a unha carreira . tamén me dedico ao fútbol aínda que non se me dá tan ben como pilotar o meu kart, pero o importante e que me divirta e o goze , nada máis importa.
O vindeiro dia 16 de Xaneiro teño a carreira máis importante da miña vida, por primeira vez vou participar nunha carreira a nivel mundial, quere dicir correr contra outros xogadores que son auténticos profesionais do automobilismo.
Non digo que vaia gañar esa carreira pero intentarei quedar no podium.

13:20

CARREIRA AUTOMOBILISTICA DE HUGO FERREIRO

Publicada por xenevra |

Hugo é piloto de automóbiles no campionato de España de clásicos en rallyes. El de novo xa empezou pilotando karts no campionato de Galicia, no que non se lle daba nada mal.Agora no campionato de España de automóbiles, xa conseguiu superar a Xesús Ferreiro que era o actual campión de España nesa categoría, polo que conseguiu gañar o campionato e arrebatarllo a Xesús. Despois de conseguir ese título contratárono para pilotar no campionato WRC, que é o campionato mundial de rallyes. El aceptou o contrato porque a el lle gustaba pilotar en diferentes condicións climáticas diversas, como por exemplo barro, neve, asfalto. El quere ser tan bo como Carlos Sainz e como o seu actual ídolo Sebastián Loeb.

13:09

A praia Mcdonalds

Publicada por xenevra |


Nos somos eses que estamos na foto.Un día decidimos ir dar unha volta en busca dunha praia, como tiñamos 5 anos non sabiamos ben o camiño e metémonos nunha praia que estaba abandonada. Unha vez nesta puxémonos os bañadores e metémonos na auga , alí ao fondo había un barco , o problema era que estaba ao final das boias , pensamos se ir ou non , pero decidímonos e fomos cara el.Cando chegamos ao barco puxémolo en marcha como puidemos e deunos por experimentar . Ao fondo había nunha illa un bar , este tiña unha M en grande , Manuel pensou e dixo ese e o Mcdonalds. Quedamos alí a merendar , cando xa estabamos rebentando, bueno , todos non, menos o Manuel, que parece que ten un estómago de balea, el seguía comendo, e nos case vomitando, e cando nos trouxeron a conta botamos a correr, para non pagar.
Dánae, Manuel, Daniel, Luis

13:05

Os tres porquiños e máis eu.

Publicada por xenevra |


Un día fun en busca de tres porcos.Dous deles escaparon para a casa do irmán maior.Eu entrei pola cheminea,atopeime cunha sorpresa.A cheminea estaba acendida e queimei o cu.Vin os tres porcos ríndose de min , e chorei moito,saín correndo e tropecei cunha pedra e fíxenme tanto dano que rompín unha perna.E dende aquela non volvín de caza.
Tania Varela López
Cristian Vázquez Varela
Iago López Rivas
Sara González Varela

12:24

UN DÍA INOLVIDABLE

Publicada por xenevra |


O 15 de Xuño de 2009 todos os rapaces de 2º fomos ao aquapark de Cerceda. Os risos estaban asegurados. Cando chegamos alí todos estabamos impacientes por probar os tobogáns. Cando estábamos no cume,Alba esvarou e caeu de narices. Ao chegar ao fondo ela non se movía,e os profesores e nos empezamos a preocuparnos. De repente,saltou o socorrista a sacala da auga,para ver que lle pasaba. Fixéronlle o boca a boca e ela expulsou toda a auga que tragara. Todo quedou nun susto e regresamos a Chantada felices e contentos.

-Noelia Pereira
-Diego Rodriguez
-Alba Fernández
-Marcos Arrojo

12:20

Un Día Especial

Publicada por xenevra |


Este son eu. Chámame Jazz.estou na terraza dos meus donos. E un dia especial,había dous meses que non vía a miña dona. Que vergoña cando entrou pola porta;mexeime. De seguido fixeime que traia unha caixa, achegueime e comezou a moverse. Corrín cara a cociña e metinme baixo a mesa. Abriron a porta da caixa e saíu unha cadela igual ca min era como mirarse nun espello. Agora xa teño unha compañeira que este todo o dia comigo.





JUAN GARCÍA , ALEX MOURE,MARCOS LOPEZ,RAQUEL PATEIRO

Publicada por xenevra |


Morticia é unha rapaza sombría que vive nunha casa vella e abandonada, e afastada da civilización. Dende esa casa escoitábanse berros de nenos chorando e pedindo axuda. Ela ten o pelo teso e de cor vermella, a cor do sangue. Ten tamén un nariz prominente e afiado, e as orellas como as dun can. A cor da súa pel é pálida como a dun morto. As súas unllas son longas, afiadas e negras. A mirada é penetrante e aterradora. Leva pendentes e aneis por todo o corpo que lle proporcionan un aspecto macabro, lúgubre.
Amalia
Marta
Diego
Óscar

11:04

Elvira....

Publicada por xenevra |



Elvira é unha rapaza estraña. Esa mirada fría inquieta. O seu rostro pálido incítate a saber máis dela. A perfección exterior oculta o seu ser escuro. A súa forma de pensar é arrepiante.Esa intriga ao falar produce un gran temor. Ten unha forma de andar tan peculiar que te hipnotizará. Ela é como un folio...

Bruno: Elvira da a impresión de que é unha pantasma.

Ainhoa: Elvira aterrorízame.

Jorge: Elvira é un ser estraño.

Teixeira: Elvira é transparente.

Leti: Elvira, Elvira, Elvira so saben falar de Elvira!


3ºA!

11:03

Así é Asunción

Publicada por xenevra |

Esta maña ao ver a Asunción descubrín que os seus beizos teñen a cor dun cadáver descomposto, a súa estrema delgadeza semella a invisibilidade, a súa boca sobresaen dous colmillos afiados e tintados de sangue. As súas fazulas remarcadas transmiten malas sensacións, o seu cabelo oscuro destaca a palidez do seu rostro, e os seus ollos garándese penetrantes fante sentir intimidado e hipnotizado, a súa voz tan aguda e escalfaríante faite estremecer. Das súas orellas rematadas en punta colgan uns pendentes extrabagantes en forma de serpe,. Ao pisar os estrondos dos seus zocos fante estremecer. As súas uñas sucias e longas móvense con axilidade buscando os ollos das súas vítima. Así e Asunción.


Ana Pablo Xabier Laura

11:03

Así é Asunción

Publicada por xenevra |

Esta maña ao ver a Asunción descubrín que os seus beizos teñen a cor dun cadáver descomposto, a súa estrema delgadeza semella a invisibilidade, a súa boca sobresaen dous colmillos afiados e tintados de sangue. As súas fazulas remarcadas transmiten malas sensacións, o seu cabelo oscuro destaca a palidez do seu rostro, e os seus ollos garándese penetrantes fante sentir intimidado e hipnotizado, a súa voz tan aguda e escalfaríante faite estremecer. Das súas orellas rematadas en punta colgan uns pendentes extrabagantes en forma de serpe,. Ao pisar os estrondos dos seus zocos fante estremecer. As súas uñas sucias e longas móvense con axilidade buscando os ollos das súas vítima. Así e Asunción.

11:01

A pantasma do cemiterio

Publicada por xenevra |


Onte no vello cemiterio, do pobo, vin entre desgastadas e viscosas lápidas unha silueta esquelética que parecía a dunha pantasma.O seu rostro pálido ía cuberto por un velo negro.Levaba posto un des garrado vestido de noiva negro.Os seus pés levitaban delicadamente a un palmo do chan. Parecía estar abandonada a súa sorte.Estaba temorosa e inqueda. Ollounos cunha mirada fría e terrorífica. De súpeto, desapareceu tras uns segundos, sentimos unha man tocando a nosa espolada. Démonos a volta e alí estaba,era...


Alba Baltar,
Pablo Cabo,
Manuel e
Sara Taboada

Publicada por xenevra |


A nosa misteriosa M.

M, unha rapaza coa cara pálida, ollos saltóns cunha cor negra como a da noite. Ela é moi , semellan os de un vampiro. As súas longas mans e as uñas como agullas, que semellan as de unha meiga. Sempre anda soa, non se relaciona ca xente. Todas as mañás cando vimos cara o instituto, vémola saír do cemiterio. A roupa sinistra, a súa melena longa e abraiante como a lúa. O seu corpo, esvelto e ríxido, os seus dentes afiadosa que leva é de cor negra. Nunca a vemos con roupa de cores vivos. Cando entra na clase a todos nos entra un calafrío no corpo. É unha persoa moi terrorífica e estraña.



Fran
Sara
Nuria

Publicada por xenevra |

Son X, unha rapaza que se mirou ao espello pausadamente por primeira vez. Fixeime no meu mirar, e dinme conta que os meus ollos escuros releixaban o meu misterioso pasado. Na miña cara non existe un sorriso.Estes síntomas son o resultante dunha fazaña que permanecerá na miña vida. Recórdoo como se fora hoxe, os franquistas descortizaron a miña familia diante da miña presenza. Comigo fixeron cousas inimaxinábeis,sometéronme a unha transfusión de sangue de morcego para ver se me conseguían converter nun vampiro(...) Non seguirei co meu escuro pasado, porque estas traxedias farían estragos na vosa mente.(...)




Alba S
Miriam
Cristian
Elisa