Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
13:09

A praia Mcdonalds

Publicada por xenevra |


Nos somos eses que estamos na foto.Un día decidimos ir dar unha volta en busca dunha praia, como tiñamos 5 anos non sabiamos ben o camiño e metémonos nunha praia que estaba abandonada. Unha vez nesta puxémonos os bañadores e metémonos na auga , alí ao fondo había un barco , o problema era que estaba ao final das boias , pensamos se ir ou non , pero decidímonos e fomos cara el.Cando chegamos ao barco puxémolo en marcha como puidemos e deunos por experimentar . Ao fondo había nunha illa un bar , este tiña unha M en grande , Manuel pensou e dixo ese e o Mcdonalds. Quedamos alí a merendar , cando xa estabamos rebentando, bueno , todos non, menos o Manuel, que parece que ten un estómago de balea, el seguía comendo, e nos case vomitando, e cando nos trouxeron a conta botamos a correr, para non pagar.
Dánae, Manuel, Daniel, Luis

13:05

Os tres porquiños e máis eu.

Publicada por xenevra |


Un día fun en busca de tres porcos.Dous deles escaparon para a casa do irmán maior.Eu entrei pola cheminea,atopeime cunha sorpresa.A cheminea estaba acendida e queimei o cu.Vin os tres porcos ríndose de min , e chorei moito,saín correndo e tropecei cunha pedra e fíxenme tanto dano que rompín unha perna.E dende aquela non volvín de caza.
Tania Varela López
Cristian Vázquez Varela
Iago López Rivas
Sara González Varela

12:24

UN DÍA INOLVIDABLE

Publicada por xenevra |


O 15 de Xuño de 2009 todos os rapaces de 2º fomos ao aquapark de Cerceda. Os risos estaban asegurados. Cando chegamos alí todos estabamos impacientes por probar os tobogáns. Cando estábamos no cume,Alba esvarou e caeu de narices. Ao chegar ao fondo ela non se movía,e os profesores e nos empezamos a preocuparnos. De repente,saltou o socorrista a sacala da auga,para ver que lle pasaba. Fixéronlle o boca a boca e ela expulsou toda a auga que tragara. Todo quedou nun susto e regresamos a Chantada felices e contentos.

-Noelia Pereira
-Diego Rodriguez
-Alba Fernández
-Marcos Arrojo

12:20

Un Día Especial

Publicada por xenevra |


Este son eu. Chámame Jazz.estou na terraza dos meus donos. E un dia especial,había dous meses que non vía a miña dona. Que vergoña cando entrou pola porta;mexeime. De seguido fixeime que traia unha caixa, achegueime e comezou a moverse. Corrín cara a cociña e metinme baixo a mesa. Abriron a porta da caixa e saíu unha cadela igual ca min era como mirarse nun espello. Agora xa teño unha compañeira que este todo o dia comigo.





JUAN GARCÍA , ALEX MOURE,MARCOS LOPEZ,RAQUEL PATEIRO