Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
12:30

un dia coas miñas primas

Publicada por maytane |

Esta fin de semana estiven coas miñas curmás Sandra, Selenne, Mariana e as máis pequenas que son Yaiza,Yisela,Yaneth, Lúa. Estivemos xogando. Lúa meteu o pegamento na boca pero non lle paso nada. Ceamos e os catro máis grandes fomos xogar ao escondite. Cando marcharon ás tres da mañá fun durmir.
O sábado estiven co meu pai todo o día; pásoo moi ben porque me deixa facer o que queira. Tamén estiven estudando para castelán e para sociais na casa porque non me deixaron saír coa miña prima, aínda que ela foi xunto os meus pais pero non os convenceu.
A miña curmá para non deixarme veu á casa e estivemos vendo a televisión..Ao día seguinte que foi domingo déronnos a noticia de que nacera outra prima. A súa irmá foina ver ao hospital, pero como estaba débil non a deixaron entrar. Marchamos para a sala de espera e estivemos a pensar o nome que nos gustaría poñerlle á pequena. Ao final decidimos que se chamase Yolanda.

12:29

un día na neve.

Publicada por xenevra |

Nesta foto recórdanos aquel dia que nevara tanto. Suspendéranse as clases e estivemos todos xogando no colexio. Pola tarde os cinco compañeiros fomos a unha pista de esquí.Estivemos toda a tarde, lanzando bolas, fixemos un boneco de neve moi grande máis alto ca nós. Entón decidimos subir no telecadeira ata o cume e baixar esquiando. Ao baixar, Brais esvara e cae. Ao levantarse esnafrouse contra un pino e o estrondo do golpe produciu un alude co que tivemos que baixar a fume de carozo. Ao chegar ao fondo fomos a cafetería a tomar un chocolate con churros para sacar o frío e repoñernos de todo.

12:26

O futuro do Audivisual Galego

Publicada por xenevra |