Sen embargo, o ano pasado, Melchor, Gaspar e Baltasar só me trouxeron carbón, estou un pouco enfadada con eles.Este ano novo, díxenlle a miña nai que quería aprender a nadar, pero ela di que aínda son moi pequena e que os traxes de baño son moi caros.Por esta razón, envieilles unha carta aos reis magos na que lles pedín que me trouxeran un bañador vermello cunha boneca debuxada.
Queda un día para que veñan! non sei que facer. Meu pai decidiu levarme ao centro comercial a comprar os últimos agasallos. Ao chegar a casa , coas presas, rompín o xerro favorito da miña nai, e claro , polo medo a que me rifara, escondido e non lle dixen nada, pero como as nais son tan listas, pilloume e castigoume chamando aos reis para que non me trouxeran nada.
O día seis, pola mañá ,esquecinme do meu castigo e dirixinme até o salón para ver se me trouxeran algo. Había un para min, envolto en papel de debuxos de estrelas .Abrino e contemplei abraiada. Era o bañador que pedira! corrín xunta os meus pais para que viran o meu regalo, o corazón saíame do peito coa ilusión que tiña. O meu soño de ir a natación íase cumprir.
O bañador do regalo de Reis. David Expósito Varela.
Aquel seis de xaneiro, Pedro ergueuse coma se fora un día normal. Pois , debido á súa situación familiar non esperaba ningún regalo de reis. Dende agosto de 2010 súa nai quedara sen traballo e seu pai fora encarcerado por intento de estafa ao seguro para sacarlles diñeiro e saldar as súas débedas. Entón, tras vestirse baixou deica a cociña , comeu un par de galletas, pois pouco máis había e dispúxose a baixar deica ao río para nadar un pouco, xa que esta era a súa maior afección, pero non se podía permitir facerse socio dunha piscina. Tras un un par de horas a través do río , saíu para secarse , cando viu chegar a súa nai xunto con súa tía Amanda sostendo unha lixeira bolsa na man, ao chegar onda el a súa nai díxolle " fillo , teño unha gran sorpresa para ti " o rapaz , medio asombrado mirou dentro da bolsa , e viu un agasallo, tras abrilo , dixo sorprendido " Un bañador! " e foi entón cando súa nai lle deu unha gran noticia, topara traballo e so faltaban tres días para que seu pai saíse do cárcere. Ao fin Pedro podía ser feliz !
Beatriz Otero.Tania ergueuse no día de Reis con toda a ilusión dunha nena da súa idade . Ao ver todos os agasallos recibidos polos Reis Magos baixo a máisque típica árbore de Nadal , o seu corazón desbocouse e sentíu un apremiante desexo de descubrir que se escondía entre os envoltorios. Todos os regalos seguían unha liña parecida (casas de bonecas, cociniña...), ata que chegou o momento de abrir con mala gana a roupa que recibía todos os anos.
Nun primeiro instante pensou que serían uns calcetíns ou calquera outra peza de vestir. A ela dáballe igual o que fose, era unha das poucas nenas a que non lle gustaba probar e adquirir prendas. Para a súa sorperesa cando rematou de retirar o papel de regalo descubriu que lle proporcionaran un bañador! Pero se era Xaneiro e ía moito frío! Cando os seus dedos entraron en contacto cs tecidos do bañador, comezou a sentir un mareo importante e caeu desmaiada. Ao espertar viu que se encontraba nun espazo completamente branco onde só había tres persoas, os Reis Magos. Estes informárona de que tiña no seu poder un bañador máxico, que cando o puxera podería ir a onde quixese, e dixéronlle que volvese a súa casa.
Tania regresou ao seu mundo para relatrlles aos seus pais o que lle acontecera. Ao principio non a creron, pero cando viaxaron dunha maneira sorpresiva á principal praia de Cuba, déronse conta de que ían aforrar unha gran cantidade de cartos en viaxes.
E así, co meu novo conxunto deportivo, rematou a miña pequena historia que trataba de un traxe de baño que me regalaron os meus magos favoritos, aínda que espero que para o ano, elixan mellor o meu agasallo.
O pasado día de reis, unha nena chamada Lucía levantouse máis cedo do normal, foi abrir os ollos e comezar a correr para ver os agasallos que debería haber. Ela pedira un ordenador de última xeración, unha cámara de fotos e moita, moita roupa. Cando chegou ao comedor onde se atopaba a árbore, mirou por todos lados pero o único que atopou foi un bañador moi vello que parecía ata usado! A rapaza non daba crédito, ela que tan ben se portara todo o ano, que axudara a seus pais na casa e incluso sacara todo sobresaíntes, e unicamente recibira un bañador, e por riba amarelo, o que menos lle gustaba!
Foi chorando dicírllelo seus pais, estes, tampouco o conseguían entender xa que crían que os reis magos nunca se trabucaban.
Lucia saíu a rúa e viu ao seu veciño Lucas moi triste, todo lle tiña sentido, este coleccionaba prendas de roupa moi antigas! Foi falar con el e cambiaron os agasallos, por unha vez, os reis equivocaranse pero xa todo estaba en orde.
Tras unhas longas reflexións empecei a escribirlle a miña carta aos Reis Magos: Queridos Reis Magos: Gustaríame que me trouxerades un bañador, pero non pode ser un bañador calquera, quero que sexa de cor laranxa cunha liña azul na perna dereita, e outra vermella na perna esquerda, penso que isto é o que máis desexo, xa que me parece un regalo útil e diferente; tamén me gustaría que me trouxerades dous libros do meu autor preferido, Xosé Miranda, e un chándal.
Tras a redacción da miña lista de regalos, dínllela aos meus pais para que lla enviasen aos Reis Magos e así poder cumprir os meus desexos deste Nadal.
Adrián Mazaira López 4ºA
Lembra
Non é un blogue de entretemento só, senón de traballo escolar.
Por favor, sé respectuosa / respectuoso nos teus comentarios. Ninguén somos perfectos.
Procura
- 3ºESO (3)
- 4º ESO A (19)
- 4ºESO A (6)
- Bruno.piloto de karts (1)
- exercicio 1ºbac (1)
- exrcicios 2ºbac (1)
- Hugo (1)
- m (1)
- Miguel (1)
- piloto (1)
- relato (2)
Tamén estamos en:
Arquivo do blogue
-
▼
2012
(25)
-
▼
janeiro
(19)
- Petición aos Reis Magos Pablo Jorge
- Un agasallo inesperado
- O tardío regalo de Reis. Christian Fernández
- O bañador de Sara. Andrea 4ºA
- O bañador do regalo de Reis. David Expósito Varela.
- Un agasallo inesperado
- un bañador equivocado. Alba D.
- O bañador de meu primo. Natalia.
- Os Reis regaláronme un bañador
- Un regalo inesperado. Laura M
- O bañador que me trouxeron os reis.Artai
- O PRIMEIRO BAÑADOR DE LUCIA
- O pasado día de reis, unha nena chamada Lucía leva...
- O agasallo dos Reis Magos. Noelia 4ºA
- A RECOMPENSA.
- Petición de nadal
- Un reencontro inesperado
- O regalo de reis
- O bañador que me regalaron os reis. Xiana 4ºA
-
▼
janeiro
(19)