Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
08:59

O agasallo dos Reis Magos. Noelia 4ºA

Publicada por Natalia |

                Neste nadal os Reis Magos portáronse moi ben comigo, trouxeronme un bañador! Estou moi contento, xa que achegaronme o que máis quería, ademais precisábao. A min encantame a natación dende pequeniño, pero nunca puden gozar dun traxe de baño tan bo coma este, non tingue co cloro porque ten un fío especial de moi boa calidade, seguro que custou moitos cartos. Realmente, eu non sei de onde sacan tanto diñeiro Melchor, Gaspar e Baltasar, para mercar un agasallo a cada neno que se porta ben.
                Hoxe vou estrealo, estou moi contento e impaciente.
                Ao saír da auga fágome unha pregunta, como poden percorrer, os Reis Magos, todo o mundo, casa por casa, nunha noite? É imposible! Aínda por riba van en camellos, que son moi lentos, nin sequera un avión consegue ir tan rápido para dar a volta o mundo nunha noite.
                Agora teño outra dúbida, como é que ninguén os ve? Só hai debuxos deles. Eu quero velos! Vou esperar o ano que vén a ver se consigo saudalos. Estarei toda a madrugada esperto se fai falta.
                Ao ano seguiente...
                Creo que non podo, estou moi canso, quero ir a cama pero antes vou deixar unha cámara preto da árbore a ver se os consigue filmar.
                Coma o ano pasado, traenme un bañador e unhas cousas máis pero eu estou interesando en velos, vou revisar a cinta de video.
                Non o podo crer, os Reis Magos son os meus pais!

6 comentários:

Laura. M disse...

Este relato non repite palabras, pero ten unha mala a estrutura, xa que ten moitos parágrafos.

Beatriz Otero disse...

Penso que a estructura do relato non e boa,pois ten demasiados parágrafos,o que fai que o texto non se entenda con tanta facilidade.

Paula disse...

O primeiro parágrafo,na miña opinión está un chisco desordeado,debería estructurar mellor o texto.Aínda así a última parte gustoume bastante!

Alba.D disse...

Este texto conta con demasiados parágrafos que se poderían unir :(

Artai disse...

Texto mal estructurado xa que contèn unha gran cantidade de paràgrafos.

manuel disse...

na miña opinión uniría algúns parágrafos