Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:33

O bañador que me regalaron os reis. Xiana 4ºA

Publicada por xiana |


Xa pasou todo o ano, e chegou de novo o fabuloso Nadal: vacacións, agasallos... É dicir, unha marabilla. Pero o  mellor do Nadal é, sen dúbida algunha, a  cara de ledicia que poñemos ao ver o que se agocha debaixo do papel tintado o día seis dea xaneiro, pola mañá ben cedo!
Eu este ano a verdade e que me desilusionei un pouco co meu agasallo, xa que era un traxe de baño e, obviamente, non era o que quería. Ao principio pensei que era unha trola das verdadeiras, pero logo, ao non ver ningún outro paquete máis, debaixo da árbore, dinme de conta de que era o meu único premio por portarme ben. Pero aínda así, fun educada e boa nena, finxín un sorriso e dixen que me encantaba. Rabia que a miña nai me coñeza tan ben e con só mirarme, supera que non era do meu agrado, por iso, o día seguinte fun con ela á tenda de deportes onde atopei un chándal moi bonito, e decidín trocalo polo bañador.
E así, co meu novo conxunto deportivo, rematou a miña pequena historia que trataba de un traxe de baño que me regalaron os meus magos favoritos, aínda que espero que para o ano, elixan mellor o meu agasallo.

8 comentários:

Noelia disse...

A min pareceme que este texto está moi ben redactado, é fácil de comprender. Hai algunha palabra como obviamente que non me encaixa moito... pero do demais bastante ben.

Noelia disse...

Esta ben redactado aínda que, hai palabras como "obviamente" que é un castelanismo.

Pablo disse...

Paréceme que este texto está moi ben redactado, e ten unha comprensión moi fácil.

Laura.M disse...

Este é o texto repetido que hai que eliminar.

Laura.M disse...

Este é o texto repetido que hai que eliminar.

Natalia disse...

Gústame como está redactado e compréndese moi ben.

Paula disse...

Gústame sobre todo a primeira parte na cal usa un vocabulario moi rico e entretido que fai amena e agradable a lectura :)

Artai disse...

Texto está moi ben redactado.Contèn algùn castelanismo como dixo Noelia anteriormente.