Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:18

O bañador que me trouxeron os reis.Artai

Publicada por lidiabelikov |


Era o día 5 Xaneiro pola mañá,concretamente a unha do mediodía, e eu aínda na cama, cando de súpeto apareceu miña nai na habitación e levantou a persiana,eu non o cría,estaba nevando!Asomeime a ventá e puiden ver como caían as folerpas de neve nos coches que pasaban pola estrada toda branca,e os rapaces xogando con ela lanzándose bolas de neve.
Pasaba o tempo e nevaba cada vez máis,entón empeceime a preocupar porque se seguía nevando así,esa tarde non habería cabalgata de reis,e non lle podería pedir o meu regalo ao rei Melchor.Este era como poucos,porque non creo que moitos rapaces pediran o mesmo,xa que era común e simple,pero a min non mo parecía.eu quería un bañador,si ,escoitástelo ben,pero non calquera,senón un negro con raias douradas,unha por cada lado.Pero se seguía a nevar así non mo traerían,e non podería estrealo o primeiro día de clase,cando fose a piscina con todos os meus compañeiros.
Ao acabar de xantar tombeime no sofá e púxenme a ver a televisión,deixando a contra da ventá aberta para ver se a neve cesaba.Quedei durmido ao espertar,xa non había neve,e as beirarrúas e a estrada estaban molladas pero sen rastro dela,derretérase.Entón,mirei o reloxo e vin que eran as 7 da tarde e aínda estaba a tempo de pedirlle o agasallo aos reis.Vestinme apresuradamente e saín correndo a rúa cara a cabalgata.Ao finalizar fun falar cos reis e pedinlle o meu regalo.Esa noite non puiden durmir,e ao día seguinte pola mañá atopei o regalo aos pés da arbore que tiña no salón.Era o bañador que pedira!

5 comentários:

Laura. M disse...

Este relato ten un unha boa estrutura e entendese ben, aínda que repite varias veces a palabra neve.

Paula disse...

Eu suprimiría nalgunha ocasión algunha palabra que penso que sobra.Destacaría o comezo do textopois gustoume moito :)

Alba.D disse...

Este texto é moi fácil de ler e gustoume moito ainda que repite algunhas palabras

Christian F. disse...

Creo que falta algun parágrafo e que se repiten varias palabras; polo resto gustoume.

manuel disse...

Repites moito a palabra neve pero polo demáis esta moi ben