Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Publicada por xenevra |

O pasado día de reis, unha nena chamada Lucía levantouse máis cedo do normal, foi abrir os ollos e comezar a correr para ver os agasallos que debería haber. Ela pedira un ordenador de última xeración, unha cámara de fotos e moita, moita roupa. Cando chegou ao comedor onde se atopaba a árbore, mirou por todos lados pero o único que atopou foi un bañador moi vello que parecía ata usado! A rapaza non daba crédito, ela que tan ben se portara todo o ano, que axudara a seus pais na casa e incluso sacara todo sobresaíntes, e unicamente recibira un bañador, e por riba amarelo, o que menos lle gustaba!
Foi chorando dicírllelo seus pais, estes, tampouco o conseguían entender xa que crían que os reis magos nunca se trabucaban.
Lucia saíu a rúa e viu ao seu veciño Lucas moi triste, todo lle tiña sentido, este coleccionaba prendas de roupa moi antigas! Foi falar con el e cambiaron os agasallos, por unha vez, os reis equivocaranse pero xa todo estaba en orde.

0 comentários: