Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:17

O PRIMEIRO BAÑADOR DE LUCIA

Publicada por xenevra |

O pasado día de reis, unha nena chamada Lucía levantouse máis cedo do normal, foi abrir os ollos e comezar a correr para ver os agasallos que debería haber. Ela pedira un ordenador de última xeración, unha cámara de fotos e moita, moita roupa. Cando chegou ao comedor onde se atopaba a árbore, mirou por todos lados pero o único que atopou foi un bañador moi vello que parecía ata usado! A rapaza non daba crédito, ela que tan ben se portara todo o ano, que axudara a seus pais na casa e incluso sacara todo sobresaíntes, e unicamente recibira un bañador, e por riba amarelo, o que menos lle gustaba!
Foi chorando dicírllelo seus pais, estes, tampouco o conseguían entender xa que crían que os reis magos nunca se trabucaban.
Lucia saíu a rúa e viu ao seu veciño Lucas moi triste, todo lle tiña sentido, este coleccionaba prendas de roupa moi antigas! Foi falar con el e cambiaron os agasallos, por unha vez, os reis equivocaranse pero xa todo estaba en orde.

6 comentários:

Paula disse...

Unha boa redación que arece de repeticións,moi amena para ler!

Laura.M disse...

Un moi bo relato, moi fácil de ler e moi entretido.

Artai disse...

Relato cun gran sentido de humor,e sen ningùn tipo de repeticòns.

Luís Álvarez disse...

Entretido relato, ao comezo deume pena que a rapaza, merecéndoo, non recibise os seus agasallos pero logo alegreime de que se arreglara todo.

Christian F. disse...

O relato é doado de ler, pero creo que podería estar mellor estruturado.

manuel disse...

É un texto moi fácil de ler e está moi ben redactado