09:21

Os Reis regaláronme un bañador

Publicada por Alba Quintela 4ºA |


        Era a mañá de Reis e eu estaba desexando poder abrir os agasallos que me trouxeran. Fun correndo xunto a árbore de Nadal e de pronto vin tres agasallos: dous grandes e outro máis pequeno, eu, non sei porque, decidín abrir este, e tras mirar o que era comecei a rirme sen parar...era un bañador! Xusto que necesitaba para poder ir a piscina cos meus compañeiros de clase, xa que este ano, debido a que eu estou en 4º ESO teño como deporte (para a materia de ximnasia) natación.
         Ademais, este bañador non so me ía valer para poñer cando fose a piscina coas miñas amigas a praia, ou para usalo cando fose a piscina do meu tío. Este agasallo gustoume moito e a verdade...non mo esperaba! Xa que non lle dixera a ninguén que o necesitaba nin que quería comprar un novo porque o que eu tiña xa estaba pasado de moda e non me gustaba nada; o meu novo traxe de baño era totalmente diferente ao outro: era azul (a miña cor favorita), e pola contra, o vello era vermello e tiña dous bonecos brancos que facían que me gustase menos aínda.
         Pero, o importante e o bañador que me trouxeron os Reis, un agasallo que eu nunca poderei esquecer, xa que a parte de parecerme precioso podo utilizalo cantas veces queira.

Alba Quintela Rey 4ºA.

7 comentários:

Paula disse...

Moi boa redación en xeral,un bo uso do vocabulario e sen repeticións,parabéns.

Alba.D disse...

Ten un bo vocabulario e gústame a maneira na que o estruturou :)

Laura disse...

Gústame o comezo do texto, pero non a segunda metade, a redacción paréceme un pouco simple. Hai ausencia case xeralizada do til diacrítico.

Artai disse...

Relato moi ben redactado e cun gran vocabulario.

Luís Álvarez disse...

Bonito texto, emotivo debido á emoción que lle produce un agasallo que nós non consideraríamos tanto, pero que a ela lle fai ilusión.

Christian F. disse...

Repite algunhas palabras.

manuel disse...

paréceme que está moi ben escrito, pero fáltame saber cales eran os outros dous agasallos