Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
16:33

Petición aos Reis Magos Pablo Jorge

Publicada por Alba Quintela 4ºA |


Este ano, os Reis Magos portáronse moi ben comigo, aínda que so merecía unha parte dos regalos, eles trouxéronme unha infinidade deles: roupa, videoxogos, perfumes, cartos, carbón... Pero o que máis me gustou foi o meu traxe de baño, co gorro e as gafas, para utilizar no segundo trimestre en educación física. O gorro era de cor vermello, as gafas azuis e o bañador tiña unha mestura de ambas cores pero cunhas bonitas espirais decorativas. Bueno, isto non era o mais importante, o sorprendente era a nota que traía pegada, na que explicaba que todo aquel que levara estes obxectos postos obtería poderes! Eu tomeino a risa, unha broma gastada polas nosas maxestades de Oriente que sabían que non era un gran nadador. O primeiro día da clase de educación física eu mesmo quedei alucinado coa velocidade , a increible vista que tiña debaixo da auga, e o estilo co que nadaba. Todos estaban alucinados polo que lles acababa de contar sobre os agasallos con superpoderes e querían probalos para comprobar se decía a verdade, pero non estaba pola labor de deixarllelos a todos . Así que so llo deixei ao meu mellor amigo e os demais esperaban que sucedera algo pero non pasou nada, eu non daba creto que os artilúxios non funcionasen como sucedera anteriormente, e intentei facer o que fixera antes sen o meu preciado traxe, senón cun que me prestara un amigo, e fixen o mesmo que antes! Así que comprendín que as maxestades de Oriente so querían darme ánimos para que o fixese o mellor posible, e viron este o xeito máis adecuado. Facéndome crer que as miñas cualidades viñan producidas por un traxe de baño. E gracias aos Reis Magos conseguín levar unha boa nota na asignatura.

9 comentários:

Alba Quintela 4ºA disse...

Este relato ó meu parecer está moi ben, ademáis ten unha gran capacidade imaxinativa e un gran sentido do humor.

Paula disse...

Gustoume moito a descripción dos agasaios xunto co punto humorístico da historia en xeral :)

Laura.M disse...

Este relato enténdese moi ben e é moi fácil de ler.

manuel disse...

este relato está moi ben escrito, a min gustoume moito fíxome gracia que che ilusionara que che trouxeran carbón

Alba.D disse...

Este relato pareceme moi divertido e moi fácil de ler!

raquel disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Artai. disse...

Este relato è moi divertido e comprèndese moi fàcilente.

Christian F. disse...

Creo que se debería dividir e facer outro parágrafo pero é un texto moi bon.

Natalia disse...

Pareceme un texto ben redactado e fácil de ler.