Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:29

O bañador de Sara. Andrea 4ºA

Publicada por xiana |

Sara levaba varios días cavilando no seu regalo de reis, como non vivía nunha familia moi adiñeirada só podía pedir unha cousa. Pensou en pedir unha boneca nova, xa que á do ano pasado lle cortara o pelo e agora non lle gustaba, despois pensou nunha mochila nova para o colexio, pois a que tiña agora, xa fora da súa irmá.
Súa nai sempre lle dicía: "Sara, nós non somos coma as outras familias, só podes pedir unha cousa, pero algo que precises". Ela sempre quixo ser como os outros nenos, chegar ao colexio despois do día de reis e poder enumerar unha lista inmensa de agasallos, pero ela só tiña un. O mesmo lle pasaba o día que o profesor de ximnasia os levaba a piscina municipal, ela nunca podía ir porque non tiña bañador e iso incomodábaa moito. Estaba moi indecisa, e decidiu escribirlle a carta aos reis, con unha lista de xoguetes e cousas que precisaba, e despois, que elixiran eles.
Chegou a mañá de reis, Sara levantouse moi emocionada para ver o seu regalo,correu e correu ata a árbore de Nadal e alí estaba, un agasallo co seu nome, poñía: "Para Sara", púxose a abrilo a toda presa, rompeu o envoltorio e decatouse de que o agasallo non era unha boneca, non, non era ningún xoguete, o que lle trouxeran os reis era un bañador.



10 comentários:

Laura. M disse...

Este relato ten unha boa ortografía, non repite palabras e entendese ben.

Alba Quintela 4ºA disse...

Estou de acordo con Laura, de novo! E este relato non aburre nin sequera un chisco cando o estas lendo. Nótase que está moi traballado! Tanto na ortografía, coma no argumento etc.
Parabéns!

Paula disse...

Pareceume moi doado de ler,cunha ortografía sinxela pero variada e sobre todo remarcar ese rasgo de que a felicidade dun neno pode ás malas situacións :)

Pablo disse...

Gústame moito este texto pola creatividade que ten.

Alba.D disse...

Eu tamén estou de acordo en que conta cunha moi boa ortografía e é moi doado de ler!

Luis Álvarez disse...

A historia é interesante, pero ao mesmo tempo moi triste. Reflicte sobremaneira a situación de moitas familias non fai moitos anos, ás que a pobreza, e en consecuencia a fame non deixaba de impedirlles levar unha vida sen tantas preocupacións

Artai disse...

Relato moi doado de leer cun vocabulario adecuado.Texto moi traballado.

Christian F. disse...

Non repite palabras, ben dividido e sinxelo de ler.

manuel disse...

É un relato moi triste pero que reflexa a situación dalgunhas familias desfavorecidas, ademáis esta moi ben estructurado

Natalia disse...

Pareceme un texto cun vocabulario variado e fácil de ler.