Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:24

un bañador equivocado. Alba D.

Publicada por xenevra |

Tania ergueuse no día de Reis con toda a ilusión dunha nena da súa idade . Ao ver todos os agasallos recibidos polos Reis Magos baixo a máisque típica árbore de Nadal , o seu corazón desbocouse e sentíu un apremiante desexo de descubrir que se escondía entre os envoltorios. Todos os regalos seguían unha liña parecida (casas de bonecas, cociniña...), ata que chegou o momento de abrir con mala gana a roupa que recibía todos os anos.
Nun primeiro instante pensou que serían uns calcetíns ou calquera outra peza de vestir. A ela dáballe igual o que fose, era unha das poucas nenas a que non lle gustaba probar e adquirir prendas. Para a súa sorperesa cando rematou de retirar o papel de regalo descubriu que lle proporcionaran un bañador! Pero se era Xaneiro e ía moito frío! Cando os seus dedos entraron en contacto cs tecidos do bañador, comezou a sentir un mareo importante e caeu desmaiada. Ao espertar viu que se encontraba nun espazo completamente branco onde só había tres persoas, os Reis Magos. Estes informárona de que tiña no seu poder un bañador máxico, que cando o puxera podería ir a onde quixese, e dixéronlle que volvese a súa casa.
Tania regresou ao seu mundo para relatrlles aos seus pais o que lle acontecera. Ao principio non a creron, pero cando viaxaron dunha maneira sorpresiva á principal praia de Cuba, déronse conta de que ían aforrar unha gran cantidade de cartos en viaxes.

3 comentários:

Laura. M disse...

O texto está ben estruturado, non repite moitas palabras, entendese bastante ben, ademais ten un gran vocabulario que enriquece o texto.

Paula disse...

O relato en si esta moi ben,é unha boa historia pero gustaríame más se utilizara palabras menos técnicas,máis informais

manuel disse...

É un relato ben redactado cunha trama moi boa e é facil de ler