Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:20

Un regalo inesperado. Laura M

Publicada por xenevra |

Xa pasou todo o ano, e chegou de novo o fabuloso Nadal: vacacións, agasallos... É dicir, unha marabilla. Pero o mellor do Nadal é, sen dúbida algunha, a cara de ledicia que poñemos ao ver o que se agocha debaixo do papel tintado o día seis dea xaneiro, pola mañá ben cedo!
Eu este ano a verdade e que me desilusionei un pouco co meu agasallo, xa que era un traxe de baño e, obviamente, non era o que quería. Ao principio pensei que era unha trola das verdadeiras, pero logo, ao non ver ningún outro paquete máis, debaixo da árbore, dinme de conta de que era o meu único premio por portarme ben. Pero aínda así, fun educada e boa nena, finxín un sorriso e dixen que me encantaba. Rabia que a miña nai me coñeza tan ben e con só mirarme, supera que non era do meu agrado, por iso, o día seguinte fun con ela á tenda de deportes onde atopei un chándal moi bonito, e decidín trocalo polo bañador.
E así, co meu novo conxunto deportivo, rematou a miña pequena historia que trataba de un traxe de baño que me regalaron os meus magos favoritos, aínda que espero que para o ano, elixan mellor o meu agasallo.


8 comentários:

Paula disse...

O vocabulario do comezo é excelente e continúa sobre todo no final,un texto,en conxunto,moi bo :)

Alba.D disse...

Ten un moi bo vocabulario e gustame bastante a historia :)

Luís Álvarez disse...

Hai que dicir que o texto posúe un rico vocabulario. Por outra parte, resaltar a exquisita educación da cativa, xa que ante o desagrado non mostrou un comportamento inadecuado, como adoita ser habitual entre nenos

Artai. disse...

Este texto ten un gran vocabulario cunha historia moi bonita.

Artai disse...

Texto cun gran vocabulario aínda que noto a ausencia de algùn paràgrafo màis.

Christian F. disse...

Gustoume o relato, ben estructurado, non se repiten palabras, puntuación correcta...

manuel disse...

Paréceme que está moi ben estucturado e é moi facil de ler

Natalia disse...

Paréceme un texto cun amplo vocabulario e fácil de ler.