Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
21:39

Chámanme o Harry Potter nadador -Paula Mato 4ºA

Publicada por Paula |

Ola!Chámome Xoán este ano esquecinme de escribirlle a carta aos Reis Magos.Pero aínda así, o día seis pola mañá,atopei nos meus zapatos un bañador máxico.Sí,sí,máxico,dígovolo enserio,eu tampouco daba crédito disto ata que un día,así por que sí ,díxenme:Veña Xoán imos estrear o bañador pois ata verán aínda queda moito,e metinme na bañeira.Mais ,como aínda son "un carrabouxo pequeno", (como di a miña nai) dúchome con manguiños,non vos riades..pois o problema esta en que  teño medo de afogar..pero ese día non precisei de ningún obxeto para me manter a flote,o meu bañador (ese co que me agasaiaran ose Reis) era máxico,que digo máxico,era máis que iso!Facíame nadar cunha técnica que moitos profesionais querrían ter.De súpeto o baño converteuse nunha piscina.Dun chimpo fixen catro largos ,para un lado, e para o outro,unha cousa impresionante!O problema foi que tiveron que pasar moitos meses para que volvera a usalo,pois a mamá castigoume polo tsunami que montéi no baño e aínda por riba as piscinas da vila non abrirían ata o verán.Así que agardei,agardei e agardei,moi impaciente,iso sí,pero axiña chegou o momento e púdenlle amosar ao meu amigo Pedro do que era capaz o meu traxe de baño.
Como todas as tardes de verán fumos a piscina.O moinante de Pedro non me cría,decía que eu era un troleiro,así que rapidamente lanceime á piscina.Ollo, non a piscina dos pequenos,non,á dos grandes!Tíñades que ver a cara que se lle quedou ao meu amigo,que seguía sen crer o que veía,estaba convencido de que eu,Xoán Lousada,o home (ou cativo) máis xusto do mundo,fixera algún truco para nadar así de ben.Mais non me importou porque eu sei que o meu bañador é ,de veras,máxico,como a bariña do Harry Potter.

Son Xoán,o novo Harry Potter nadador.

7 comentários:

Pablo disse...

Este texto que está moi ben, xa que ten a puntuación adecuada e unha gran capacidade imaxinativa.

manuel disse...

O texto esta realmente ben aínda que te trabucaches co teclado e saíu unha palabra un pouco rara

Laura.M disse...

O texto está bastante ben, e compréndese facilmente.

Alba.D disse...

Gustoume este relato ainda que si que hai algunha palabra un pouco rara.

Artai disse...

Este texto gustoume xa que ten unha fácil comprensión. Tivo algùns fallos co teclado.

Christian F. disse...

Hai algunha falta de ortografía pero o texto está ben en case todos os aspectos.

Natalia disse...

Este texto gústame moito xa que é moi imaxinativo, ainda que tivo algun problema co teclado ao redactalo.