Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Publicada por Paula |

Ola!Chámome Mariña,teño sete anos e vivo en Tui cos meus pais e o meu irmán,nunha casa pequeniña,xa que non nos sobran os cartos.Vouvos contar un acontecemento moi estraño que me ocorreu este Nadal:o día un de xaneiro deste ano que acaba de comezar,decidín escribirlles a carta aos Reis Magos;este ano,bueno,2011,portárame moi ben e sacar moi boas notas,por is cría que me ían a traer moitos regalos.Comecei pedíndolles unha bici nova,un camión de bombeiros,unha mochila para o cole,un peluche...
Dende ese día,eu esperaba moi emocionada porque estaba segura de que me ían a traer todas as cousas que eu pedira.Pero...estas ilusións fóronse esvaecendo pouco a pouco cando na mañá dos Reis comecei a abrir todos os agasallos que había debaixo da árbore de Nadal e preto daquel Belén,que días atrás puxera co meu irmán ...O primeiro que me regalaron foi unha barbie,cousa que a min non me apaixonaba moito;logo,abrín un estoxo e por terceiro e último,trouxéronme un bañador horrible para ir nadar .Eu comecei a chorar e a miña nai ao decatarse ,intentou consolarme dicíndome que como xa era unha nena maior traíanme regalos de xente grande.Pero por máis que meus pais e meu irmán me digan, eu sigo pensando que foron os reis que se confundiron de casa,e que os agasallos son para a miña veciña.Vaia chasco!

1 comentários:

Christian F. disse...

O texto é sinxelo e fácil de ler.