Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
22:15

o bañador

Publicada por xenevra |

          O pasado seis de xaneiro, os reis chegaron á miña casa. Debaixo do arboliño, había moitos regalos, pero chamoume a atención un paquete que tiña un nome escrito en letras maiúsculas, poñía: XOÁN, era para meu curmán.
Ás oito da mañán un grupo de nenos atopábase na saliña de estar con paquetes que tiñan coloridos envoltorios. Nas súas caras só había sorrisos, e tamén un pouco de intriga por saber que lles deixaran os Reis Magos este ano, xa que todos se portaban moi ben, ou eso dicían. Esperaban moitos xoguetes e nin unha pizca de carbón. Botaron toda a mañá rindo e estreando as cousas novas, só un estaba triste e apagado, ese, era o máis pequeniño, Xoán. Estaba calado, e acerqueime a el para preguntarlle que lle pasaba. De mal humor contestoume que os Reis non lle trouxeran tantos xoguetes como esperaba, que só lle regalaran un robot, unha pelota e un bañador. Eu, para animalo un pouco, prometinlle que o luns seguinte iríamos á piscina xuntos para estrealo; en cambio, a el non lle fixo moita ilusión.
Chegado o día marchamos os dous xuntos. Ao principio non se quería meter. A pesar de todo, finalmente accedeu a entrar na auga. Foi unha tarde moi divertida e converteuse nunha rutina ir á piscina. Ao final, tiveron que mercarlles un bañador a todos os meus curmáns para ir a nadar e a xogar os luns.


José maroto gonzalez

0 comentários: