O pasado día de reis, unha nena chamada Lucía levantouse máis cedo do normal, foi abrir os ollos e comezar a correr para ver os agasallos que debería haber. Ela pedira un ordenador de última xeración, unha cámara de fotos e moita, moita roupa. Cando chegou ao comedor onde se atopaba a árbore, mirou por todos lados pero o único que atopou foi un bañador moi vello que parecía ata usado! A rapaza non daba crédito, ela que tan ben se portara todo o ano, que axudara a seus pais na casa e incluso sacara todo sobresaíntes, e unicamente recibira un bañador, e por riba amarelo, o que menos lle gustaba!
Foi chorando dicírllelo seus pais, estes, tampouco o conseguían entender xa que crían que os reis magos nunca se trabucaban.
Lucia saíu a rúa e viu ao seu veciño Lucas moi triste, todo lle tiña sentido, este coleccionaba prendas de roupa moi antigas! Foi falar con el e cambiaron os agasallos, por unha vez, os reis equivocaranse pero xa todo estaba en orde.
Publicada por
xenevra
|
Etiquetas:
4ºESO A
Neste nadal os Reis Magos portáronse moi ben comigo, trouxeronme un bañador! Estou moi contento, xa que achegaronme o que máis quería, ademais precisábao. A min encantame a natación dende pequeniño, pero nunca puden gozar dun traxe de baño tan bo coma este, non tingue co cloro porque ten un fío especial de moi boa calidade, seguro que custou moitos cartos. Realmente, eu non sei de onde sacan tanto diñeiro Melchor, Gaspar e Baltasar, para mercar un agasallo a cada neno que se porta ben. Hoxe vou estrealo, estou moi contento e impaciente.
Ao saír da auga fágome unha pregunta, como poden percorrer, os Reis Magos, todo o mundo, casa por casa, nunha noite? É imposible! Aínda por riba van en camellos, que son moi lentos, nin sequera un avión consegue ir tan rápido para dar a volta o mundo nunha noite.
Agora teño outra dúbida, como é que ninguén os ve? Só hai debuxos deles. Eu quero velos! Vou esperar o ano que vén a ver se consigo saudalos. Estarei toda a madrugada esperto se fai falta.
Ao ano seguiente...
Creo que non podo, estou moi canso, quero ir a cama pero antes vou deixar unha cámara preto da árbore a ver se os consigue filmar.
Coma o ano pasado, traenme un bañador e unhas cousas máis pero eu estou interesando en velos, vou revisar a cinta de video.
Non o podo crer, os Reis Magos son os meus pais!
Ola , chámome Xoán, e vivo en Viveiro, nunha casa pequeniña, vouvos contar unha cousa que me aconteceu este Nadal: a min,os reis magos non me trouxeron moitas cousas xa que fun moi malo e non saquei moi boas notas, nin iso! saqueinas malas malísimas, pero , todos os que non me trouxeron este ano, traeranmos o próximo, diso estou seguro! e se cadra aínda antes... Algúns dos regalos que recibín foron grazas ao rei Baltasar , porque el sabe que no fondo, bastante no fondo, son moi boíño, pero o que pasa, é que non o demostro. Cando os reis se puxeron a elixir os mellores regalos para os rapaces bos e malos atoparon un problema: eu! Entón os tres empezaron a falar e a pensar se me ían regalar algo .O rei Melchor dicía que un bo saco de carbón era axeitado para que empezase a ser máis bo e para que estudase máis. O rei Gaspar si que me defraudou, porque eu pensaba que sería bo, pero non o foi! Xa que este por riba queríame poñer un saco máis! Entón o rei Melchor dixo que todo rapaz, por malo que fose , debería levar algún regalo, polo menos para non perder a esperanza neles. Dixo que ía buscar un agasallo que non me gustase demasiado, xa que el tamén recoñecía que eu moi bo este ano non fora, e de súpeto! atopo un bañador , e dixo: -Ben, xa está, isto chégalle. E o día 5 pola noite deixoumo na casa.
Raquel 4º A
Este Nadal antes de escribirlle a carta aos reis magos estiven pensando ben o que quería, xa non sabía que pedirlles porque me parecía que tiña de todo. Ocorríanseme cousas como consolas, máis tiña dúas diferentes, pero dúas en definitiva, videoxogos e xoguetes tamén abundaban entre as miñas pertenzas. De repente ocorréuseme pedir unha prenda de vestir da cal carecía, un bañador, pois o do ano pasado non me servía e ademais sacaríalle proveito, posto que na segunda avaliación temos que ir a piscina municipal nas horas que temos educación física.
Tras unhas longas reflexións empecei a escribirlle a miña carta aos Reis Magos: Queridos Reis Magos: Gustaríame que me trouxerades un bañador, pero non pode ser un bañador calquera, quero que sexa de cor laranxa cunha liña azul na perna dereita, e outra vermella na perna esquerda, penso que isto é o que máis desexo, xa que me parece un regalo útil e diferente; tamén me gustaría que me trouxerades dous libros do meu autor preferido, Xosé Miranda, e un chándal.
Tras a redacción da miña lista de regalos, dínllela aos meus pais para que lla enviasen aos Reis Magos e así poder cumprir os meus desexos deste Nadal.
Adrián Mazaira López 4ºA
Tras unhas longas reflexións empecei a escribirlle a miña carta aos Reis Magos: Queridos Reis Magos: Gustaríame que me trouxerades un bañador, pero non pode ser un bañador calquera, quero que sexa de cor laranxa cunha liña azul na perna dereita, e outra vermella na perna esquerda, penso que isto é o que máis desexo, xa que me parece un regalo útil e diferente; tamén me gustaría que me trouxerades dous libros do meu autor preferido, Xosé Miranda, e un chándal.
Tras a redacción da miña lista de regalos, dínllela aos meus pais para que lla enviasen aos Reis Magos e así poder cumprir os meus desexos deste Nadal.
Adrián Mazaira López 4ºA
Hai dúas semanas, aproximadamente, coincidín cunha compañeira miña do colexio, nun bar da zona onde vivo. Comezamos a falar de como nos ía a vida. Contoume que estaba casada e con dous fillos, unha nena e un neno. Eu tamén lle dixen que estaba casada e con dúas rapazas.
Quedamos en xuntarnos e mirar os regalos de reis para os cativos. Decidimos empezar polos xoguetes, xa que ós nenos de curta idade é o que máis lles chama a atención. Tras un longo día en busca duns xoguetes apropiados para eles, fomos tomar un café. E alí ocorréusenos mercarlles un bañador para as clases de natación que ían a iniciar proximamente, e algo de roupa á maiores, aínda que non lle deran demasiada importancia. A continuación, fomos cada unha para a nosa casa.
Chegou o día de reis, todos os nenos estaban impacientes por ver os regalos que ían recibir. Á hora de deitarse, non daban conciliado o sono, polas ganas que tiñan de abrir os seus agasallos. Logo quedaron durmidos. Xa son as oito da mañá, as miñas fillas están a esnaquizar os envoltorios dos seus regalos, da gusto ver a ilusión que se reflicte nos seus rostros.
Ao rematar de abrir os seus agasallos dixéronme que os agasallos que máis lles gustaban eran os xoguetes, pero que tiñan máis ilusión por estrear o bañador.
Iria Pérez González 4ºA
Xa era dia 5 e Alicia estaba ansiosa por ir ver a cabalgata dos reis magos, para pedirlles todos os regalos que ela merecía, por ser tan boa o longo do ano.As súas maxestades saían a rúa as 5 da tarde, polo que a rapariga apresurouse a tomar a merenda e poder chegar o momento tan esperado.
Cando por fin os viu brilloulle a cara, non o podía crer! Estaba moi nerviosa! A rapaza púxose a longa ringleira que facían moreas de rapaces para poder falar con eles, e tras media hora de espera puido pedir todos os agasallos que ela quería.
-Baltasar, eu este ano fun moi boa cos meus pais por iso me permitín facer unha lista un pouco extensa, verás eu sei que todos os que pido non mos ides traer, pero gustaríame que me trouxeses un bañador de moitas cores , quero que cando me meta no mar me confundan cunha serea, tamén quería unha boneca, un crebacabezas , unha cociña … Pero esas cousas non as desexo tanto.
-Non te preocupes prométoche que terás ese traxe de baño, palabra de rei mago, e como vexo que non es nada ambiciosa levareiche os demais regalos.
Xa acabara a quenda da nena e había moitas máis nenos esperando o seu momento, así que saíu da sala cunha bolsa de lambetadas e unha mirada chea de ilusión.Alicia procurou rematar cedo de cear para irse pronto a cama e que así chegasen rápido os seus agasallos.Así pois, deulles as boas noites aos seus pais e correu a durmir.
As oito da mañá xa estaba toda a familia en pé para abrir os desexados premios por seu comportamento.A nena quedouse de pedra, non o podía crer, non só estaba aquel precioso traxe de baño, se non que todos os regalos da súa lista estaban debaixo daquela fermosa árbore! Cando a rapaza volveu en si dixo as seguintes palabras “ Grazas Baltasar, prométoche que este ano volverei a ser igual de boa”.
Xa pasou
todo o ano, e chegou de novo o fabuloso Nadal: vacacións, agasallos... É dicir,
unha marabilla. Pero o mellor do Nadal
é, sen dúbida algunha, a cara de ledicia
que poñemos ao ver o que se agocha debaixo do papel tintado o día seis dea
xaneiro, pola mañá ben cedo!
Eu este ano
a verdade e que me desilusionei un pouco co meu agasallo, xa que era un traxe
de baño e, obviamente, non era o que quería. Ao principio pensei que era unha
trola das verdadeiras, pero logo, ao non ver ningún outro paquete máis, debaixo
da árbore, dinme de conta de que era o meu único premio por portarme ben. Pero
aínda así, fun educada e boa nena, finxín un sorriso e dixen que me encantaba.
Rabia que a miña nai me coñeza tan ben e con só mirarme, supera que non era do
meu agrado, por iso, o día seguinte fun con ela á tenda de deportes onde atopei
un chándal moi bonito, e decidín trocalo polo bañador.
Esta fin de semana estiven coas miñas curmás Sandra, Selenne, Mariana e as máis pequenas que son Yaiza,Yisela,Yaneth, Lúa. Estivemos xogando. Lúa meteu o pegamento na boca pero non lle paso nada. Ceamos e os catro máis grandes fomos xogar ao escondite. Cando marcharon ás tres da mañá fun durmir.
O sábado estiven co meu pai todo o día; pásoo moi ben porque me deixa facer o que queira. Tamén estiven estudando para castelán e para sociais na casa porque non me deixaron saír coa miña prima, aínda que ela foi xunto os meus pais pero non os convenceu.
A miña curmá para non deixarme veu á casa e estivemos vendo a televisión..Ao día seguinte que foi domingo déronnos a noticia de que nacera outra prima. A súa irmá foina ver ao hospital, pero como estaba débil non a deixaron entrar. Marchamos para a sala de espera e estivemos a pensar o nome que nos gustaría poñerlle á pequena. Ao final decidimos que se chamase Yolanda.
O sábado estiven co meu pai todo o día; pásoo moi ben porque me deixa facer o que queira. Tamén estiven estudando para castelán e para sociais na casa porque non me deixaron saír coa miña prima, aínda que ela foi xunto os meus pais pero non os convenceu.
A miña curmá para non deixarme veu á casa e estivemos vendo a televisión..Ao día seguinte que foi domingo déronnos a noticia de que nacera outra prima. A súa irmá foina ver ao hospital, pero como estaba débil non a deixaron entrar. Marchamos para a sala de espera e estivemos a pensar o nome que nos gustaría poñerlle á pequena. Ao final decidimos que se chamase Yolanda.
Nesta foto recórdanos aquel dia que nevara tanto. Suspendéranse as clases e estivemos todos xogando no colexio. Pola tarde os cinco compañeiros fomos a unha pista de esquí.Estivemos toda a tarde, lanzando bolas, fixemos un boneco de neve moi grande máis alto ca nós. Entón decidimos subir no telecadeira ata o cume e baixar esquiando. Ao baixar, Brais esvara e cae. Ao levantarse esnafrouse contra un pino e o estrondo do golpe produciu un alude co que tivemos que baixar a fume de carozo. Ao chegar ao fondo fomos a cafetería a tomar un chocolate con churros para sacar o frío e repoñernos de todo.
Miguel Albelo Prado é xogador do Deportivo da Coruña e da selección española, con só vinteún anos xa ten un amplo palmares, un balón de ouro, un FIFA World Player, dúas botas de ouro, co seu club gañou dúas ligas, unha copa do rei, unha Champions, unha supercopa de España, unha supercopa de Europa e o mundial de clubs e o mundial e a Eurocopa coa selección de España.
O verán pasado grandes equipos quixerono fichar el sempre dí que quere xogar toda a vida no Deportivo. Porque dende pequeno foi fan deste club e cando o ficharon do Chantada con tan só dezasete anos axudárono moito para darse a coñecer.
Joji que así é como moita xente o chama é un xogador con moitos fans e isto axuda a que o equipo gañe moito diñeiro vendendo as súas camisetas.
Esta tempada está xogando a un gran nivel e está axudando ao seu equipo a manterse no mais alto da táboa, éa chegar a final da liga de campións.
O verán pasado grandes equipos quixerono fichar el sempre dí que quere xogar toda a vida no Deportivo. Porque dende pequeno foi fan deste club e cando o ficharon do Chantada con tan só dezasete anos axudárono moito para darse a coñecer.
Joji que así é como moita xente o chama é un xogador con moitos fans e isto axuda a que o equipo gañe moito diñeiro vendendo as súas camisetas.
Esta tempada está xogando a un gran nivel e está axudando ao seu equipo a manterse no mais alto da táboa, éa chegar a final da liga de campións.
13:14
Bruno,toda unha estrela por descubrir!
Publicada por
xenevra
|
Etiquetas:
Bruno.piloto de karts
Son Bruno piloto profesional de karts.
O próximo domingo teño unha carreira en Monforte, será para divertirme porque eu aínda non piloto moi ben o kart, so gañei 5 carreiras de 7 que corrín.
Miña familia esta orgullosa de min , apóiame no que necesito , sobre todo antes de ir a unha carreira . tamén me dedico ao fútbol aínda que non se me dá tan ben como pilotar o meu kart, pero o importante e que me divirta e o goze , nada máis importa.
O vindeiro dia 16 de Xaneiro teño a carreira máis importante da miña vida, por primeira vez vou participar nunha carreira a nivel mundial, quere dicir correr contra outros xogadores que son auténticos profesionais do automobilismo.
Non digo que vaia gañar esa carreira pero intentarei quedar no podium.
O próximo domingo teño unha carreira en Monforte, será para divertirme porque eu aínda non piloto moi ben o kart, so gañei 5 carreiras de 7 que corrín.
Miña familia esta orgullosa de min , apóiame no que necesito , sobre todo antes de ir a unha carreira . tamén me dedico ao fútbol aínda que non se me dá tan ben como pilotar o meu kart, pero o importante e que me divirta e o goze , nada máis importa.
O vindeiro dia 16 de Xaneiro teño a carreira máis importante da miña vida, por primeira vez vou participar nunha carreira a nivel mundial, quere dicir correr contra outros xogadores que son auténticos profesionais do automobilismo.
Non digo que vaia gañar esa carreira pero intentarei quedar no podium.
Hugo é piloto de automóbiles no campionato de España de clásicos en rallyes. El de novo xa empezou pilotando karts no campionato de Galicia, no que non se lle daba nada mal.Agora no campionato de España de automóbiles, xa conseguiu superar a Xesús Ferreiro que era o actual campión de España nesa categoría, polo que conseguiu gañar o campionato e arrebatarllo a Xesús. Despois de conseguir ese título contratárono para pilotar no campionato WRC, que é o campionato mundial de rallyes. El aceptou o contrato porque a el lle gustaba pilotar en diferentes condicións climáticas diversas, como por exemplo barro, neve, asfalto. El quere ser tan bo como Carlos Sainz e como o seu actual ídolo Sebastián Loeb. Nos somos eses que estamos na foto.Un día decidimos ir dar unha volta en busca dunha praia, como tiñamos 5 anos non sabiamos ben o camiño e metémonos nunha praia que estaba abandonada. Unha vez nesta puxémonos os bañadores e metémonos na auga , alí ao fondo había un barco , o problema era que estaba ao final das boias , pensamos se ir ou non , pero decidímonos e fomos cara el.Cando chegamos ao barco puxémolo en marcha como puidemos e deunos por experimentar . Ao fondo había nunha illa un bar , este tiña unha M en grande , Manuel pensou e dixo ese e o Mcdonalds. Quedamos alí a merendar , cando xa estabamos rebentando, bueno , todos non, menos o Manuel, que parece que ten un estómago de balea, el seguía comendo, e nos case vomitando, e cando nos trouxeron a conta botamos a correr, para non pagar.
Dánae, Manuel, Daniel, Luis
Un día fun en busca de tres porcos.Dous deles escaparon para a casa do irmán maior.Eu entrei pola cheminea,atopeime cunha sorpresa.A cheminea estaba acendida e queimei o cu.Vin os tres porcos ríndose de min , e chorei moito,saín correndo e tropecei cunha pedra e fíxenme tanto dano que rompín unha perna.E dende aquela non volvín de caza.
Tania Varela López
Cristian Vázquez Varela
Iago López Rivas
Sara González Varela
O 15 de Xuño de 2009 todos os rapaces de 2º fomos ao aquapark de Cerceda. Os risos estaban asegurados. Cando chegamos alí todos estabamos impacientes por probar os tobogáns. Cando estábamos no cume,Alba esvarou e caeu de narices. Ao chegar ao fondo ela non se movía,e os profesores e nos empezamos a preocuparnos. De repente,saltou o socorrista a sacala da auga,para ver que lle pasaba. Fixéronlle o boca a boca e ela expulsou toda a auga que tragara. Todo quedou nun susto e regresamos a Chantada felices e contentos.
-Noelia Pereira
-Diego Rodriguez
-Alba Fernández
-Marcos Arrojo
-Noelia Pereira
-Diego Rodriguez
-Alba Fernández
-Marcos Arrojo
Este son eu. Chámame Jazz.estou na terraza dos meus donos. E un dia especial,había dous meses que non vía a miña dona. Que vergoña cando entrou pola porta;mexeime. De seguido fixeime que traia unha caixa, achegueime e comezou a moverse. Corrín cara a cociña e metinme baixo a mesa. Abriron a porta da caixa e saíu unha cadela igual ca min era como mirarse nun espello. Agora xa teño unha compañeira que este todo o dia comigo.
JUAN GARCÍA , ALEX MOURE,MARCOS LOPEZ,RAQUEL PATEIRO
Subscrever:
Mensagens (Atom)
Lembra
Non se admiten comentarios anónimos. Tes que deixar o curso e o teu nome.
Non é un blogue de entretemento só, senón de traballo escolar.
Por favor, sé respectuosa / respectuoso nos teus comentarios. Ninguén somos perfectos.
Non é un blogue de entretemento só, senón de traballo escolar.
Por favor, sé respectuosa / respectuoso nos teus comentarios. Ninguén somos perfectos.
Procura
- 3ºESO (3)
- 4º ESO A (19)
- 4ºESO A (6)
- Bruno.piloto de karts (1)
- exercicio 1ºbac (1)
- exrcicios 2ºbac (1)
- Hugo (1)
- m (1)
- Miguel (1)
- piloto (1)
- relato (2)










