Esa maña Sara espertoumoi cedo,ainda que iso era raro nela,pero merecía a pena porque era o dí de reis.Nunca pedía ningú agasallo en concreto xa que lle gustaba atoparse ca sorpresa sen ter nin idea do que podía ser.
Saíu correndo da cama e foi directa a buscar os agasallos xusto detrás dela chegou o seu irmán cun gran sorriso na cara e , irremediablemente empezaron a abrilos.O primeiro era un libro que lle pareceu ter boa pinta, e tamen un xogo;para o seu irmán había un oso e lápices de cores .Cando remataron de abrilos viu un pequeño paquete cun envoltoriode cores que aínda non abrira, colleuno e viu que tiña o seu nome escrito,era un bañador!
Ela pasara todo o verán anterior insistíndolle a seus país que llo mercarsen, porque lle gustaba moito,pero agora de inverno non iba ter moita oportunidade de usalo.Cando remataron cos agasallos déronlle os seus país o que lle mercaran e foron almorzar.Durante a maña tivo tempo de leer unas cantas páxinas do novo libro e xogar un anaco co seu irmán, logo do xantar chamouna a súa melloramiga,Uxía, para ir dar una volta pero nn se lles ocorria nada que facer.De supeto,tivo una boa idea para pasar o tempo,e de paso estrear o novo bañador, irían a piscina climatizada.Todo solucionado!
autora: Bea Rodríguez
Chamábase Ana e vivía ás aforas de Chantada, a súa maior pasión era nadar, para ela estar na auga era coma estar no seu propio mundo, sentíase liberada dos problemas cando comezaba a deslizarse sobre ela.
Todas as persoas de Chantada sabían o ben que nadaba pero a rapaza non o podía mostrar ás demáis persoas nin ir a competicións porque os seus pais non tiñan cartos suficientes.
O que non sabía Ana era a sorpresa que ía ter ese mesmo día seis.
Como todos os días, preparou a mochila, contenta co seu novo bañador e foi á piscina, cando chegou, viu a moita xente coñecida do pobo, acompañada por un famoso adestrador.
Grazas a este agasallo, a rapaza convertiuse nunha das mellores nadadoras de toda Europa e cada victoria que conseguía agradecíalla á súa vila, Chantada.
Ola!Chámome Mariña,teño sete anos e vivo en Tui cos meus pais e o meu irmán,nunha casa pequeniña,xa que non nos sobran os cartos.Vouvos contar un acontecemento moi estraño que me ocorreu este Nadal:o día un de xaneiro deste ano que acaba de comezar,decidín escribirlles a carta aos Reis Magos;este ano,bueno,2011,portárame moi ben e sacar moi boas notas,por is cría que me ían a traer moitos regalos.Comecei pedíndolles unha bici nova,un camión de bombeiros,unha mochila para o cole,un peluche...
Dende ese día,eu esperaba moi emocionada porque estaba segura de que me ían a traer todas as cousas que eu pedira.Pero...estas ilusións fóronse esvaecendo pouco a pouco cando na mañá dos Reis comecei a abrir todos os agasallos que había debaixo da árbore de Nadal e preto daquel Belén,que días atrás puxera co meu irmán ...O primeiro que me regalaron foi unha barbie,cousa que a min non me apaixonaba moito;logo,abrín un estoxo e por terceiro e último,trouxéronme un bañador horrible para ir nadar .Eu comecei a chorar e a miña nai ao decatarse ,intentou consolarme dicíndome que como xa era unha nena maior traíanme regalos de xente grande.Pero por máis que meus pais e meu irmán me digan, eu sigo pensando que foron os reis que se confundiron de casa,e que os agasallos son para a miña veciña.Vaia chasco!
Ola!Chámome Xoán este ano esquecinme de escribirlle a carta aos Reis Magos.Pero aínda así, o día seis pola mañá,atopei nos meus zapatos un bañador máxico.Sí,sí,máxico,dígovolo enserio,eu tampouco daba crédito disto ata que un día,así por que sí ,díxenme:Veña Xoán imos estrear o bañador pois ata verán aínda queda moito,e metinme na bañeira.Mais ,como aínda son "un carrabouxo pequeno", (como di a miña nai) dúchome con manguiños,non vos riades..pois o problema esta en que teño medo de afogar..pero ese día non precisei de ningún obxeto para me manter a flote,o meu bañador (ese co que me agasaiaran ose Reis) era máxico,que digo máxico,era máis que iso!Facíame nadar cunha técnica que moitos profesionais querrían ter.De súpeto o baño converteuse nunha piscina.Dun chimpo fixen catro largos ,para un lado, e para o outro,unha cousa impresionante!O problema foi que tiveron que pasar moitos meses para que volvera a usalo,pois a mamá castigoume polo tsunami que montéi no baño e aínda por riba as piscinas da vila non abrirían ata o verán.Así que agardei,agardei e agardei,moi impaciente,iso sí,pero axiña chegou o momento e púdenlle amosar ao meu amigo Pedro do que era capaz o meu traxe de baño.
Como todas as tardes de verán fumos a piscina.O moinante de Pedro non me cría,decía que eu era un troleiro,así que rapidamente lanceime á piscina.Ollo, non a piscina dos pequenos,non,á dos grandes!Tíñades que ver a cara que se lle quedou ao meu amigo,que seguía sen crer o que veía,estaba convencido de que eu,Xoán Lousada,o home (ou cativo) máis xusto do mundo,fixera algún truco para nadar así de ben.Mais non me importou porque eu sei que o meu bañador é ,de veras,máxico,como a bariña do Harry Potter.
Sen embargo, o ano pasado, Melchor, Gaspar e Baltasar só me trouxeron carbón, estou un pouco enfadada con eles.Este ano novo, díxenlle a miña nai que quería aprender a nadar, pero ela di que aínda son moi pequena e que os traxes de baño son moi caros.Por esta razón, envieilles unha carta aos reis magos na que lles pedín que me trouxeran un bañador vermello cunha boneca debuxada.
Queda un día para que veñan! non sei que facer. Meu pai decidiu levarme ao centro comercial a comprar os últimos agasallos. Ao chegar a casa , coas presas, rompín o xerro favorito da miña nai, e claro , polo medo a que me rifara, escondido e non lle dixen nada, pero como as nais son tan listas, pilloume e castigoume chamando aos reis para que non me trouxeran nada.
O día seis, pola mañá ,esquecinme do meu castigo e dirixinme até o salón para ver se me trouxeran algo. Había un para min, envolto en papel de debuxos de estrelas .Abrino e contemplei abraiada. Era o bañador que pedira! corrín xunta os meus pais para que viran o meu regalo, o corazón saíame do peito coa ilusión que tiña. O meu soño de ir a natación íase cumprir.
O bañador do regalo de Reis. David Expósito Varela.
Lembra
Non é un blogue de entretemento só, senón de traballo escolar.
Por favor, sé respectuosa / respectuoso nos teus comentarios. Ninguén somos perfectos.
Procura
- 3ºESO (3)
- 4º ESO A (19)
- 4ºESO A (6)
- Bruno.piloto de karts (1)
- exercicio 1ºbac (1)
- exrcicios 2ºbac (1)
- Hugo (1)
- m (1)
- Miguel (1)
- piloto (1)
- relato (2)




