Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
13:09

A praia Mcdonalds

Publicada por xenevra |


Nos somos eses que estamos na foto.Un día decidimos ir dar unha volta en busca dunha praia, como tiñamos 5 anos non sabiamos ben o camiño e metémonos nunha praia que estaba abandonada. Unha vez nesta puxémonos os bañadores e metémonos na auga , alí ao fondo había un barco , o problema era que estaba ao final das boias , pensamos se ir ou non , pero decidímonos e fomos cara el.Cando chegamos ao barco puxémolo en marcha como puidemos e deunos por experimentar . Ao fondo había nunha illa un bar , este tiña unha M en grande , Manuel pensou e dixo ese e o Mcdonalds. Quedamos alí a merendar , cando xa estabamos rebentando, bueno , todos non, menos o Manuel, que parece que ten un estómago de balea, el seguía comendo, e nos case vomitando, e cando nos trouxeron a conta botamos a correr, para non pagar.
Dánae, Manuel, Daniel, Luis

0 comentários: