Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Publicada por xenevra |

Esa maña Sara espertoumoi cedo,ainda que iso era raro nela,pero merecía a pena porque era o dí de reis.Nunca pedía ningú agasallo en concreto xa que lle gustaba atoparse ca sorpresa sen ter nin idea do que podía ser.

Saíu correndo da cama e foi directa a buscar os agasallos xusto detrás dela chegou o seu irmán cun gran sorriso na cara e , irremediablemente empezaron a abrilos.O primeiro era un libro que lle pareceu ter boa pinta, e tamen un xogo;para o seu irmán había un oso e lápices de cores .Cando remataron de abrilos viu un pequeño paquete cun envoltoriode cores que aínda non abrira, colleuno e viu que tiña o seu nome escrito,era un bañador!

Ela pasara todo o verán anterior insistíndolle a seus país que llo mercarsen, porque lle gustaba moito,pero agora de inverno non iba ter moita oportunidade de usalo.Cando remataron cos agasallos déronlle os seus país o que lle mercaran e foron almorzar.Durante a maña tivo tempo de leer unas cantas páxinas do novo libro e xogar un anaco co seu irmán, logo do xantar chamouna a súa melloramiga,Uxía, para ir dar una volta pero nn se lles ocorria nada que facer.De supeto,tivo una boa idea para pasar o tempo,e de paso estrear o novo bañador, irían a piscina climatizada.Todo solucionado!

Autora: Bea Rodríguez

12:04

O bañador que me trouxeron os reis.

Publicada por Laura |


Era a mañá do seis de xaneiro, os reis trouxéranlle só un agasallo. Comezouno a abrir cun sorriso de orella a orella e viuno, viu o bañador que tanto lle gustaba dende que un día o vira nunha tenda, non o podía crer, era feliz.
Chamábase Ana e vivía ás aforas de Chantada, a súa maior pasión era nadar, para ela estar na auga era coma estar no seu propio mundo, sentíase liberada dos problemas cando comezaba a deslizarse sobre ela.
Todas as persoas de Chantada sabían o ben que nadaba pero a rapaza non o podía mostrar ás demáis persoas nin ir a competicións porque os seus pais non tiñan cartos suficientes.
O que non sabía Ana era a sorpresa que ía ter ese mesmo día seis.
Como todos os días, preparou a mochila, contenta co seu novo bañador e foi á piscina, cando chegou, viu a moita xente coñecida do pobo, acompañada por un famoso adestrador.
Os seus veciños conseguiron que puidera mellorar e seguir nadando cun dos mellores clubes da natación, Ana non sabía como agradecelo.
Grazas a este agasallo, a rapaza convertiuse nunha das mellores nadadoras de toda Europa e cada victoria que conseguía agradecíalla á súa vila, Chantada.


Publicada por Paula |

Ola!Chámome Mariña,teño sete anos e vivo en Tui cos meus pais e o meu irmán,nunha casa pequeniña,xa que non nos sobran os cartos.Vouvos contar un acontecemento moi estraño que me ocorreu este Nadal:o día un de xaneiro deste ano que acaba de comezar,decidín escribirlles a carta aos Reis Magos;este ano,bueno,2011,portárame moi ben e sacar moi boas notas,por is cría que me ían a traer moitos regalos.Comecei pedíndolles unha bici nova,un camión de bombeiros,unha mochila para o cole,un peluche...
Dende ese día,eu esperaba moi emocionada porque estaba segura de que me ían a traer todas as cousas que eu pedira.Pero...estas ilusións fóronse esvaecendo pouco a pouco cando na mañá dos Reis comecei a abrir todos os agasallos que había debaixo da árbore de Nadal e preto daquel Belén,que días atrás puxera co meu irmán ...O primeiro que me regalaron foi unha barbie,cousa que a min non me apaixonaba moito;logo,abrín un estoxo e por terceiro e último,trouxéronme un bañador horrible para ir nadar .Eu comecei a chorar e a miña nai ao decatarse ,intentou consolarme dicíndome que como xa era unha nena maior traíanme regalos de xente grande.Pero por máis que meus pais e meu irmán me digan, eu sigo pensando que foron os reis que se confundiron de casa,e que os agasallos son para a miña veciña.Vaia chasco!

21:39

Chámanme o Harry Potter nadador -Paula Mato 4ºA

Publicada por Paula |

Ola!Chámome Xoán este ano esquecinme de escribirlle a carta aos Reis Magos.Pero aínda así, o día seis pola mañá,atopei nos meus zapatos un bañador máxico.Sí,sí,máxico,dígovolo enserio,eu tampouco daba crédito disto ata que un día,así por que sí ,díxenme:Veña Xoán imos estrear o bañador pois ata verán aínda queda moito,e metinme na bañeira.Mais ,como aínda son "un carrabouxo pequeno", (como di a miña nai) dúchome con manguiños,non vos riades..pois o problema esta en que  teño medo de afogar..pero ese día non precisei de ningún obxeto para me manter a flote,o meu bañador (ese co que me agasaiaran ose Reis) era máxico,que digo máxico,era máis que iso!Facíame nadar cunha técnica que moitos profesionais querrían ter.De súpeto o baño converteuse nunha piscina.Dun chimpo fixen catro largos ,para un lado, e para o outro,unha cousa impresionante!O problema foi que tiveron que pasar moitos meses para que volvera a usalo,pois a mamá castigoume polo tsunami que montéi no baño e aínda por riba as piscinas da vila non abrirían ata o verán.Así que agardei,agardei e agardei,moi impaciente,iso sí,pero axiña chegou o momento e púdenlle amosar ao meu amigo Pedro do que era capaz o meu traxe de baño.
Como todas as tardes de verán fumos a piscina.O moinante de Pedro non me cría,decía que eu era un troleiro,así que rapidamente lanceime á piscina.Ollo, non a piscina dos pequenos,non,á dos grandes!Tíñades que ver a cara que se lle quedou ao meu amigo,que seguía sen crer o que veía,estaba convencido de que eu,Xoán Lousada,o home (ou cativo) máis xusto do mundo,fixera algún truco para nadar así de ben.Mais non me importou porque eu sei que o meu bañador é ,de veras,máxico,como a bariña do Harry Potter.

Son Xoán,o novo Harry Potter nadador.