13:24

GALIZA

Publicada por Diego Maggot |

Nacín aquí,
nunha terra de meigas...
xa vos podedes imaxinar!

Que non hai nada mellor,
que coñecer un millón de remedios,
que coñecer un millón de refráns...

Que loitar contra os abusos,
que axudar coas miñas mans,
que defender esta nosa lingua,
que defender este lugar!


                                              Diego García - Desgaste

13:13

Arco da Vella - 2ºB Temática: Cores.

Publicada por Diego Maggot |

Arco da Vella

As cores do Arco da Vella desfilan coas mans dadas,
o amarelo co azul, o verde co laranxa.

O negro e o branco, violeta e vermello,
forman xuntos un dilema de se saen do ceo ou inferno.

Meu preferido, o marrón, debe ser por Babel,
aquela torre inmensa que alzaba aquel ton de pel.


                                                 Diego García - 2ºB
                                                              Sergi Parente - 2ºB
                                                            Raúl Gonzalez - 2ºB

Publicada por Alexandra Mejuto Fernández |


                        OS LOBOS DE ACAMPADA
Unha noite de verán cando Xoán estaba de acampada comezou a escoitar ruídos moi preto del. Co medo que tiña decidiu recoller todo e marchar á súa casa; sentía que perigaba, que lle podía pasar algo. De súpeto deuse de conta de que tres lobos ían detrás del. O corazón comezoulle a latexar tan rápido que parecía que lle ía estoupar. Cada paso dábao máis longo ata que comezou a ir ás alancadas. Pensou que xa non tiña nada que facer, que en calquera momento os lobos o ían atacar. As súas pernas tremían. aos por todas as partes. Parecíanlle miles cando tan só eran tres. Empezara a tolear e ameazou con matalos como se fosen entendelo. Máis tarde, despois de un bo anaco de camiño, puido divisar a súa casa entre unhas árbores. A continuación, botouse a chorar de felicidade, sabía que por fin estaba a salvo e botou a correr case sen ver por culpa das bágoas que tiña nos ollos. E de súpeto, tropezou cunha pedra e os lobos achegáronselle. Pensou que ía morrer, pero por sorte os lobos escaparon ao escoitar o ruído que facía a escopeta do seu pai. A partir de ese día non quixo volver acampar só.

13:07

Elena Mato Paz

Publicada por DJ cubanitolanguila |



UNHA HISTORIA DE LOBOS

Era daquela a festa de San Roque na casa do meu avó. Puxeran para cear a mesa grande, o que dicía que ían ser moitos, e que a troula tardaría en rematar.
Xa chegaran todos os convidados, pero como diría meu tío Ramón, faltaba o esencial: “Unha boa xerra de viño!”.
O primeiro en decatarse foi o meu bisavó, e sen pensalo dúas veces, mandou por el ó avó á adega. O cativo, pois daquela tan só tiña oito anos, camiñou ata ó pallar. Lanzouse con forza á palla. Logo, dubidou que facer: apetecíalle moito quedar alí, mais quizabes os da festa terían sede...ou quizais se entreterían a falar? Si, iso sería, polo que seguiu alí deitado ata que comezou a anoitecer. Entón, foi polo viño á adega e regresou á casa.
De súpeto, oíu uns ruídos detrás del. Comezou a arrepiar moi forte e, de esguello, mirou se había alguén. Divisou coma se fose a sombra dun lobo. O seu corazón comezou a latexar máis, e máis forte. Foi ás alancadas todo o camiño, sen perder a vista a atrás. Rompeu a laiar. Non podía máis e cada vez os pasos eran máis fortes. Cismou un intre que podía facer. Estaba claro que o único posíbel era fuxir. E así fixo.
Chegou á casa cinco minutos despois, coas bágoas nos ollos e cara de tolo; a súa familia pensou que toleara. Ninguén naquela vila vira un lobo, e menos nesas épocas. O meu bisavó saíu a fóra a mirar que había. Pasou a noite rindo, e non polos efectos do viño, xa que co medo
caéralle todo polo camiño, senón porque o tal “lobo” resultara ser o seu can. Si, un can de palleiro que desaparecera da casa facía uns meses.
O pobre do avó nunca pasara tanta vergoña, nin tanto medo.

                                                                                                 Elena Mato Paz

Publicada por Martiño Moure Vila |


Rufa e o lobo

Hai xa moitos anos, cando o meu avó era pequeno encantábanlle os gatos. Sobre todo as gatas ao parir.
Xoán non perdía unha destas imaxes, aínda que fose de noite, como sucedeu neste caso.
Unha noite, Rufa, a súa gata pariu. Xoán non sabía onde o fixera e saíu da casa para buscala. Non parou ata atopala e ao chegar ao camiño que está detrás da casa da señora Carme, alí estaba, cos seus gatos, catro exactamente. Xoán estaba moi indignado, non podía crer que perdera aquel feito.
Resignado, de volta á casa, sentía a respiración de alguén atrás del. Seguiu camiñando e cada vez sentía esa sensación máis forte e máis preto del. Decidido e farto de medo deu a volta, e atopouse cun lobo negro, grande que tiña unha mirada ameazante e estaba a punto de atacarlle. Xoán fuxiu con grandes alancadas ata a casa, pero a porta estaba pechada. Estaba arriscando a súa vida.
O neno quedou quieto e o lobo sentouse ao seu lado. Xoán todo sorprendido acariciou o lobo e decatouse do que quería.
O lobo estaba moi só e despois de anos seguía indo á casa de Xoán cada noite.

    Tamara Ruiz Penas

13:05

Rafael Cervelo Deus

Publicada por DJ cubanitolanguila |


O Lobo De Carballedo

Un día, cando mu pai era novo, o Severino de Curral e a Aurelia tiñan as vacas e unha ovella na Pía. Cando as foron buscar viron un lobo coméndolles na ovella. Mentres eles foron correndo avisar os veciños de que un lobo lles comera a ovella; as vacas conseguiron espamtar o lobo cara ao Monte dos Toxos do Camiñas de Rabelas.
E aló foron todos os veciños á casa do Pancho de Vilalba que era o dono da única escopeta do pobo. Cando xa estaban no Monte de Toxos do Camiñas de Rabelas.
Os veciños foron espantando o lobo cara ao Pancho que lle pegou dous tiros nas costas.
Cando estaba xa morto colgárono dun pendello para que todos os veciños o puidesen ver.
E como o día que mataron o lobo tronaba agora na miña vila hai un dito que di “Trona, mataron o lobo”.
                                                             
                                                                    Rafael Cervelo Deus

13:01

Sara Fernández López

Publicada por DJ cubanitolanguila |


Lobos

Un señor ía polo monte atallando para chegar a súa casa, cando de súpeto, ve a un lobo que o perseguía. O señor, que xa de por si era medorento, empezoulle a latexar o corazón a toda présa. Pasara dende que vira o primeiro lobo media hora aproximadamente media hora, agora había máis lobos e empezáronlle a tremer as pernas. De alí a un anaco viu a súa salvación, unha casa estaba preto. Non correu por medo a que o atacaran, tiña tanto medo que cada pouco estremecía. Ó ver que os lobos apuraban o paso empezou a correr e a berrar. Logo picou ó timbre na casa que vira anteriormente e alí contou o que lle ocorrera e ofrecéronlle algo para comer e auga, o señor estaba tan arrepiado que era capaz de saír solo da casa, polo que o acompañaron deica a súa casa con unha escopeta, para evitar ser atacados.
                                                                             
                                                                    Sara Fernández López

12:58

Raúl González Saá

Publicada por DJ cubanitolanguila |


                                      Un día para lembrar



A miña avoa un día levantouse nerviosa e como cada día dirixiuse cas vacas ao prado .Ese día levantarase máis cedo do normal porque despois tiña que levar as vacas para a casa e ir a festa a Rodeiro ,Chegou a hora de recoller e ir prender as vacas na granxa arrimarlles a comida e demais antes de comer e asearse .Despois quedou cos amigos en Adelán dende onde partiron para Rodeiro a festa que sería a noite.
No medio do camiño toparon cun lobo de fronte a sentiron moito medo .Cos nervios miña avoa caeu ao meter o pe nun burato cousa que espantou ao lobo e fuxiu . Ao pasar o espanto todos romperon a rir e puideron chegar e pasar unha boa noite.
                                                                                  Raúl González Saá

Publicada por Martiño Moure Vila |


O LOBO

Un día caloroso de verán, a miña avoa estaba nun prado coas ovellas. Ela estaba estudando, como era o habitual, e, nun descoido, veu o lobo e comeulle unha ovella, xustamente unha das mellores que tiñan. Ela decatouse cando xa era demasiado tarde e foi ás alancadas cara á súa casa. Cando chegou,estaba moi cansa e avisou a súa nai do que pasara Inmediatamente foron as dúas correndo cara  ao prado e, cando chegaron, o lobo xa lles comera dúas ovellas máis. A nai da miña avoa comezou a tremer e a berrar aterrada. Finalmente, cando se tranquilizaron, levaron o resto das ovellas para a granxa.
Cando chegou o pai da miña avoa e soubo o que pasara, quedou abraiado e o corazón comezoulle a latexar moi rápido. Despois fóronse os tres para a casa, cearon e intentaron esquecer o acontecido, aínda que lles resultou moi difícil.

                   Antía González Viana


Publicada por david gonzález |


OS LOBOS

Un home camiñaba tranquilamente polo bosque, e deuse conta de que alguén ou algo perseguíao. Como era de noite, non vía nada; empezou a correr coma un tolo, sen saber a onde ía, o corazón latexáballe moi rápido. Parouse para respirar un rato, tremíalle todo o corpo, pensou que xa non lle perseguía nada, que despistara a esa cousa, fora o que fora. Deuse a volta, para poder situarse, agora víase ben, a lúa daba de cheo nesa parte do bosque, viu unha xigantesca manda de lobos, volveu á carreira, corría e corría sen mirar atrás. Ao lonxe divisou unha pequena aldea, xa estaba a salvo, ou iso pensaba. Pero, de súpeto, tropezou cunha pedra e caeu ao chan, morto de medo, levantou a cabeza, mirou ao seu arredor, había coma quince lobos rodeándoo, viu como un lobo se ía botar encima del, pechou os ollos, xa non quería ver o que lle ía pasar, era lóxico, morrería. E... Despertou, despertou na súa cama, tremendo e suando co medo. Estaba alterado. ''Vaia sono'', pensou. E levantouse a coller un vaso de auga, para despexarse.

Marina Rigueira Merino, 2ºB

Publicada por José Luis Rodríguez Díaz |


UNHA INESPERADA VISITA

Contáronme que unha vez, nun monte próximo ás fincas de cultivo dos meus avós, unha manda de lobos famentos achegouse sixilosamente a un labrego que estaba alí traballando. A noite estaba preto.
Cando os viu, Manuel, que así era como se chamaba o traballador, emprendeu o camiño á aldea e a manda de lobos seguiuno ata as portas mesmas da aldea na que vivía Manuel.
O labrego meteuse en cas del e así pasou unha das xornadas máis medorentas da súa vida.

Fin.



José Luis Rodríguez Díaz

12:51

Alberto Amarante Varela

Publicada por DJ cubanitolanguila |


                               OS LOBOS DO MONTE

Redacción:
O dia 17 de novembro do ano 72 meu pai estaba co seu curmán cortando na leña, cando de súpeto escoitaron como escachaban as pólas, detrás deles.
Un anaco despois empezaron a ter un pouco de medo, porque crían que algo os vixiaba . Ao acabar dirixíronse cara a súa casa onde os esperaban todos. Na metade do camiño empezaron a tremer porque tiñan medo de que algo os atacase. Era unha noite escura e fría, e de súpeto oíron o ouveo dun lobo. Mais tarde os dous xiráronse e viron un lobo vello e apagado que tiña cara de poucos amigos, era grande e forte, cunha mirada asustadiza. Daquela empezaron a tirarlle croios, e o lobo marchou escorregado. Cando viron o lobo a longa distancia deles, empezaron a correr ata a casa. Cando chegaron caeron rendidos no pallar polo esgotamento e o medo.
                                                             Alberto Amarante Varela
 

Publicada por david gonzález |


LENDA CON LOBOS

Era un dia calquera cando miña era nova, ía coas vaca para o monte. Un día cando estaba sentada nun penedo do prado, gardando as vacas,viu vir o lobo así,de súpeto .O lobo ía atacarlle a unha ovella e a o seu año da festa que levara a pacer coas vacas. Ela berroulle:
-LADRÓN,LADRÓN
Pero o lobo non se asustou e a cada momento achegábase mais e mais ao año e a ovella. A miña avoa volveu berrar con todas as súas forzas:
-AUXILIO O LOBOO!!!!!!!
Pero ninguén a escoitou. O lobo acabou por levar o año da festa e deixou a miña avoa chorando de medo, e mais porque quedara sen año para a festa.

Publicada por Yoo-Jin Sin |


A historia que lle sucedeulle A Fernando
Un señor de Chantada , contoume que cando tiña trinta e catro anos , estaba levando pola estrada as súas vacas desde a súa casa ata a pradaría do seu curmán Afonso , que convidárono para xantar e tamén a súa muller. Botáronse toda a tarde co seu curmán falando da súa vida ; choraban da risa cando pensaban en como xogaban de pequenos: Arrepiaban un ao outro, asoballaban os xoguetes dos seus compañeiros , laiábanse e discutían moito... Así ata as once da noite máis ou menos.
Fernando, era así como se chamaba o señor e a súa muller Rosa , ían de camiño da súa casa e de súpeto abraiáronse cando viron un lobeto na estrada. Estaba só , pero Fernando e Rosa sabían que non deberían collelo , porque arriscaban as súas vidas ; ademais de que a muller pensou que lles estaban asexando outros lobos na fraga. Dáballe pena a Fernando e cismaba cada metro que se afastaba del. Ao final colleuno e levouno para a súa casa (aínda que a súa muller non estaba descordo) . Polo camiño ían cantando para non arrepiar -”Xa pensei que ía morrer cando...” díxome Fernando cando contoume a historia. Cando de súpeto apareceu un lobo, na metade da estrada, máis tarde achegáronse tres, así ata que lles acompañaban dez lobos! Ao principio , ancoráronse a parella cando viron que tiñan ao seu carón lobos e vacas. Estaban pensando en fuxir coma tolos , pero pensárono mellor e seguiron camiñando amodo. Moi poucos vehículos pasaban e xa facía máis de tres horas camiñando. Os lobos non se desprendían deles , ata que a muller berroulle ao seu marido:
-Para que colles un lobiño se sabes que che vai atacar?
-Se solto ó lobiño atacaranme , mais se non o solto , atacaranme igual ;ademais , se non fose por min , este lobeto estaría morto.
A muller pasou del e seguiu camiñando, mentres que Fernando desviouse da estrada co animal ata chegar ao río , onde o deixou cos demais lobos. Para salvar a súa vida, tiña que fuxir : empezou a tremer cando os lobos camiñaban en círculos arredor del , ata que chegaron dous cazadores que dispararon aos lobos e espantárono . Deu as grazas e deu unha aperta moi grande aos seus “salvadores”. Chegou á casa , bicou a súa muller e díxolle:-”Tiñas razón, non sei para que collín o lobeto”

Publicada por Pablo Fernandez Lamas |


Redaccion galego


Fará un ano estabamos meu curmán mais eu na aldea, era xa tarde estábase,facendo de noite ,como a miña avoa estaba enferma tivemos que ir nos polas vacas,estabamos apagando o pastor cando escoitamos un ruído, detrás duns arbustos, miramos e vimos uns ollos e algo de cor gris movéndose ,eu queríame ir para a casa pitando pero o meu curmán non quería deixar as vacas soas porque pensaba que igual comía a algunha vaca, entón non o ía deixar e quedei. Fomos correndo por elas e saímos daquel sitio o mais rápido posible, ao final non nos pasou nada pero o susto non nolo quita ninguén. Cando chegamos a casa dixémosllo a nosa avoa,ela comezou a rir, pero nós non lle vimos a gracia.

11:13

Lobos Galegos

Publicada por Diego Maggot |


Lobos Galegos

Corren os 70,
anos de reconstrución,
xa pasaron todas as guerras
e agora chegan as lexións.

Non son homes armados,
se non lobos sen fogar,
asexan, matan e morden
a todos os do meu lugar.

En Taboada máis de cen,
en Chantada un millar,
en Palas e Monterroso
xa non se poden contar.

Como xa dixen antes,
se ves unha manda tes que correr,
xa que quedaras sen pé, man...
ou mesmo podes morrer!

Eles teñen rabia,
no seus ollos o podes ver,
nos queimamos seus bosques
e non lles queda o que comer.

A xente se cansou de tantas mortes ter,
arriscáronse, e unha batida fixeron para os lobos non volver ver.

Miña mai coa escopeta,
miña avoa a berrar,
e os lobos escapan
cando as oen gritar.

Cando a fame pasou,
chegou a paz,
e por fin os lobos
volveron ao seu lugar.


                                                      Diego Manuel García Araujo – 2ºB

11:12

NOITE DE LOBOS

Publicada por DJ cubanitolanguila |


NOITE DE LOBOS

Nas vacacións o meu avó contoume unha historia que lle había pasado a miña tía que se chama Ramona, ela estaba dando un paseo polo monte, era de noite moi tarde e eu non podía crer que non tivera medo a andar sola por alí, pero era certo non tiña medo a case nada, só aos lobos pero dáballe igual porque sempre andaba cun ferro na man e dicía que animal que se lle puxera por adiante animal que lle zurraba. Cando estaba de camiño a casa unha manda de lobos interpuxoselle no camiño e como eran tantos lobos saíu correndo e cando chegou a casa avisou ao meu avó de que unha manda de lobos a estaba perseguindo, o meu avó saíu coa escopeta e deisparou ao aire para asustalos e saíron lanzados cara o monte.

Enmanuel Carballo Santoyo 2B