UNHA
HISTORIA DE LOBOS
Era
daquela a festa de San Roque na casa do meu avó. Puxeran para cear a
mesa grande, o que dicía que ían ser moitos, e que a troula
tardaría en rematar.
Xa
chegaran todos os convidados, pero como diría meu tío Ramón,
faltaba o esencial: “Unha boa xerra de viño!”.
O
primeiro en decatarse foi o meu bisavó, e sen pensalo dúas veces,
mandou por el ó avó á adega. O cativo, pois daquela tan só tiña
oito anos, camiñou ata ó pallar. Lanzouse con forza á palla. Logo,
dubidou que facer: apetecíalle moito quedar alí, mais quizabes os
da festa terían sede...ou quizais se entreterían a falar? Si, iso
sería, polo que seguiu alí deitado ata que comezou a anoitecer.
Entón, foi polo viño á adega e regresou á casa.
De
súpeto, oíu uns ruídos detrás del. Comezou a arrepiar moi forte
e, de esguello, mirou se había alguén. Divisou coma se fose a
sombra dun lobo. O seu corazón comezou a latexar máis, e máis
forte. Foi ás alancadas todo o camiño, sen perder a vista a atrás.
Rompeu a laiar. Non podía máis e cada vez os pasos eran máis
fortes. Cismou un intre que podía facer. Estaba claro que o único
posíbel era fuxir. E así fixo.
Chegou
á casa cinco minutos despois, coas bágoas nos ollos e cara de tolo;
a súa familia pensou que toleara. Ninguén naquela vila vira un
lobo, e menos nesas épocas. O meu bisavó saíu a fóra a mirar que
había. Pasou a noite rindo, e non polos efectos do viño, xa que co
medo
caéralle
todo polo camiño, senón porque o tal “lobo” resultara ser o seu
can. Si, un can de palleiro que desaparecera da casa facía uns
meses.
O
pobre do avó nunca pasara tanta vergoña, nin tanto medo.
Elena Mato Paz