Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Publicada por xenevra |


Miguel Albelo Prado é xogador do Deportivo da Coruña e da selección española, con só vinteún anos xa ten un amplo palmares, un balón de ouro, un FIFA World Player, dúas botas de ouro, co seu club gañou dúas ligas, unha copa do rei, unha Champions, unha supercopa de España, unha supercopa de Europa e o mundial de clubs e o mundial e a Eurocopa coa selección de España.


O verán pasado grandes equipos quixerono fichar el sempre dí que quere xogar toda a vida no Deportivo. Porque dende pequeno foi fan deste club e cando o ficharon do Chantada con tan só dezasete anos axudárono moito para darse a coñecer.


Joji que así é como moita xente o chama é un xogador con moitos fans e isto axuda a que o equipo gañe moito diñeiro vendendo as súas camisetas.

Esta tempada está xogando a un gran nivel e está axudando ao seu equipo a manterse no mais alto da táboa, éa chegar a final da liga de campións.

13:14

Bruno,toda unha estrela por descubrir!

Publicada por xenevra |

Son Bruno piloto profesional de karts.
O próximo domingo teño unha carreira en Monforte, será para divertirme porque eu aínda non piloto moi ben o kart, so gañei 5 carreiras de 7 que corrín.
Miña familia esta orgullosa de min , apóiame no que necesito , sobre todo antes de ir a unha carreira . tamén me dedico ao fútbol aínda que non se me dá tan ben como pilotar o meu kart, pero o importante e que me divirta e o goze , nada máis importa.
O vindeiro dia 16 de Xaneiro teño a carreira máis importante da miña vida, por primeira vez vou participar nunha carreira a nivel mundial, quere dicir correr contra outros xogadores que son auténticos profesionais do automobilismo.
Non digo que vaia gañar esa carreira pero intentarei quedar no podium.

13:20

CARREIRA AUTOMOBILISTICA DE HUGO FERREIRO

Publicada por xenevra |

Hugo é piloto de automóbiles no campionato de España de clásicos en rallyes. El de novo xa empezou pilotando karts no campionato de Galicia, no que non se lle daba nada mal.Agora no campionato de España de automóbiles, xa conseguiu superar a Xesús Ferreiro que era o actual campión de España nesa categoría, polo que conseguiu gañar o campionato e arrebatarllo a Xesús. Despois de conseguir ese título contratárono para pilotar no campionato WRC, que é o campionato mundial de rallyes. El aceptou o contrato porque a el lle gustaba pilotar en diferentes condicións climáticas diversas, como por exemplo barro, neve, asfalto. El quere ser tan bo como Carlos Sainz e como o seu actual ídolo Sebastián Loeb.