Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
12:04

O bañador que me trouxeron os reis.

Publicada por Laura |


Era a mañá do seis de xaneiro, os reis trouxéranlle só un agasallo. Comezouno a abrir cun sorriso de orella a orella e viuno, viu o bañador que tanto lle gustaba dende que un día o vira nunha tenda, non o podía crer, era feliz.
Chamábase Ana e vivía ás aforas de Chantada, a súa maior pasión era nadar, para ela estar na auga era coma estar no seu propio mundo, sentíase liberada dos problemas cando comezaba a deslizarse sobre ela.
Todas as persoas de Chantada sabían o ben que nadaba pero a rapaza non o podía mostrar ás demáis persoas nin ir a competicións porque os seus pais non tiñan cartos suficientes.
O que non sabía Ana era a sorpresa que ía ter ese mesmo día seis.
Como todos os días, preparou a mochila, contenta co seu novo bañador e foi á piscina, cando chegou, viu a moita xente coñecida do pobo, acompañada por un famoso adestrador.
Os seus veciños conseguiron que puidera mellorar e seguir nadando cun dos mellores clubes da natación, Ana non sabía como agradecelo.
Grazas a este agasallo, a rapaza convertiuse nunha das mellores nadadoras de toda Europa e cada victoria que conseguía agradecíalla á súa vila, Chantada.


8 comentários:

Luís Álvarez disse...

Paréceme unha historia moi emotiva, ademais de dispoñer dun amplo vocabulario. Tamén Cómpre dicir que o texto e curto, pero xa se sabe, o bon, se curto, dúas veces bon!

Luis Álvarez disse...

Paréceme unha emotiva historia, chea de sentimento, que demostra que a persoa que o redactou goza dunha gran sensibilidade.

Paula 4ºA disse...

Penso que no primeiro parágrafo repite demasiado o verbo "ver" eu substituiríao por "descubrir" ou "atopar",por exemplo.
Tamén se repite bastante a palabra "saber" e "persoas",pero polo resto,gústame moito como está redactado o final e a parte de como se sentía a rapaza na auga :)

Paula 4ºA disse...

Na miña opinión,ao principio do relato debería substituir tanto o verbo "ver" por outros como,por exemplo, "atopar" ou "descubrir".Tamén repite bastante o verbo "saber" e o sustantivo "persoas".Polo demáis,gustoume moito como redactou o final e a parte que describe como se sentía na auga ;)

Christian F. disse...

Sobran parágrafos e ten algunha falta de prtografía.

manuel disse...

Este relato esta moi ben redactado non hai faltas de ortografia e o argumento é moi bo

Laura.M disse...

Este relato é moi fácil de ler xa que está moi ben redactado.

Natalia disse...

Este relato esta ben redactado ainda que ten demasiados paragrafos.