Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
11:09

Lobos En Taboada

Publicada por eva |



LOBOS EN TABOADA


Un día, na terra de meu avó, cando era novo, había unha lenda que dicía que un lobo pasaba por un camiño todos os días a todo correr; coma se fuxira de algo.

Segundo a lenda o lobo pasaba por alí todos os días arredor das cinco e media da tarde. Ninguén se atrevía a comprobar se a lenda era certa. Un día o meu avó e outros tres ou catro mozos da súa idade decidiron ir a comprobar se aquelo era verdade. A xente dicíalles que tolearan, que se ían estarían arriscando a súa vida. Aínda que o meu avó tiña medo decidiu ir. Chegaron ao camiño arredor dunha medio hora antes da hora na que se dicía que o lobo pasaba por alí. Decidiron distanciarse un pouco do camiño e agocharse entre unhas herbas. Para o seu asombro, as cinco e media en punto pasou o lobo a fume de carozo polo camiño. Volveron á casa. Cando chegaron, preguntáronlle por un veciño ao que chamaba: “O Queridiño” xaque, ao parecer, decidira ir canda eles a ver o lobo pero con eles non fora, os veciños saíron na súa busca e, atopárono no camiño por onde pasaba o lobo, sen unha man e desangrándose; levárono á vila; onde un médico que, con moito esforzo, conseguiu salvarlle a vida.

Cando estivo en condicións, contou que, uns minutos despois das cinco e media, pasaba el polo camiño correndo para chegar a ver o lobo cadanseus amigos, cando el e o lobo golpeáronse de fronte e, o animal despois de fustrigarlle un pouco nas pernas, atacouno e arrincoulle unha man.

0 comentários: