Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:21

O bañador de meu primo. Natalia.

Publicada por Natalia |

Neste breve relato, vou contar a historia dun regalo que lle fixeron a un primo meu, que pasou as festas de Nadal na miña casa.
                Era día cinco pola tarde, e David xa non podía cos desexos de abrir os regalos que o estarían agardando á maña seguinte. Levaba varios meses namorado dunhas botas de fútbol que patrocinaba o seu xogador favorito. Intentou evindenciar o seu desexo do que esperaba que fora o seu próximo agasallo, escribindo numerosas cartas os Reis Magos e parándose en todas ás tendas nas que se vendían. Estaba completamente seguro de as acabaría posuíndo, porque ademaís das peticións e todo eso, o ano pasado portárase moi ben e sacara unhas notas excepcionais convertíndose no mellor alumno da clase e obtendo a felicitación de todos os mestres e compañeiros.
                O fin concluíu o día e foise á cama. Non antes de poñer o despertador ben cedo! Cado se ergueu foi correndo a mirar debaixo da árbore e viu aquel regalo. Abriuno a toda presa e a súa cara de esperanza, turnouse en decepción. Era un bañador. Para que quería el un bañador? ... Para nada! Cando eu me erguín, fun abrir o meu regalo e eran unhas botas fútbol preciosas… Pero xa tiña tres pares!
                Aínda que non eran as que querían o meu primo, fíxome o intercambio xa que eu tería natación na segunda evaluación e facianme falta e David xogaba no equipo da cidade.
                Así rematou aquel día, con todos contentos, uns máis ca outros… Pero contentos!  

8 comentários:

Laura. M disse...

Este relato entendese ben e non repite palabras, pero ten demasiados parágrafos.

Beatriz Otero disse...

Gústame o contido deste texto mais,ao meu parecer penso que a cor das letras non é moi axeitada e conta con demasiados parágrafos.

Paula disse...

Eu tamén quitaría algún que outro parágrafo,pero aínda así carece de repeticións e conta cun amplo vocabulario.

Alba.D disse...

Eu tamén penso que debería haber menos parágrafos pero polo demáis gústame a historia e o vocabulario que utilizaches :)

Laura disse...

A redacción está bastante ben, pero debería corrixir erros gráficos.

Artai disse...

Este relato entendese ben, aìnda que eu suprimirìa algùn paràgrafo.

Christian F. disse...

Hai algunha falta de ortografía, poderíanse suprimir parágrafos pero polo resto bastante ben.

manuel disse...

É un relato excelente, usa un vocabulario moi culto, é moi facil de ler e ten unhas ideas moi ben estructuradas