Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
17:46

Un reencontro inesperado

Publicada por Alba Quintela 4ºA |


 Hai dúas semanas, aproximadamente, coincidín cunha compañeira miña do colexio, nun bar da zona onde vivo. Comezamos a falar de como nos ía a vida. Contoume que estaba casada e con dous fillos, unha nena e un neno. Eu tamén lle dixen que estaba casada e con dúas rapazas.
Quedamos en xuntarnos e mirar os regalos de reis para os cativos. Decidimos empezar polos xoguetes, xa que ós nenos de curta idade é o que máis lles chama a atención. Tras un longo día en busca duns xoguetes apropiados para eles, fomos tomar un café. E alí ocorréusenos mercarlles un bañador para as clases de natación que ían a iniciar proximamente, e algo de roupa á maiores, aínda que non lle deran demasiada importancia. A continuación, fomos cada unha para a nosa casa.
Chegou o día de reis, todos os nenos estaban impacientes por ver os regalos que ían recibir. Á hora de deitarse, non daban conciliado o sono, polas ganas que tiñan de abrir os seus agasallos. Logo quedaron durmidos. Xa son as oito da mañá, as miñas fillas están a esnaquizar os envoltorios dos seus regalos, da gusto ver a ilusión que se reflicte nos seus rostros.
Ao rematar de abrir os seus agasallos dixéronme que os agasallos que máis lles gustaban eran os xoguetes, pero que tiñan máis ilusión por estrear o bañador.
                                           

 
                                                                   


                                                                                               Iria Pérez González 4ºA

5 comentários:

Laura.M disse...

Este texto usa conectores como por exemplo: xa que, e, a parte disto, tamén utiliza palabras como proximamente, conciliar ou esnaquizar que fan que o este relato teña un bo vocabulario.

Noelia disse...

Repite moito as palabras:agasallo e xoguetes. Polo demais esta ben.

Alba.D disse...

O texto entendese moi ben e unha historia moi bonita e usa moitos conectores :)

Artai disse...

Relato ben organizado aìnda que repite certas palabras varias veces.

manuel disse...

O relato gustoume pero era difícil de ler por culpa da letra