Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:26

Un agasallo inesperado

Publicada por raquel |

Aquel seis de xaneiro, Pedro ergueuse coma se fora un día normal. Pois , debido á súa situación familiar non esperaba ningún regalo de reis. Dende agosto de 2010 súa nai quedara sen traballo e seu pai fora encarcerado por intento de estafa ao seguro para sacarlles diñeiro e saldar as súas débedas. Entón, tras vestirse baixou deica a cociña , comeu un par de galletas, pois pouco máis había e dispúxose a baixar deica ao río para nadar un pouco, xa que esta era a súa maior afección, pero non se podía permitir facerse socio dunha piscina. Tras un un par de horas a través do río , saíu para secarse , cando viu chegar a súa nai xunto con súa tía Amanda sostendo unha lixeira bolsa na man, ao chegar onda el a súa nai díxolle " fillo , teño unha gran sorpresa para ti " o rapaz , medio asombrado mirou dentro da bolsa , e viu un agasallo, tras abrilo , dixo sorprendido " Un bañador! " e foi entón cando súa nai lle deu unha gran noticia, topara traballo e so faltaban tres días para que seu pai saíse do cárcere. Ao fin Pedro podía ser feliz !

Beatriz Otero.

8 comentários:

Laura. M disse...

Este relato é fácil de ler e enténdese ben e ten unha boa ortografía, aínda que debería de ter máis parágrafos.

Alba Quintela 4ºA disse...

Eu estou de acordo con Laura, este relato, para o meu parecer, precisa de máis parágrafos. Ainda que, tamén hai que ter en conta que non é moi longo para poder facer moitas partes.

Paula disse...

Eu deixaría de asociar que che agasaien cun bañador co feito de que a túa situación económica sexa pésima,pero agradoume moito que este relato rematara ben.

Alba.D disse...

Eu tamén penso que necesitaría de máis parágrafos pero a historia que se conta gústame moito :)

Pablo disse...

Este texto está ben, xa que ten un vocabulario adecuado e unhas ideas ben organizadas.

Artai disse...

Texto moi facil de ler aìnda que se lle hai que poñer unha pega serìa a falta de paràgrafos no relato.

Christian F. disse...

Gustume a idea do relato, non repite palabras, pero poderíase dividir e facer dous parágrafos.

manuel disse...

A trama esta moi ben aínda que as ideas están un pouco dispersas