09:27

O bañador do regalo de Reis. David Expósito Varela.

Publicada por xenevra |

Aquel 6 de xaneiro, Xoán espertara triste; as cousas levaban indo mal na casa moito tempo. A súa nai seguía se atopar un traballo, e ningún dos dous conseguira superar a morte do pai do rapaz, que morrera dous anos atrás.
A todo iso sumábase que Xoán non tiña recursos para poder cumprir o seu soño e o do seu pai, ser nadador profesional. Ademais, todo parecía indicar que este ano tampouco habería agasallos baixo a pobre árbore de Nadal colocada a carón da cheminea. Xoán tiña dor no lombo, debido a incomodidade da súa “cama” (si así se lle podía chamar), pero á vez, non quería erguerse, pois temía afrontar a realidade de cada día.
Cando por fin se ergueu, unha media hora despois de despertar, dirixiuse a cociña, sen repara nun pequeno agasallo envolto en papel escuro. Tras ver que o que había para almorzar non le apetecía, Xoán dirixiuse a acender a cheminea, pois a mañá estaba moi fría; foi entón cando ficou no que había baixo a árbore, colleuno moi ilusionado e foi correndo onde a súa nai a preguntarlle se o agasallo era para el; tras a resposta afirmativa, Xoán abriu o agasallo. Era un fermoso bañador verde, e semellaba ser de boa calidade! Xoán non podía estar máis contento... Ou si?
Xusto cando estaba cavilando niso, a súa nai díxolle que os agasallos non remataban aí, que tiña unha moi boa nova... Atopara traballo! O cal quería dicir que por fin poderían ter unha vida mellor, e Xoán podería ir a natación. Aquela fría mañá de 6 de xaneiro de 1980, foi cando Xoán comezou a ser feliz de verdade.

10 comentários:

Laura. M disse...

O texto é fácil de ler e compréndese ben e non se repiten palabras.

Alba Quintela 4ºA disse...

Eu creo que este texto ten un argumento moi bon, xa por non ditar que podes chegar a sentir pena pola familia nalgún punto señalado do relato, xa que todo son traxedias.

Paula disse...

Unha sensibilidad incrible pódese percibir ao comezo do texto,cun vocabulario moi apropiado!

Alba.D disse...

Este texto ten un moi bo vocabulario e contase unha historia moi emotiva pero moi bonita :)

Pablo disse...

Este texto está ben xa que utiliza un vocabulario adecuado para el.

Luís Álvarez disse...

Perdoádeme por este comentario se non é do voso agrado, pero teño que facelo: Manda chover na Habana para o Xoán, non terá máis de nove anos pero xa lle preocupa a crise económica... vai para presidente do goberno! A pesar da, digamos, "pequena inconcluencia" o texto está ben elaborado e é cómodo de ler

raquel disse...

Eu penso que o texto ten unha boa redacción , e gústame moito como describe os sentimentos do rapaz :)
Ademáis pódese apreciar un bo vocabulario en todo o texto;)

Artai disse...

Texto ben redactado, sen ningún tipo de erro e cun gran vocabulario.

Christian F. disse...

Repitese algunha palabra pero o argumento é bon e a estructura tamén.

manuel disse...

O texto é moi emotivo e está moi ben redactado