Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
09:33

Un agasallo inesperado

Publicada por raquel |

Estou nerviosa espero ansiosa os regalos que me van traer os reis magos. Este ano porteime ben, axudei aos meus pais ó que necesitaran,limpei o meu cuarto e o salón todas as semanas e na escola , aprobei todo…
Sen embargo, o ano pasado, Melchor, Gaspar e Baltasar só me trouxeron carbón, estou un pouco enfadada con eles.Este ano novo, díxenlle a miña nai que quería aprender a nadar, pero ela di que aínda son moi pequena e que os traxes de baño son moi caros.Por esta razón, envieilles unha carta aos reis magos na que lles pedín que me trouxeran un bañador vermello cunha boneca debuxada.
Queda un día para que veñan! non sei que facer. Meu pai decidiu levarme ao centro comercial a comprar os últimos agasallos. Ao chegar a casa , coas presas, rompín o xerro favorito da miña nai, e claro , polo medo a que me rifara, escondido e non lle dixen nada, pero como as nais son tan listas, pilloume e castigoume chamando aos reis para que non me trouxeran nada.
O día seis, pola mañá ,esquecinme do meu castigo e dirixinme até o salón para ver se me trouxeran algo. Había un para min, envolto en papel de debuxos de estrelas .Abrino e contemplei abraiada. Era o bañador que pedira! corrín xunta os meus pais para que viran o meu regalo, o corazón saíame do peito coa ilusión que tiña. O meu soño de ir a natación íase cumprir.


Manuel.

8 comentários:

Alba Quintela 4ºA disse...

Eu creo que o argumento do texto está moi ben, pero tamén penso que hai algúns erros de ortografía, como por exemplo, na primeira parte do relato eu creo que a coma que está situada entre na escola e aprobei non está no lugar correcto.
Así a todo, noraboa para Manuel, o texto está bastante traballado.

Paula disse...

Gústame moito como se describe a ilusión dun cativo cando os Reis lle traen o agasaio que tanto agardaba,na miña opinión,reflexa moi ben o que todos sentimos algunha vez por esas datas!

Pablo disse...

Este texto está ben e ten un gran sentido do humor.

Laura.M disse...

Eu estou de acordo con Alba e Paula en que o texto ten un bo argumento.

Alba.D disse...

Eu tamén penso que ten un bo argumento e é moi fácil de ler!

raquel disse...

O texto describe moi ben os sentimentos e a ilusión da cativa, ademais dalle un toque humorístico, pero penso que a redacción non esta moi clara.

Artai disse...

Paréceme un texto moi divertido, ademàis expresa moi ben os sentimentos da rapaza.

Christian F. disse...

É un texto correcto sen faltas e ben organizado