Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
17:50

Petición de nadal

Publicada por lidiabelikov |



Este Nadal antes de escribirlle a carta aos reis magos estiven pensando ben o que quería, xa non sabía que pedirlles porque me parecía que tiña de todo. Ocorríanseme cousas como consolas, máis tiña dúas diferentes, pero dúas en definitiva, videoxogos e xoguetes tamén abundaban entre as miñas pertenzas. De repente ocorréuseme pedir unha prenda de vestir da cal carecía, un bañador, pois o do ano pasado non me servía e ademais sacaríalle proveito, posto que na segunda avaliación temos que ir a piscina municipal nas horas que temos educación física.
Tras unhas longas reflexións empecei a escribirlle a miña carta aos Reis Magos: Queridos Reis Magos: Gustaríame que me trouxerades un bañador, pero non pode ser un bañador calquera, quero que sexa de cor laranxa cunha liña azul na perna dereita, e outra vermella na perna esquerda, penso que isto é o que máis desexo, xa que me parece un regalo útil e diferente; tamén me gustaría que me trouxerades dous libros do meu autor preferido, Xosé Miranda, e un chándal.
Tras a redacción da miña lista de regalos, dínllela aos meus pais para que lla enviasen aos Reis Magos e así poder cumprir os meus desexos deste Nadal.


Adrián Mazaira López 4ºA

4 comentários:

Laura.M disse...

O texto conta cun bo vocabulario, e entendese bastante ben.

Paula disse...

Moi bo vocabulario e facil de ler!

Alba.D disse...

Gústame moito o vocabulario e é moi fácil de ler :)

manuel disse...

É un relato con un bo vocabulario e está moi ben redactado