Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
17:54

A RECOMPENSA.

Publicada por raquel |

Ola , chámome Xoán, e vivo en Viveiro, nunha casa pequeniña, vouvos contar unha cousa que me aconteceu este Nadal: a min,os reis magos non me trouxeron moitas cousas xa que fun moi malo e non saquei moi boas notas, nin iso! saqueinas malas malísimas, pero , todos os que non me trouxeron este ano, traeranmos o próximo, diso estou seguro! e se cadra aínda antes... Algúns dos regalos que recibín foron grazas ao rei Baltasar , porque el sabe que no fondo, bastante no fondo, son moi boíño, pero o que pasa, é que non o demostro. Cando os reis se puxeron a elixir os mellores regalos para os rapaces bos e malos atoparon un problema: eu! Entón os tres empezaron a falar e a pensar se me ían regalar algo .O rei Melchor dicía que un bo saco de carbón era axeitado para que empezase a ser máis bo e para que estudase máis. O rei Gaspar si que me defraudou, porque eu pensaba que sería bo, pero non o foi! Xa que este por riba queríame poñer un saco máis! Entón o rei Melchor dixo que todo rapaz, por malo que fose , debería levar algún regalo, polo menos para non perder a esperanza neles. Dixo que ía buscar un agasallo que non me gustase demasiado, xa que el tamén recoñecía que eu moi bo este ano non fora, e de súpeto! atopo un bañador , e dixo: -Ben, xa está, isto chégalle. E o día 5 pola noite deixoumo na casa.



Raquel 4º A

5 comentários:

Laura. M disse...

O texto ten unha boa ortografía e entendese bastante ben, pero repite moito a palabra "bo".

Paula disse...

Ten unha boa ortografía,mais repite a miudo palabras que poderían sobrar,está moi ben o ton humorístico que lle intenta dar :)

Alba.D disse...

Este texto gústame moito pero repite algunha palabra

Artai disse...

Boa ortografìa e gran sentido do humor.Repite varias palabras.

manuel disse...

Repite moitísimo as palabras "bo" e "malo"