17:43

O regalo de reis

Publicada por lidiabelikov |



Xa era dia 5 e Alicia estaba ansiosa por ir ver a cabalgata dos reis magos, para pedirlles todos os regalos que ela merecía, por ser tan boa o longo do ano.As súas maxestades saían a rúa as 5 da tarde, polo que a rapariga apresurouse a tomar a merenda e poder chegar o momento tan esperado.
Cando por fin os viu brilloulle a cara, non o podía crer! Estaba moi nerviosa! A rapaza púxose a longa ringleira que facían moreas de rapaces para poder falar con eles, e tras media hora de espera puido pedir todos os agasallos que ela quería.
-Baltasar, eu este ano fun moi boa cos meus pais por iso me permitín facer unha lista un pouco extensa, verás eu sei que todos os que pido non mos ides traer, pero gustaríame que me trouxeses un bañador de moitas cores , quero que cando me meta no mar me confundan cunha serea, tamén quería unha boneca, un crebacabezas , unha cociña … Pero esas cousas non as desexo tanto.
-Non te preocupes prométoche que terás ese traxe de baño, palabra de rei mago, e como vexo que non es nada ambiciosa levareiche os demais regalos.
Xa acabara a quenda da nena e había moitas máis nenos esperando o seu momento, así que saíu da sala cunha bolsa de lambetadas e unha mirada chea de ilusión.Alicia procurou rematar cedo de cear para irse pronto a cama e que así chegasen rápido os seus agasallos.Así pois, deulles as boas noites aos seus pais e correu a durmir.
As oito da mañá xa estaba toda a familia en pé para abrir os desexados premios por seu comportamento.A nena quedouse de pedra, non o podía crer, non só estaba aquel precioso traxe de baño, se non que todos os regalos da súa lista estaban debaixo daquela fermosa árbore! Cando a rapaza volveu en si dixo as seguintes palabras “ Grazas Baltasar, prométoche que este ano volverei a ser igual de boa”.

7 comentários:

Laura. M disse...

Este texto está ben feito, xa que se entende bastante ben, aínda que podería usar máis conectores para enrriqucer o relato.

Beatriz Otero disse...

Este texto enténdese ben, aínda que sería mellor si contara con outro parágrafo.

Pablo disse...

Este texto paréceme fácil de ler, pero ten algúns verbos que non concordan co que se refire.

Noelia disse...

Para min ao texto non ten a puntuación adecuada, senón que lle falta algunhas comas. E polo xeral bastante ben aínda que hai palabras que son demasiado cultas para este texto.

Alba.D disse...

O texto está ben ainda que lle faltan conectores.

Artai disse...

Texto moi ben organizado cun vocabulario moi culto.

manuel disse...

É un relato moi bo e está moi ben redactado