Era a mañá de Reis e eu
estaba desexando poder abrir os agasallos que me trouxeran. Fun
correndo xunto a árbore de Nadal e de pronto vin tres
agasallos: dous grandes e outro máis pequeno, eu, non sei
porque, decidín abrir este, e tras mirar o que era comecei a
rirme sen parar...era un bañador! Xusto que necesitaba para
poder ir a piscina cos meus compañeiros de clase, xa que este
ano, debido a que eu estou en 4º ESO teño como deporte
(para a materia de ximnasia) natación.
Ademais, este bañador non so me
ía valer para poñer cando fose a piscina coas miñas
amigas a praia, ou para usalo cando fose a piscina do meu tío.
Este agasallo gustoume moito e a verdade...non mo esperaba! Xa que
non lle dixera a ninguén que o necesitaba nin que quería
comprar un novo porque o que eu tiña xa estaba pasado de moda
e non me gustaba nada; o meu novo traxe de baño era totalmente
diferente ao outro: era azul (a miña cor favorita), e pola
contra, o vello era vermello e tiña dous bonecos brancos que
facían que me gustase menos aínda.
Pero, o importante e o bañador
que me trouxeron os Reis, un agasallo que eu nunca poderei esquecer,
xa que a parte de parecerme precioso podo utilizalo cantas veces
queira.
Alba Quintela Rey 4ºA.
7 comentários:
Moi boa redación en xeral,un bo uso do vocabulario e sen repeticións,parabéns.
Ten un bo vocabulario e gústame a maneira na que o estruturou :)
Gústame o comezo do texto, pero non a segunda metade, a redacción paréceme un pouco simple. Hai ausencia case xeralizada do til diacrítico.
Relato moi ben redactado e cun gran vocabulario.
Bonito texto, emotivo debido á emoción que lle produce un agasallo que nós non consideraríamos tanto, pero que a ela lle fai ilusión.
Repite algunhas palabras.
paréceme que está moi ben escrito, pero fáltame saber cales eran os outros dous agasallos
Enviar um comentário